A pardela cincenta volve definitivamente a Galicia

A Xunta asegura que esta ave en perigo de extinción nidifica definitivamente nas Cíes gracias ó labor do Goberno.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/08/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

O Goberno galego presume que foron os seus "programas de conservación de especies en perigo de extinción" os que lograron que a ave ameazada ‘Pardela Cincenta’ (Calonectris diomedea) se instale, "de maneira definitiva" no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, din que os técnicos da Dirección de Conservación da Natureza, constataron que unha colonia de cría de pardela, unha ave similar aos pequenos albatros, que facía tres anos se atopara en Monteagudo, a maior das Illas Cíes, segue activa. Xa en 2007 se atoparon os primeiros inicios de nidificación desta especie, pero non deron os froitos esperados.

Esta especia nidifica nunha lista de lugares moi escasa na Costa Atlántica do continente europeo.

Ademais, a importancia de que as aves se instalen neste enclave tamén radica en que este tipo de paxaros amósanse extraordinariamente reacios a establecerse en lugares onde non existan outras pardelas criando. Dende a Xunta de Galicia consideran que a preservación dos exemplares, que protagonizan estes eventos de fundación de novas colonias, son moi importantes, necesarios e claves para a supervivencia da especie.

Proxecto de conservación

Precisamente, un dos obxectivos do proxecto de investigación "Ferramentas para a conservación de poboacións ameazadas de procelariformes: Procesos de colonización e agregación social da pardela cincenta (Calonectris diomedea) e o paíño europeo (Hydrobates pelagicus)", no que a Xunta está a traballar, consiste en averiguar si existe algunha característica determinada que identifique aos exemplares que se arriscan a fundar colonias.

Neste proxecto, no que participan investigadores das universidades de Santiago de Compostela e Vigo en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas, tamén se están levando a cabo probas experimentais co fin de atraer a posibles reprodutores. Esta sería a mellor das ferramentas de conservación, xa que permitiría poñer a salvo a poboación si por calquera causa puxese en perigo as súas zonas de cría.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
2

Anduriña que non voltará

Hai paxaros ben ousados. Aquí só as gaivotas e as galiñas de camisa azul teñen futuro.

1 resposta
1

Por Spanish Proud: ¡Que va tío! los córvidos y los buitres de la izquierda y el nazionlismo hace mucho que pululan por aquí. No hay más que contemplar como se pelean por la carroña de unos pocos asientos en el parlamento regional.


1

DigoEu

Será grazas "AO labor..."

1 resposta
1

Por papuxa: Ou mellor "ó labor"


Calonectris diomedea a piques de despegar/vierayclavijo.org