Cuarta multa de tráfico para Feijóo

O líder do PPdeG discutiu cun axente da orde de Póvoa de Varzim cando foi sorprendido a máis velocidade da permitida no seu automóbil particular. É a cuarta sanción da que se ten noticia a Feijóo como condutor.

Por Walter Burns | Póvoza de Varzim | 14/08/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Segundo adiantou La Región, a Guardia de Tránsito detivo o automóbil particular do presidente da Xunta durante as vacacións de verán que desfruta na actualidade. O diario informa que a sanción foi de 80 euros, por superar a velocidade máxima permitida en Póvoa de Varzim. La Región, que está inmersa nunha ofensiva editorial contra o Goberno do PPdeG, relaciona a presencia de Feijóo na vila co casino local e citando a unha testemuña local asegura que o político discutiu co 'guardinha' antes de abonar a sanción.

Nin o PPdeG nin a Xunta de Galicia desmentiron polo de agora esta información.

Un historial con bastantes sancións

A sanción en Portugal é a cuarta que recibe o mandatario conservador, segundo se pode comprobar en diversos boletíns oficiais, onde se publican as sancións cando estan non poden ser notificadas no domicilio facilitado á Administración.

No Boletín Oficial de Pontevedra pode comprobarse como o 28 de Xullo de 2008 o seu automóbil particular foi sancionado por violar a obriga de identificar ao condutor responsábel da infracción. A multa imposta pola oficina municipal de tráfico de Vigo é de 210 euros.

Ademais, o 3 de Marzo de 2008 o automóbil foi sorprendido aparcado nunha zona de carga e descarga, polo que recibiu unha sanción de 63,7 euros.

En novembro de 2007 Feixóo foi sancionado por violar o artigo 91.2 I do código de circulación, que penaliza aos que estacionen no medio da calzada. O importe é de novo 63,70 euros.

Feijóo tivo, ademais, un aviso por non pagar as taxas do lixo do seu piso no centro de Vigo. Todas estas sancións foron antes de ser presidente da Xunta. A de Póvoa de Varzim é a primeira da que se ten noticia dende que manda en San Caetano.

 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

39 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 26

    leliaila

    En canto cruza a fronteira sáesenos de nai. Ai, ai, ai Frijolito, que pouco exemplarizante, ti que sempre andas a dar leccións a todo o mundo!


    25

    Rabuñán

    O señor presidente Feijóo houbo de me pasar por enriba cando cruzaba NUN SEMÁFORO na avenida Xoan XXIII, en pleno centro de Santiago, nun tramo no que non se pode ir a máis de 50 Quilómetros por hora; o "Fitipaldi dos Peares" ía polo menos a 100 e non precisamente nun citröen, senón nun BMW X3, - O nacho vai camiñando,vaites! -


    24

    outro

    ¿tamén lle botará a culpa á herencia socialista?


    23

    Impais

    CLAMOR NEWS. ÚLTIMA HORA!!! O noso amado líder viña de apostar todo no Casino Royal da Póvoa ao 61 negro. Perdeu todo, xa que semellaba terse enchido a Martinis axitados, non remexidos. Circulaba a 75km/h en zona limitada a 50, pero conseguíu que o guardinha (ex-espía da KGeLLe, ao servizo dunha banda uzbeka traficante de plutonio 61 enriquecido a 75) lle rebaixara a multa (sen consultado coas "minorías" que circulaban pola estrada) de 75 a 61€. Un crack!!! Neste momento non estamos en condicións de certificar se Frijol007 75 a 61, fixo uso do desfibrilador instalado no seu Audi, nin de se quen o acompañaba lle realizou algunha manobra resucitadora, só sabemos que falou co Ghaioso pra que chamase dende o Luar pra pulsar o clamor popular. Neste intre o Ghaioso xa falou con 2.135.000 galegos, e todos din que 61 está ben.


    22

    Yahamoto

    Se se tratase de Quintana ou Touriño, teriamos grandes titulares en La Voz, Faro, El Correo, Atlántico, Diario de Ferrol, Arousa... Isto é o que manipula á xente

    1 resposta
    1

    Por xoancar: En la Voz, Correo y Atlántico créocho. Co Faro non, danlle lume últimamente.


    21

    Xoelho

    Eu coido que os discípulos de "Don Manuel" son un perigo ao volante. O mesmo parece que pasou co Carromeiro ese que foi a Cuba a reunirse co facherío local e non só provocou (supostamente) un accidente mortal alí mais tamén en Espanha ten retirado o carnet porque agotou todos os puntos.


    20

    Ronsel

    Os do PP teñen uns costumes ben curiosos ao volante, e hai exemplos dabondo para sentenciar que cando un membro do PP colle un carro, San Cristobo lávase as mans.


    19

    Animalllllll

    Dalle jas, dalle jas cajo en dios. Me cajo na inmaculada, que me trague a terra senón te votei ¡Arriba españa!


    18

    Dende Santurce a Bilbao

    Xa que de franquistas falamos lembrome dunha dos millores tempos do réxime: Adelante hombre del 600/ la carretera nacional es tuya/ no importa que te llamen dominguero/ airados los taxistas al pasar/ no corras Pepe/ mira ese loco que viene detrás/ hay que parar que la niña tiene/ irresistibles ganas de mear/ adelante hombre del 600/ la carretera nacional es tuya.


    17

    Bandeira

    Canto nos costará aos galegos/as silenciar esta noticia na Voz?

    2 respostas
    1

    Por Breo: Tes razão

    2

    Por Gustavo: A tarifa usual, poquita cosa, que ya hay confianza d'otras veces (Tojeiro mode on)


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • Feijóo en rolda de prensa en San Caetano