Por Galicia Confidencial | Santiago | 11/08/2012
Hai un ano, a presidencia do Parlamento de Galicia anunciaba a aliminación do parque móbil da Cámara, que desfrutaban ela e outros altos cargos do Pazo do Hórreo.
Hoxe o deputado do PSdeG, Xosé Manuel Lage Tuñas, asegura que Pilar Rojo mentiu e que o número de coches oficiais da Cámara segue a ser o mesmo.
Nunha nota de prensa Lage Tuñas reclama que a "presidenta do Parlamento explique con urxencia as razóns polas que mentiu ás galegas e os galegos". Polo de agora a Cámara non emitiu resposta ante esta grave acusación.
Ademais, o parlamentario reclama unha nova Lei que aumente a "capacidade de control e fiscalización dos servizos públicos" tanto por parte dos cidadáns como por parte da prensa.
Por último, Lage Tuñas carga contra a nota de prensa do PPdeG do venres, na que o acusaba de usar este tipo de denuncias nunha "campaña de autopromoción para ser incluído nas listas do PSdeG". Lage Tuñas é un dos parlamentarios máis activos na súa obriga de fiscalización da labor do Goberno en asuntos como as aposicións ou os suspostos malgastos do Executivo.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
A presidenta do Parlamento Pilar Rojo (PP) mandou botar aos cidadáns por interrumpir o pleno con berros increpando ao Goberno
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting