Por Galicia Confidencial | O Barco | 11/08/2012
Máis de 800 hectáreas xa arderon en Valdeorras dende que o venres se declarase un incendio forestal. Isto fai que o lume se convirta nun Gran Incendio Forestal e que a Xunta tivese que recorrer ao exército.
O lume amenazou polo menos dúas localidades, Raxoá e Millarouso. Os seus veciños tiveron que ser desaloxados.
A Xunta asegura que nos traballos de control deste incendio participan 2 técnicos, 8 axentes forestais, 24 brigadas, 9 motobombas, 1 pala, 6 helicópteros, 11 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencia (UME). Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural e do Mar ten decretado o Nivel 1 como medida preventiva neste lume.
Por outra parte o Goberno di que están controlados os lumes de San Xoán de Río, Friol, Navia de Suarna e Ribas de Sil . Segundo novas estimacións provisionais, a superficie afectada en San Xoán de Río é de 75 hectáreas; en Friol de 150; en Navia de Suarna de 120; e en Ribas de Sil de 115 hectáreas
O Twitter (http://twitter.com/Xunta) e o Facebook (https://www.facebook.com/#!/xuntadegalicia) da Xunta permanecerán activos para ir actualizando información, promete o Executivo.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Soldados da UME loitando contra o lume nas Fragas do Eume
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting