Os afectados polas preferentes levarán as súas protestas a Riazor

Agardarán á saída do alcalde coruñés para amosarlle o seu malestar pola ineficacia de Xunta e concello.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 12/08/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

 

A plataforma de afectados polas preferentes concentrarase no estadio de Riazor, durante a disputa do Trofeo Teresa Herrera, para protestar polo que consideran un "roubo" de NGB. O seu obxectivo é agardar a saída do rexedor coruñés, Carlos Negreira, para que escoite as súas demandas. 
 
O portavoz da plataforma asegurou que as protestas serán "cada día máis fortes e máis constantes" ata que os afectados logren que se lles devolva o seu diñeiro.
 
Manifestacións
 
Este sábado  entre 300 e 400 afectados percorreron as rúas da Coruña para protestar contra a "estafa" e manifestar "o seu desgusto" pola actuación da Xunta neste conflito.
 
Ademais, o martes prevén protestar na sede do Instituto Galego de Consumo (IGC) en Monelos para "pedir explicacións" sobre a arbitraxe e o venres "pecharán sucursais" de Novagalicia Banco en varias localidades de Galicia.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

VMS

¿E queren explicarmen qué ten que ver o alcalde da Coruña co tema das preferentes? Porque se queren culpar ou esixir solucións ós alcaldes sobre un tema cos bancos e caixas, recoméndolle á plataforma que viaxen 30 Km e cheguen a Carballo, onde o seu alcalde, Evencio Ferrero, leva anos sendo conselleiro de CaixaGalicia-NCG, xusto no período onde se contrataron eses productos. ¡AI NON, CARALLO! Que este alcalde non é do PP, que é do BNG... a este non se lle poden montar bullas... é o que teñen os apolíticos...


1

Afectada

Señores de GC: o Teresa Herrera foi onte, por iso se escolleu esa data para a protesta da que falan, e na Coruña temos unha voceira, non un voceiro, probablemente confundírona co voceiro do Morrazo. http://preferentescoruna.blogspot.c... Ah! E gañou o Dépor aos penaltis tras un 2-2 :D