Por Galicia Confidencial | Santiago | 17/08/2012
Logo de finalizar a rolda de prensa conxunta co Sindicato Ferroviario os xornalistas comezaron unha batería de preguntas relacionadas cos procesos de converxencia política e social que está a desenvolver Esquerda Unida.
A coordinadora nacional de EU Yolanda Díaz dixo onte que "necesitamos de toda a intelixencia, de toda a forza e de toda a xenerosidade para chegar a puntos de encontro e xerar unha alternativa con todas as voces críticas da esquerda. Deben primar os intereses da cidadanía e non os partidoistas, sobre todo agora que o goberno desenvolve políticas contra a poboación galega”, argumenta a líder da coalición de comunistas e 'verdes'.
Esquerda Unida vaise reunir con todas as organizacións que así o desexen co obxectivo de confluír na base dun programa. En verbas do dirixente de EU César Santiso, a organización busca "chegar a un mínimo común múltiplo que sexa capaz de combater as políticas neoliberais que están a levar a ruína ao país e a pobreza á cidadanía".
De feito, Esquerda Unida xa está a contactar con diferentes colectivos sociais, sindicatos e organizacións políticas de esquerdas. Onte a reunión foi co Sindicato Ferroviario.
Que outras forzas políticas poden converxer con EU de cara as eleccións galegas? Yolanda Díaz citou a forzas políticas como a Frete Popular Galega, Equo e Ecogalegistas coas que desenvolverán xuntanzas nos vindeiros días. A política ferrolá indicou que posteriormente tamén pretende manter xuntanzas con outras organizacións como Esquerda Anticapitalista, Partido Humanista ou Anova Irmandade Nacionalista.
O diálogo entre Esquerda Unida, FPG e Anova dificulta un pacto entre Anova e Compromiso por Galicia, a forza nacionalista máis ao centro tras as escisións no Bloque. En Compromiso conviven galeguistas próximos á socialdemocracia con militantes máis de esquerda. Un pacto único que abranga forzas dun espectro tan amplio como o que vai da FPG a Acción Galega parece inverosímil. Neste sentido, sorprende que EU cite a Ecogaleguistas (forza que xa está dentro de Compromiso) entre as plausibles para unha nova forte de esquerdas, idea que tamén defendeu publicamente Xosé Manuel Beiras, voceiro de Anova.
Esquerda Unida presume que segundo as enquisas ten asegurada representación no Parlamento galego. En teoría, isto dálle maior capacidade de negociación á hora de negociar unhas eventuais listas; pois ningunha das outras forzas pode achegar en principio tantos votos.
EU chama á esquerda a conformar unha fronte de longo percorrido porque “atopoámonos nun estado de dereito en suspense, sen soberanía popular”. Xa que logo, a coalición de comunistas e ecoloxistas insisten en que a finalidade das xuntanzas con estes colectivos non teñen un obxectivo electoralista.
"Segundo as enquisas, Esquerda Unida non precisa de coalicións para acadar representación na Cámara galega, pero sí precisa dunha fronte de esquerdas plural capaz de dar esperanza a un país expropiado como é o noso", argumentan.
A súa conclusión é que "a esperanza é posible e é necesaria como tamén é necesario un reencontro entre a cidadanía e os políticos, nestes momentos de crise a prioridade é recuperar a dignidade e os dereitos roubados".
A executiva nacional de Esquerda Unida aposta por unha Syriza galega que vaia máis aló dunha coalición clásica en termos electorais porque atopámonos nunha situación extraordinaria ante a que se deben tomar medidas exraordinarias, mais si cabe a partires de setembro coa entrada en vigor das medidas aprobadas por Rajoy e aplaudidas por Feijóo porán cara ao empobrecemento das familias traballadoras.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Co Partido Humanista vai ser moi guai a campaña electoral: http://www.youtube.com/watch?v=q9RO....
Nepf4,Esse conceito de tlgooencia congnitiva ainda este1 meio confuso para mim. mas ontem aconteceu um lance que acho que tem a ver com isso, me diga. Minha TV da sala, Philips comprada em 2005 pifou, do nada. Veio dois pensamentos na hora:1 Sere1 que vale a pena consertar? Melhor entrar na internet e ver o que este3o recomendando e as promoe7f5es, na Copa sempre he1 promoe7f5es de TV.2 Lembrei que a TV do meu quarto, uma Mitshubishi que foi comprada perto da Copa 1994 e veio com garantia ate9 a Copa de 98. Estamos na Copa de 2010 e ela nunca deu defeito. Pensei: Vou comprar outra Mitsubishi e preciso divulgar isso no site deles.Eu ne3o consigo mais me imaginar comprando nada sem consultar a internet, e9 isso que vocea chama de tlgooencia congnitiva?
Pactar co espanholismo XAMAIS pode ser umha opçóm para umha galiza soberana. Trocar a UPG x umha IU é trocar Galiza x Madrid
Por Acouguen: Unha coalición electoral é so iso. Coalición electoral non é troca de principios. Algúns fan unha traxedia de algo simple. Ou cando se goberna co PSOE non se está tamén asociado a Madrid ? Que maneira de dramatizar!
O Bloque "nacionalista" Galego (B"n"G) é unha fronte eleitoralista cuxa estratexia política está completamente hipotecada aos seus pufos con CaixaNova e outros bancos. Ficou bem demostrado en movidas coma a de Massó ou Reganosa.
