O PSOE di que o Parlamento mantén o mesmo número de coches oficiais

Lage Tuñas reclama a creación dunha Lei contra as "mentiras e enganos propagandísticos como o da eliminación dos coches oficiais de Pilar Rojo". O PP respóndelle que usa estas denuncias para promocionarse dentro do PSOE.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 11/08/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Hai un ano, a presidencia do Parlamento de Galicia anunciaba a aliminación do parque móbil da Cámara, que desfrutaban ela e outros altos cargos do Pazo do Hórreo.

Hoxe o deputado do PSdeG, Xosé Manuel Lage Tuñas, asegura que Pilar Rojo mentiu e que o número de coches oficiais da Cámara segue a ser o mesmo.

Nunha nota de prensa Lage Tuñas reclama que a "presidenta do Parlamento explique con urxencia as razóns polas que mentiu ás galegas e os galegos". Polo de agora a Cámara non emitiu resposta ante esta grave acusación.

Ademais, o parlamentario reclama unha nova Lei que aumente a "capacidade de control e fiscalización dos servizos públicos" tanto por parte dos cidadáns como por parte da prensa.

Por último, Lage Tuñas carga contra a nota de prensa do PPdeG do venres, na que o acusaba de usar este tipo de denuncias nunha "campaña de autopromoción para ser incluído nas listas do PSdeG".  Lage Tuñas é un dos parlamentarios máis activos na súa obriga de fiscalización da labor do Goberno en asuntos como as aposicións ou os suspostos malgastos do Executivo.

 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

triki-triki

Tiñan que falar do gasto de sopa que fan eses coches, que é mais significativo.


A presidenta do Parlamento Pilar Rojo (PP) mandou botar aos cidadáns por interrumpir o pleno con berros increpando ao Goberno