Por Galicia Confidencial | Santiago | 19/08/2012
O PSdeG sospeita que a Xunta de Galicia pagou a asistencia a un congreso en Cancún a dous altos cargos. A deputada Carme Acuña destaca que o SERGAS oculta a información sobre quen pagou e a que foron a Cancún a directora técnica do Centro de Transfusión de Galicia e a Xefa de Hematoloxía.
Acuña presentou unha pregunta oral no Parlamento para aclarar a financiación e a finalidade da polémica viaxe, pois entende que un Goberno "tan austero" non pode "financiar congresos en Cancún para os seus altos cargos".
A socialista tamén considera a posibilidade que a viaxe fose pagada polos laboratorios da industria farmacéutica. Unha posibilidade que tampouco lle parece adecuada ao PSdeG, pois pode interferir nas contratacións do SERGAS.
Segundo datos do PSdeG, as dúas altos cargos asistiron a un congreso na turística cidade mexicana este verán, pero prolongaron a súa estancia máis alá da cita profesional. A cuestión está agora en aclarar quen pagou a súa estadía.
Unha denuncia saída dende o comité de empresa do Centro de Transfusión e remitida a El País asegura que foi o Goberno quen pagou a estadía, a máis de 4.000 euros por persona.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Estes todos acabarán queimando o carné do PP para que a xente non nos vaia cazar á casa.
Por O Comisario: Si seguro, quizá acaben por facer unha lumeirada nos arredores da gasolinera de Guitiriz, pero mellor sería que aproveitaran tamén os do PSOE para facer o propio cos seus carnés
Xa veredes coma ao final vai resultar que o congreso celebrouse nunha gasolinera nas aforas de Cancún
No centro da imaxe, Inmaculada Rodríguez Calvo, directora técnica do Centro de Transfusión de Galicia, e a conselleira de Sanidade
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting