Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/08/2012
Mentres Twitter segue a ignorar o galego, Google prosegue coa súa estratexia de ampliar os seus servizos no noso idioma. A compañía estadounidense xa ofrece o buscador por voz en lingua galega, o cal permite aos usuarios obter resultados de busca de forma sinxela e rápida a través do teléfono na nosa lingua.
Google anunciou no seu blog a incorporación de 13 novas linguas á súa aplicación de Android que darán servizo a preto de 100 millóns de usuarios, incluídos o éuscaro e o catalán, ademais do sueco, romanés, búlgaro, húngaro, eslovaco, islandés, finés, serbio, noruegués e o portugués europeo.
Deste xeito, o galego incórporase ao grupo de 42 idiomas nos que xa se pode usar o buscador por voz de Google.
Para utilizar esta ferramenta, só hai que premer no icono do micrófono no widget de procura de Google que hai na pantalla de inicio. A aplicación tamén se pode instalar dende Google Play. O servizo está dispoñible para dispositivos que utilizan a versión 2.2 ou superior de Android.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Ola! Podedes corrixir isto: "Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC"> Colabora, para haberen moitas máis, cunha SMS coa palabra". "Precio do SMS IVA"> Prezo da SMS co IVE. "personas han recomendado esto"> persoas recomentáronche isto. "suxerencias"> suxestións. "indicando:"> e indica:. "¿Que"> Que. "para C*8 Km@ introducir"> para C*8 Km, teclea. "¡Non entendo o texto!:"> Non entendo o texto! Moitas grazas, por anticipado! Seguide así!
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting