Por Paco Gallego | Mundo | 13/08/2012
Asociamos USA ao rock'n roll, ao blues ou ao jazz. Á Coca-Cola, a Hollywood ou a aquel bombardeiro chamado Enola Gay. Un de Vigo e un da Coruña enchen Riazor para escoitar as súas cancións atlánticas.
Pero mira que soaron cancións e cancións entre o espectáculo inaugural e a gala de peche destes Xogos Olímpicos de Londres 2012. E aínda así botamos de menos aos Stone Roses, The Cure, The Smiths/Morrisey ou o malogrado Syd. Barret. O Vicius paseouse por alí a través dos Sex Pistols, pinchados ata dúas veces. Rematar uns Xogos Olímpicos a ritmo do My Generation dos Who -un tema que toleaba a mozas e mozos en tanto escaldalizaba a toda a sociedade "benpensante" e que onte coreou todo o estadio olímpico- é un luxo ao alcance unicamente dos britanicos, ou lembrarlle á súa Raíña aquel tema que a amargou no xubileo de 1977, xusto agora que vén de cumprir outro: God Save the Queen.
Deus salve á Raíña
O réxime fascista
Converteute nun idiota
Nunha bomba-H en potencia.
(God Save the Queen. Sex Pistols)
É curioso como o idioma inglés viaxa polo mundo a lombos das cancións que interpretan rapazas e rapaces de todas as cultural e nacións. E a nosa casa non é unha excepción. As relacións entre a literatura e a música rematan en canto comezan a soar os primeiros acordes. A Muiñeira de Chantada e o Imagine de Lennon forman parte da bagaxe cultural de miles, centos de miles de galegos e galegas. O decadente imperio británico ergueu a cabeza, e como, reinventado como factoria de creacións musicais que acompañan e acompañarán a xeracións enteiras de homes e mulleres de todo o mundo mentras vivan/vivamos.
En Galicia temos de vello un gran potencial pop. Vigo, por exemplo, segue a lanzar novas figuras dun estiulo musical onde o Atlántico xogou de sempre un papel protagonista. O pasado venres 10 de agosto unhas 20.000 persoas -segundo cifras oficiais- encheron a praia de Riazor para escoitar a Iván Ferreiro e Xoel López. Un de Vigo e un da "Coru". Turnedo, do olívico, e Atlántico, do herculino, interpretadas a dúo soaron mellor. Emocionantemente mellor. Será que vou vello., vellísimo, ou será por esa praia recorrente nos dous temas galegos.
E haberá quen diga que iso non é cultura galega, que así non se pode andar polo mundo. Que se os ingleses venden as palabras de Shakespeare, por exemplo, nós deberemos de vender as dunha Rosalía, ou dun Castelao, ou dun Rivas, por citar tres e non enredar máis. Non sei. O Germán Coppini cantando Come Prima sempre che me vos foi moi galego, así a bote pronto e con ánimo de provocar. Siniestro sempre foi desprezado por boa parte da intelligentsia nacional-lista (non da base social nacionalista), pero o himno que nos deixaron para sempre é o Miña Terra Galega, señoras e señores sectarios, que non é máis que unha versión caseira do Sweet Home Alabama dos sureños norteamericanos Lynyrd Skynyrd. Canto ben fixo esa canción entre nós.
Non é bo tratar de ubicar a túa man
Onde non podo ver porque entendo
Que ti es diferente de min.
(No Good Trying. Syd Barret)
Se ben o vehículo idiomático escollido para a transmisión musical dos sentimentos pode resultar unha cousa menor, certamente, para algunhas persoas entre as que me atopo sería bo, sería magnífico, excelso, marabilloso escoitar ás nosas e aos nosos mellores artistas interpretando as súas obras en galego. Pro que imos agardar dun país que entende que a cota cultural que lle corresponde -e debe corresponder- ao noso idioma é aquela derivada do folclore decimonónico ou daquela etiqueta sesenteira do celtismo atlántico á que nos agarramos como un salvavidas para vender o noso fóra. E non nos foi nada mal. Podo xogar a ser internacional escoitando a Milladoiro e logo a Pink Floyd. Como sempre fixen.
En certas festas de certa cidade galega reservaron o acento español de Castela para o pop e o rock, o acento español caribeño para a neoverbena de trailer dantesco e láser ao ceo e o acento galego para o de sempre. O DE SEMPRE. Xa o sabedes se vedes Luar.
Ouh...wish you were here...
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Moi acertada a reflexion. Para moitos de Galiza Nova se non escoitabas Ata que es Escampe ou che gustaba o Ska eras un fascista. Non me disgustan nin ese grupo nin o estilo, pero eu son mais do pop, e ogalla houbera artistas galegos que cantaran no noso idioma.
Por Breoghain: Aí tens, meu !: Um exmeplo de electro-pop em galego e em galego internacional feito na Galiza Norte, Aquêm Minho: http://komunikando.net/dkk/index.ph...
Por Breoghain: De balde para baixar. Deste grupo e de dúzias mais. Baixa-os em MP3, passa-os ao reprodutor ou CD ou DVD e a escutar !!
Por Hermerico: Xanti, um nom sabe se falas a sério ou andas a provocar http://www.youtube.com/watch?v=wgC0...
Por Xanti: Sempre che me pareceron aburridos Hermerico, ao igual que The Homens.
Por Hermerico: E estes muito mais, claro http://aregueifanetlabel.blogspot.c...
Reconheço que eu sou um colonizado, gostei imenso do repasso que fixerom tanto ontem como o outro dia ao pop-rock britânico. Nom precisarom fazer muito mais para entreter e contentar o mundo.
Por Breoghain: Concordo com vocé. Eu acho que é normal que gostemos destas músicas inglesas por que são curmãos nossos. Cultura muito semelhante á galega com todas as diferenças deles serem metrópole e nós colónia do império pequeno.
Por anonimo: A mesma fascinación de prestixio que sofren os que van as berbenas de orquestras pola música da cultura dominante española. Ao fin e o cabo é a música da cultura anglosaxona dominante no capitalismo.. Non sempre foi así, porque antes moitas culturas guerreiras adoitaban as culturas superiores de pobos conqueridos, pero agora utilizan esa cultura como medio de dominio, de prestixio e de asoballamento. Non só é a música, é culinaria, a consumista, a...Nin siquera fai falla saber tocar como amosou Malcom Mc Laren cos Sex Pistols para ser unha estrela do show business, teñen moitos medios pra explotarnos vontariamente.
Por Danzade malditos: A mesma fascinación de prestixio que sofren os que van as berbenas de orquestras pola música da cultura dominante española. Ao fin e o cabo é a música da cultura anglosaxona dominante no capitalismo.. Non sempre foi así, porque antes moitas culturas guerreiras adoitaban as culturas superiores de pobos conqueridos, pero agora utilizan esa cultura como medio de dominio, de prestixio e de asoballamento. Non só é a música, é culinaria, a consumista, a...Nin siquera fai falla saber tocar como amosou Malcom Mc Laren cos Sex Pistols para ser unha estrela do show business, teñen moitos medios pra dominar as nosas vontades.
Por Breoghain: concordo também com estas reflexões. São um potente meio de colonização. Ora espanhola, ora anglo-parlante. E onde não chega com as rádio fórmulas metem os mísseis e os tanques e depois a KKKola e o resto de produtos. É o que se chama "livre mercado" !!! É uma das dimesões da superestrutura ideológica para que siga a reger a base económica capitalista. Oxalá existir livre mercado !! ESTÃO A DESTROIR TODAS AS CULTURAS MENOS A DOS QUE DOMINAM O MERCADO.
Por Breoghain: E sejamos adultos. Quem domina o mercado é quem possue a maior força bruta. Não se tratar de ideias, deconflito de ideias. Isso é o que nos querem fazer crês e somos estupidos se tal nos cremos. O dinheiro facilita armas e mass-midia e com os mídia e as armas dominam o mercado.