Por Xurxo: Por iso propón o que propón nas institucións e montou a plataforma dos afectados. Que listo che me es!
Por Mendidiota: Os "eleitoralistas" do BNG, xa, é dicir cando estaba o bipartito leña con Reganosa (despois eses críticos marcharon", leña coa cidade da cultura (como se o BNG tivese culpa do que se atoparon), de Massó (unha vez desaparecido o BNG da alcaldía e chegado o PP arreciaron as súas críticas)...quen pratica "eleitoralismo"? Semellan que só viven para dar leña ao BNG
Por As verdades foden...: http://praque.blogaliza.org/2011/02...
Por Pobres marchosos: Teñen o problema de que agora, cando intenten sacar as habituais intoxicacións contra o BNG, mil veces desmentidas, xa nin fará falta rebaterllelas: terán que explicar por que o fixeron tamén eles se estaba tan mal.
Por paraPobresmarchosos: Ben se ve que aprendeste a lición do Goebbels.
Por Grazas: Grazas ao Nº 3 pola ligazón. Moi esclarecedora.
Por Rayleigh: Si nº3. Sacado da páxina web da FPG, non? O partidiño dese estadista de renome mundial, Marianín Abalo. Ese que odia tanto o PP e a dereita que grazas a el, en Cangas goberna o PP con maioría absoluta. Ahhh..e por que non pon que no 2007, conseguiu 3 concelleiros e agora anda con 2 co pifostio que montou do tema? Anda que...menudos kamikazes temos no nacionalismo. Cal é a postura do PP neste tema? Por que como sexa facer o de Massó, o ridículo de Marianín non terá nome.
Por As verdades foden...: Que burriño, Rayleigh. ACE conseguiu 3 en 2007, e mantivo os mesmos 3 en 2011. Quen baixou foi o BnG da vendida Millán (de 6 a 4). Por iso está a gobernar o PP en Cangas. Lumbreras! http://gl.wikipedia.org/wiki/Elecci...
Por Rayleigh: Xa..Bueno..conseguiu os mesmos concelleiros. Pero seguro que a súa política doulle máis votos. A que si? Os cangueses quedaron extasiados pola xoia de estadista que tiñan en Marianín e obtivo máis votos, non? E volvemos o mesmo conto. Que opina o PP do de Massó? Por que se opina o mesmo que o BNG, seguro que lle fai o mesmo caso a Marianín coa maioría absoluta. Noraboa!!! Cando vos lanzades nestas cousas, dicides "banzai" ou "ei carballeira"?
Por Rayleigh: Seguides sen entendelo, verdade? Facedelo mal. Rematadamente mal. A xente non volo agradece. Non vos entende. Non sacades benefició NINGÚN. Nin tedes p.ñeteira idea de facelo. E aínda por riba, os que máis se benefician son os "supostamente" peores inimigos. Pero nada. A piñon fixo. O tripartito de esquerdas perdeu un 25% dos seus votos. Pero Abalo anda ledo, non? Un independentista galego, chorando por pactar co PCE que se chega a gobernar en España, mandaríano ó cárcere por "contrarrevolucionario". E o burro son eu.
De seren galegos, os de Gordillo estarían no BNG, nunca con IU, os socios do PP en Extremadura.
Por eumesm@: Que sí, que sí. Ale, ale. Ale, ale,...
Por anonimo: Un dos varios Gordillos do BNG está en Lugo e foi presidente de honra dun clube moi elitista el. Igualiño que Gordillo. Despois entretianse xogando ao impasible... igualiño que Gordillo. Queres que che nomee mais Gordillos do BNguai?
Sen esbardalles : 1. A proposta de conformación dunha fronte electoral con EU vai ser obxecto de debate en Anova. Agardo que sexa rexeitada. 2. Beiras e Martiño lanzaron mediáticamente esa proposta sen estar amparados en acordo asemblear ou organizativo nengún de Anova. Erro grave. 3. Confundir a confluencia na práctica política de combate contra a dereita e o capital coa converxencia electoral con forzas políticas de ámbito estatal é, tamén, un erro político grave. Moito máis cando, como é o caso, a maioria dos que participamos en Anova procedemos do BNG e non abandonamos o Bloque para caer en EU.
Que ben se está no BNG desde que se "autolimpou", que comodidade, que coherencia, que compañerismo,... Gusto da comprobar que se foi o lastre!
Por Concordo: En efecto os que abandonaron eran unha ínfima minoria, e o dano que estaban facendo estes catro gatos. Agora xa se ve o que querían, uns unirse á dereita caciquil e outros á rancia IU española. Que pronto pon o tempo a cada quen no seu sitio
Se Anova não retifica e volve a percurar alianças no nacionalismo, soberanismo e independentismo galegos, vai fazer águas em pouco tempo. Se Anova não abandona o reformismo no social e a cosmovissão espanhola no nacional irá para o esquecemento político em curto praço. Se fossem nacionalistas galegos estariam a mirar para alianças com forças galegas ou mesmo portuguesas, nunca com os colonizadores. Embora não seja a sua vontade consciente estão a ser funcionais para o imperialismo espanhol que massacra este pais desde há 500 anos. E também não acredito no reformismo e autonomismo do Bng mas ficariam como única oção eleitoral além das oções da esquerda independentista que não priorizam este caminho como único eficaz para a consecução da nossa liberdade.
Yolanda Díaz / XCG
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting