O fotógrafo detido ten policontusións e o seu equipo foi danado

Xornalistas e colectivos profesionais critican duramente a actuación da Policía, que reduciu e detivo a un reporteiro gráfico no aeroporto de Peinador, á chegada dos olímpicos galegos.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 14/08/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

O reporteiro gráfico Rafa Estévez sofre "policontusións" no "húmero-escapular e dorsal", "dor á abdución do ombreiro esquerdo", "equimose no cóbado esquerdo" e "dor á palpación en rexión sacroilíaca dereita". Así o sinala o informe médico ao que tivo acceso GC, resultado da exploración que se lle fixo no hospital de A Nosa Señora de Fátima, en Vigo, ao fotógrafo do Diario de Pontevedra, detido pola Policía Nacional cando cubría a chegada dos deportistas olímpicos galegos ao areoporto de Peinador.

A actuación policial dos catro axentes que detiveron ao reporteiro tamén tivo como consecuencia importantes danos no seu equipo fotográfico. Segundo testemuñas consultadas por GC e fontes próximas ao reporteiro gráfico, o uso da forza física dos axentes da Policía Nacional acabou co obxectivo da cámara partido e as lentes e o flash danados.

Estévez foi acusado dos delitos de desobediencia e atentado a un axente da autoridade, polos que se lle solicitaban pena de cárcere, de entre un e tres anos de prisión. Nun primeiro xuízo rápido con acto de conciliación, celebrado este martes no xulgado de garda de Vigo, o avogado do fotógrafo e a fiscalía non chegaron a un acordo, xa que o reporteiro nega a versión da Policía, polo que as dilixencias trasladaranse a un xulgado, de instrución ou penal, segundo a cualificación que faga a fiscalía dos feitos.

Segundo fontes consultadas por GC, Estévez presentará denuncia contra os axentes ante o xulgado, apoiado polo parte médico, unha peritaxe do seu equipo de fotografía danado e varias testemuñas que declararán na súa defensa.

Pésima organización 

Segundo o relato dalgunhas testemuñas coas que falou GC, a detención de Rafa Estévez foi o resultado dunha "pésima organización" da chegada dos medallistas olímpicos galegos ao aeroporto de Peinador, convertida nun "caos", segundo relatan. "Así é moi difícil traballar. Todo se desmadrou cando chegaron os deportistas, non había ningún tipo de organización nin orde, e o que fixeron os axentes, que se supón que son profesionais da seguridade, foi perder o control e a mesura", explican fontes próximas ao reporteiro detido e testemuñas, que sinalan que o fotógrafo foi "empurrado polos axentes cando Rafa o único que estaba a facer era o seu traballo".

O propio coordinador de fotógrafos do Diario de Pontevedra, Rafael Fariña, explicou que a chegada a Vigo de David Cal, Támara Echegoyen, Teresa Portela, Javier Gómez Noya e Begoña Fernández foi "caótica" e nesa situación, mentres os reporteiros estaban collendo posicións, "Rafa debeu chocarse de xeito involuntario co axente de policía, como tantas veces ocorre neste tipo de aglomeracións, xa que non é consciente de dar ningún golpe. Pero o policía reaccionou de xeito totalmente irracional, polo que Rafa lle recriminou a súa actitude. A sorpresa de todos chegou cando catro axentes sacaron en volandas ao fotógrafo do lugar e procederon á detención", comentou aos medios Fariña.

Versión da Subdelegación do Goberno 

Con todo, a Subdelegación do Goberno en Pontevedra ofrece un relato distinto ao das testemuñas que estaban en Peinador e defende nun comunicado que a detención se produciu "como resposta á actitude manifestada polo mencionado fotógrafo cara a un funcionario policial", ao cal, presuntamente, o reporteiro lle propinou "un cabezado que lle alcanzou na cara, concretamente, na zona da boca e nariz, tal e como se recolle no parte policial".

Segundo a versión da Subdelegación do Goberno, o fotógrafo ofreceu no momento da detención unha "forte resistencia", polo que, "seguindo o protocolo establecido, foi reducido e trasladado nun coche policial ata a Comisaría de Vigo", onde prestou declaración.

Críticas do sector

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) expresou a súa "indignación polo caso do fotorreporteiro do Diario de Pontevedra Rafael Estévez" e manifestou a súa "solidariedade" co fotógrafo.

"Un xuíz decidirá se Estévez escolleu unha concentración multitudinaria chea de xente, medios de comunicación, autoridades e deportistas famosos para cometer ese delito que ninguén ao parecer viu, ou algún axente confundiu os golpes que máis veces das que se quere se dan ou se reciben neste tipo de aglomeracións", manifesta o CPXG, que engade: "O que podemos decidir todos os que vimos as imaxes da detención é o uso desproporcionado da forza, a humillación innecesaria, a vinganza inmediata e in situ, sen importar quen estea diante, contra un cidadán que quizás cometeu un delito, non contra un atracador armado. E tamén podemos imaxinar que se esa actitude se dá en pleno día, nun lugar público e con esas testemuñas de excepción, que non pasará noutras circunstancias e que grao de fiabilidade lle podemos ter a determinadas actuacións policiais".

O CPXG anunciou ademais que, como organismo de dereito público que representa legalmente a toda a profesión xornalística, elevará unha queixa formal á Delegación do Goberno, así como unha petición de entrevista co seu titular, dado que "esta non é a primeira ocasión nos últimos meses en que temos que dirixirnos a esa institución por motivos similares", manifesta o Colexio.

Tamén a Asociación da Prensa da Coruña (APC) manifestou a súa condena pola "desproporcionada" actuación policial do reporteiro gráfico e fixo fincapé na "desorganización da recepción" dos olímpicos galegos en Peinador, o que complicou o traballo dos reporteiros.  

Estas críticas súmanse ao comunicado que emitiu o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) no que reproba "a violencia gratuita e innecesaria" que empregaron os catro axentes da Policía Nacional que detiveron a Rafa Estévez (o comunicado do SXG pódese ler completo en GC Aberto).

Ademais, preto de 200 persoas concentráronse este martes ante a sede da Subdelegación do Goberno en Pontevedra para expresar o seu "rexeitamento e profunda indignación" pola detención de Rafa Estévez

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

32 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 11

    Negrín, para fastidiar.

    A estas alturas ainda hai que discutir por un feito desproporcionado, de corte fascista. ¿Desde cando un fotógrafo de prensa é un delincuente? Desde cando un traballador do Diario de Pontevedra, xornal nada sospeitoso de "progresista" vai agredir a un mentecato? Desde cando estes feitos son habituais como agora? Hai ous tipos de cans, o can amigo do home e o can de presa. Pero o cand e presa traba cando o dono non sabe ou non quere telo ben amarrado. Cada un que use a cachola para discurrir ou para dicir sandeces. Non esquezades a detención dun reporteiro da CIGA na última folga. Menos mal que o atopou un xuíz de garda que sabe como son este mentecatos cando levan política e porra xuntas. O de mentecatos non é un insulto, é unha definición moi suave...


    10

    Xoelho

    O verbo "producir" en galego é regular e, por tanto, non se di "produxo", imitando o castelán "produjo", senón PRODUCIU, como se en castelán se dixese "produció", se nesa lingua fose regular. Por tanto, isto está mal: -------> a Subdelegación do Goberno en Pontevedra ofrece un relato distinto ao das testemuñas que estaban en Peinador e defende nun comunicado que a detención se produxo "como resposta(...)

    12 respostas
    1

    Por Hermerico: Se só fosse essa nesta notícia...teriam melhorado muito

    2

    Por herbiñas: ¿Pero vós credes que a xente non ten outra cousa que facer que estar pendente dos cambios e inventos de tres filólogas? ¿Quen inventou o de "cabicha"? Porque nunca tal se escoitou.

    3

    Por Lucense: Que mais dá escrever bem ou mal? Que mais dará decalcar do castelhano, mesmo com esses ridículos "produxo, conduxo, reduxo..."? Total, o galego é para falar "entre nós" e com as vacas, nom para ser uma Língua de uso em qualquer âmbito da vida e na qual se poda escrever sobre qualquer tema, para isso já temos o castelhano. (Haverá algum outro lugar do mundo onde se despreze como aqui a correcçom no uso da Língua, em nome da "xente" e do "pueblo"?)

    4

    Por herbiñas: Se as filólogas serviran para cousas importantes xa lles tería dado a sociedade outro papel, con responsabilidade; todas farían seguros millonarios por se se equivocaban ao inventar esta ou aquela palabra, cambiar esta norma ortográfica, etc; pero o anterior non se da porque o que fan é un entretemento literario que exercen sen que exista responsabilidade ¿Ou alguén sabe dalgunha na cadea ou que tivera que facer fronte a unha indemnización millonaria como noutras profesións nas que hai responsabilidade por exercer mal o seu traballo?

    5

    Por Lucense: Outro que nom tem argumentos e que, logo de fazer o ridículo, nos sai com a sua dose de areia nos olhos misturada com ignorância, incultura e estolidez supinas.

    6

    Por herbiñas: Que si, xa o dixera Unamuno (mellor): barbarie, zafiedade, soecidade, malos instintos e o que é pior: estupidez, estupidez, estupidez. Pero segue a ser certo que en todo o mundo se cobra por responsabilidade e que as filólogas cobran de mais e danse moitos fumes (sen que a sociedade llos dea) porque non se sabe que haxa ningunha na cadea ou que tivera que facer fronte a unha indemnización millonaria por exercer mal o seu traballo filolóxico ¿Ou non teñen que vivir todas da mamandurria estatal porque son excepción quen atopan traballo na privada, debido a artificiosidade e inutilidade dos seus coñecementos? Motivos todos que levan á sociedade a pasar delas como da m*rda e dicir produxo ou conexo que é o que di a xente da rúa.

    7

    Por XanKaraLLás: Claro, que máis dá falarmos ben ou mal o galego, que máis dá castelanizalo cada vez máis ata que un día desapareza por completo totalmente absorbido polo castelán? Dá o mesmo, si. Mellor será que aforremos tempo e falemos todos directamente en castelán. ¿Que vos parece?

    8

    Por herbiñas: Todo o mundo sabe que o galego escrito e as súas variables e diversas normas son unha desculpa que buscan as filólogas para a loita de clases. Se os galegos non fosen sensatos e non pasasen delas, podería ocorrer o que sucedeu nos 60 en Bélxica ou na India onde hindúes e flamentos andaban a pedradas polo odio que se lles meteu ao inglés e ao francés. En Galicia non callou ese odio que meten as filólogas cara o castelán e ocorre o mesmo que no Paraguay co español e o guaraní: a ninguén serio se lle ocorre opor a profunda e potente penetración do castelán fronte ao guaraní/galego. Cada cousa serve para o que serve e o galego escrito serve para cousas literarias e outras trivialidades subvencionadas, pero segue a ser inexistente no serio: a ciencia ou técnica, porque non serve, como o evidencian os feitos.

    9

    Por Lucense: A má erva nunca morre. A prepotência, a ignorância e a paifocada de palheiro exibem-se na sua ridiculez supina, no seu desprezo a quem sabe mais que eles e, en suma, a todo aquilo que ignoram. Esta cloaca desborda por todas partes. Assi nos vai.

    10

    Por herbiñas: Lucense, falas cunha suficiencia como se a xente nas eleccións dera a razón a quen pensa coma ti. Mais ben ocorre todo o contrario. Para os galegos serios estes temas so se poden tratar desde un punto de partida: a existencia dunha soa nación española recoñecida na Constitución que conta co instrumento político dun so Estado unitario e co vínculo dunha lingua común que todos debemos coñecer, como a coñeceron ilustres galegos desde Alfonso o Sabio, Valle-Inclán ou Cela. Xunto a esta, pódense cultivar as linguas rexionais, pero non no espírito revanchista, de odio e de darse importancia que pretenden as filólogas para continuar vivindo da mamandurria.

    11

    Por Hermerico: Liches bem o manual do perfecto fa cha constitucional, mas o teu galego, para além de normativas , é tam deficiente como a tua patética argumentaçom.

    12

    Por Lucense: Cela, o plagiador de "La Cruz de San Andrés", entregada por Planeta para ganhar o prémio e cuja verdadeira autora é Carmen Formoso? Esses "gallegos" e outros vendidos ao espanholismo ficam todos para ti, má erva.


    9

    galegoexiliado

    O Gobernador Civil de Galicia apoia a versión dos Axentes da Ley, que con grave risco das suas vidas, detiveron un perigoso comando radicalfotográfico e concedelles a medalla de ouro ó mérito policial, en canto ó policía agredido, que tamén será condecorado, evoluciona favorablemente dentro da sua extrema gravedade, non temendose pola sua vida, salvo complicacions. En Vigo a 15 de Agosto, primer año triunfal. Arriba España.


    8

    Nin esquezo nin perdono.

    E onde están os barriga agradecidas de reporteiros sen fronteiras?. Tan prestos a denunciar en consonancia cos intereses do imperial-capitalismo. Noxentas as caladas por respostas como néste caso ou o do reporteiro secuestrado e asasiñado polas bandas terroristas otanianas.

    2 respostas
    1

    Por Hermerico: Reporteiros sem frnteiras estám para apoiar as "damas de blanco" e demais montagens da CIA

    2

    Por anonimo: pois no GC xa tentaron algunha vez que tragaramos cun artigo en que loubava sin paliativos as suas accións, claro estaba que o que asinaba o artigo formaba parte da asociación. Pois bem creo que algo tiña que decir ao respecto de este acto e dos outros.


    7

    herbiñas

    Ninguén fai traballo de mais gratis-total nin ten maior interese en complicarse a vida no seu chollo; e a proba está en que o policía tivo que ser asistido nun hospital. Para min, aquí pode haber: por unha banda corporativismo (moito se critica á Igrexa por protexer aos pederastas, pero consejos vendo y para mi no tengo), por outra odio á policía por motivos políticos, e estou por asegurar que hai tamén pelotilleo por parte dos políticos que protestan polos supostos excesos policiais, para caer ben aos xornalistas, que lles deban o favor, falen ben deles ou cando menos non falen mal, e tal e tal e tal. Non sei se mexpliko...

    6 respostas
    1

    Por Alma cândida: Imagino que se o policial não queria complicar-se a vida no seu trabalho, o jornalista também não... A questão é, por que havia um tipo mais bem enclenque como semelha ser o jornalista da foto bater num policial? Que se calhar lhe tocou com uma lente da câmara ou algo ao passar...? Seguramente. Ora bem, uma agressão brutal e premeditada como diz a polícia e como a que recebeu o próprio jornalista? Lo dudo.

    2

    Por herbiñas: Explicao moi ben Félix Soria nun comentario a unha nova de Praza: nas democracias do noso entorno ese é o protocolo de actuación normal. Cando un policía recibe unha agresión, sexa accidental ou feita a posta, o protocolo de actuación inclúe inmovilizar ao agresor de xeito inmediato, detelo e cursar a correspondente denuncia por ATENTADO (que non agresión). Se para o gremio de xornalistas resulta evidente que o atentado non foi premeditado e se debeu a un feito fortuito, eu me pregunto por qué a Fiscalía e defensa do xornalista non chegaron a un acordo e o fiscal se empeña en levar o asunto a plenario. Pregunto e me pregunto ¿é normal que os fiscais sosteñan unha acusación tan grave como a de atentado a un axente da autoridade, aínda sendo tan evidente como se di que o xornalista bateu de xeito fortuito co policía? Agradecería unha resposta dalguén de Dereito.

    3

    Por Alma cândida: No Reino da Espanha a palavra dum policial vale mais que a dum ser humano. Não admira a impunidade com a que atuam...

    4

    Por Hermerico: yerbitas madero, os terroristas nom fazedes nengum "trabalho", só estades no assunto para dar óstias com impunidade. E esses quatro monos abandonárom o seu suposto cometido que se supom que nom davam feito porque um deles se "rebotou" porque o fotógrafo tropezou com ele no balbordo, e como sempre tenhem vontade de fazer o que sae na foto, qualquer excusa é boa. A partir daí "o protocolo", acussaçom proporcional à agressom exercida sobre o acussado, apologia do terrorismo por parte do vice-rei que se achegou "a interessar-se" (dezian ontem), e o agredido convertido em acussado de agressom perante o aparelho policial-judicial. Nom importa a evidência nem as testemunhas. A impunidade para os agressores está garantida e o que se joga é o que lhe cai ao agredido. Todo isto por cortesia dos votantes do ppsoe e demais partidos do regime.

    5

    Por herbiñas: Que rollo ¿credes que teño todo o tempo do mundo? Rollo para non contestar ao que se pregunta ou para desviar a atención cando a pregunta é incómoda. Ripito e ritero: ¿é normal que os fiscais sosteñan unha acusación tan grave como a de atentado a un axente da autoridade, aínda sendo tan evidente como se di que o xornalista bateu de xeito fortuito co policía? Agradecería unha resposta dalguén de Dereito.

    6

    Por Hermerico: Eu nom som de direito, mas os procuradores públicos deixam tudo por se dedicar às labores repressivas, que som a sua autêntica paixom. Eis a realidade, cada quem que manipule à vontade


    6

    Nemigo

    e logo, se non están organizados perfectamente non son quen de facer o chollo? ista democracia de pandereta que temos é así


    5

    Nemigo

    e logo, se non están organizados perfectamente non son quen de facer o chollo? ista democracia de pandereta que temos é así


    4

    Xurxo

    Democracia Feijoniana...

    1 resposta
    1

    Por Hermerico: Di que sim, as óstias dos terroristas com Torito doliam menos


    3

    Impais

    Que fermoso ese xeonllo na caluga do fotógrafo, esmagándolle a cara contra o cemento! Seguro que Súper Axente El Lechero chegou á casa relaxadísimo, bebeu unhas cervexas e berrou: "María!!! Vente, que te voy a dar lo tuyo!!!"... Mentres, na tele, repoñían por vixésima vez Locacademia de Policía.


    2

    Represores

    Medo e vergoña desa policía que temos. Rafa Estévez é un tipo humilde, un pacífico e gran profesional. Deberían rodar cabezas deses policías ou dos responsables políticos.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Detención do fotógrafo Rafa Estévez no aeroporto de Peinador

    Detención do fotógrafo Rafa Estévez no aeroporto de Peinador