Os voluntarios adecentan o patrimonio en Ferrol

A Batería de San Cristovo foi limpada esta fin de semana por voluntarios asesorados por Verdegaia.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 19/08/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

A primeira xornada de traballo voluntario da limpeza da Batería de San Cristovo, en Ferrol, foi longa pero agradecida. 

A xornada prolongouse dende as 9:00 horas ata as 14:00 horas do sábado. Nese tempo, os voluntarios realizaron a poda das árbores, roza da vexetación do miradoiro, así como a limpeza das escaleiras de baixada cara á Batería.
 
Vexetación autóctona
 
"Nos traballos tratamos en todo momento de ser coidados@s coa vexetación autóctona, asesorándonos previamente das especies existentes na zoa por parte de Toni, membro de Verdegaia", apuntan. Por iso, respetaron o fiuncho (Foeniculum vulgare) e o Espiño negro (Rhamnus lycioides velutinus)
 
A seguinte acción de recuperación centrarase exclusivamente na Batería. Por iso, piden ao concello de Ferrol que realice a tarefa de recollida dos restos da roza. Tamén pasaron por rexistro do Concello os gastos ocasionados en combustible e material, e que se lles expida un talón a nome da Cociña Económica de Ferrol, entidade a que queren doalo.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

Chapuzas a domicilio

Que noticia más relevante. Oh si.


1

eusi

Pois que tenham cuidado porque os PPaifocos mesmo os podem denunciar por intervençom em património público se nom foi solicitada a autorizaçom.


Escadas antes da intervención

Escadas despois da intervención