Por Breoghain: Quatro ou cinco conglomerados multinacionais producem o 75% dos produtos que consumimos nas nossas casas. Desde alimento pre-cozinhados até produtos de asseios pessoal.
Abofé que o Reino Unido exerce a maior das violencias para manter o seu imperio. Irak, Afganistán, Libia... Non poden nin erguer a bandeira olímpica sen o concurso dos militares. O RnR é un boomerán mais a raíña e o seu séquito seguen a ser ultrafascistas.
Por Xanti: Pero que imperio nin que farrapos de gaitas, se dende 1918 son os USA o imperio.
Por bixo: pois rocanrol aparte... ademais dos numerosos países que ocupan militarmente, deberías saber que a City de Londres goberna o mundo da rapina financeira e que a UE pertence a Gran Bretaña.
A ver se exercedes vós un pouco de imperialismo cultural non-violento e facedes máis música pop e dance en galego (pero con gusto, por favor), que estamos fartos xa de tanta gaita e tanto Luar.
Por Hermerico: http://www.youtube.com/watch?v=hcm5... Imperialismo cultural nom-violento de sucesso mundial. O do gosto cada quem tem o seu
Por Charli: A gaita non ten culpa das carencias da xente. Ben fermosa que é, ben tocada. Pop e dance haino de todas clases tamén, ruin e de calidade, como calquera outra cousa no mundo.
¿E aquí se houbera olimpiada a quen levabamos? ¿A Xurxo Souto? ¿Aos Herdeiros da crus? Ide kagar por aí
Por Breoghain: Milhadoiro, Doa, Emilio Cao, Os Tres Trebons, Os Cempés, Susana Seivane, Skárnio, Projecto Mourente, Projecto Trépia, Berrogüetto, Marful, Mercedes Peón (premiada polos próprios ingleses), Uxia Senlle, Labregos do tempo dos Sputniks, Keltoi, Leo i Arremecaghona, Skacha, Ruxe Ruxe, etc, etc, ou centos de crupos tradicionais, etc. Sobra música de qüalidade.
Por Breoghain: Baixa-te de balde o último de Projecto Mourente, ou os anteriores, e culturíza-te: http://komunikando.net/dkk/index.ph...
Por Breoghain: A Quenlla - Fuxan os Ventos - Mini e Mero
Por Mineiro: Qué lle vou facer! A min, case todos os grupos que nomeades me soan a "soy minero...."
Por anonimo: Pois a min os de sweet home alabama, janis joplin, country joe mc donald´s, almans bross, jethro tull etc. soanme aos folkis galegos. Se cadra porque veñen das mesmas fontes.
Por cochichi: ¿E onde están eses grupos a nivel mundial? ¿Ao de Julio Iglesias, (un canto a Galicia hey)? Non me fagades rir.
Por Breoghain: Mineiro, isso é um prejuiço teu. Será por que não entendes o que dim em inglês esses gajos loucos do pop-rock anglo?? Que te crés que estão a cantar? Uns babosadas pseudoreligiosas, outros cantos narcisitas, outroas amorios ao Pimpinela, outros o mesmo que Herdeiros mas claro, em injles como não te inteiras soa melhor...Não fodas pá, e menos racismo anti-galego..que se o mundo soubera de nós outro galo cantaria...C O L O N I Z A D O !! Polo menos escuta de tudo sem prejuiços de auto-ódio!
Por Mineiro: Breoghain, ti si que es difícil de ler! Why you don´t take a walk?
E em Madrid 2020 (já gostariam os espanhóis) quem levarão? Manolo Escobar? Mónica Naranjo? Rizitos pintamonas? e na cerimónia de encerramento que tema será o protagonista? Já sei ! "A quien maneja mi barca", tudo um exemplo da cultura espanhola :-D ha´hahaha Os brits foram e são imperialistas mas polo menos deram algo para a humanidade nas artes, a música e a ciência. Ademais gostemos ou não, pensemos que é loucura ou não , são curmãos dos galegos. A etnogenética assim o diz, folga dizer que fora de todo consideração racista, óbvio. O conto de que são predominantemente germánicos é isso, um conto nacinalista inglês para contrapór-se aos "celtas" que é principalmente o que são eles junto com Cymru, Alba, Kernow, Mannin e Eire. Galiza compartilha cultura com os Palops (língua) e com a europa ocidental e América onde há descendentes de galegos e europeus.
Por Paco Gallego: Todo é aprender e escoller o mellor. Eles debaten sobre o binomio Beatles-Rolling e máis tarde Oasis-Blur (con permiso dos Kinks e de Pulp, respectivamente). Aquí sobre a dicotomía París de Noia-Panorama. Grazas polos vosos comentarios.
Por Hermerico: Este elogio da doglósia podias tê-lo intitulado "Inglaterra:..." e nom "Grande Bretanha", independentemente do grau de colonizaçom lingüistica e cultural que sofrem as naçons celtas da ilha e de Irlanda. E se traduzes traduce bem, God save the queen é Deus salve a rainha, nom "à" rainha. Em galego, como em inglês e francês, nom leva preposiçom, a diferença do espanhol, essa língua que nom abandonam nunca esses artistas tam gallegos como Miguel Costas e Teo Cardalda
Por Lusistas ao inferno: Mónica Naranjo merecería sen lugar a dúbida ningunha unha actuación nos hipotéticos Xogos Olímpicos de Madrid, si.
Por Breoghain: Mimá, que pessoal anda por estes lares !!! Monica Naranjo, hahahahahah !!! Incrível !!!! Uma coisa é estar colonizado e gostar da música espanhola e mesmo folclorada mas outra...
Imperialismo cultural non violento? o imperialismo é traumatico e sempre leva a violencia inherente. A cultura underground rockera vai unida as drogas e a un xeito de vida dopado sen concenciación social. A utilizaron nos bairros negros cando o black power coincidindo coas olimpiadas de México. Co hippismo cando Vietnam e os movementos civis. Nas zoas operarias na Euskal Herria mais combativa. Negocio, amansamento e unha espece de cultura fetiche dominante capitalista. Seguro que non invitaban a The Clash a tocar London burming mentras Londres estaba como agora tomado polos militares.
Por anonimo: A proba é que convidaron a Keith Moon cando levaba anos morto, eso da ídea do que a coñecen e para que lles interesa. O xenio de Syd Barret afogouse en drogas e rematou nun psiquiatrico. A vez un lembrase de Tierno Galvan o social liberal decindo: rockeros a colocarse quén non esté colocado...e ao loro! e...20.000 mortos anuais no estado por colocarse habitualmente, ademais de unha xeración perdida, dopada e mozas cuspindo a ancians mentras o gravan nos moviles pra colgalo na rede. Moito rock radical basco aderezado con inxentes cantidades de droga.
Por tendencias: Nin tampouco escoitarás Spanish Bombs na gala de "Madrid 2020". Grazas, Joe!!!!
Por Andy: Que mundo más catastrófico nos pintas, Anónimo. Y todo por culpa de los Floyd, claro. Lo que pasa es que a mí escuchar a los limpísimos y nunca drogados chicos de OT, por ejemplo, me da ganas de meterme duramente.
Por Outro ladrillo no valado: Nos Floyd hai xente consecuente coma Roger Water, o xenio de Barret foi diluido nun mar de drogas. OT non deixa ser mais que unha dexeneración popera comercial do pop, desposeida da sua creatividade e rebeldia como a maioria do pop e a cada paso mais lonxe das raices folk, country, jazzistica e blusera, por mor dos intereses das casas discograficas, que a impoñen como parte da cultura dominante con Mc Donald´s e centros comerciais incluidos. Hedonismo dopatico, nihilismo, alienalismo como bó complento do individualismo i egoismo da sociedade capitalista.
Lennon e Ono
,orrisey, unha das ausencias máis notables destas galas
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting