A FPG a prol da "unidade de acción" de esquerdas e pola autodeterminación

A Fronte Popular Galega explica os contactos con Esquerda Unida. O que está en xogo é algo máis cunha alianza electoral e en todo caso dependerá do que decidan as bases de ANOVA.

Por Galicia Confidencial | Cangas | 23/08/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Tras a reunión con Esquerda Unida sobre unha posíbel nova alianza das forzas de esquerda, a Fronte Popular Galega (FPG) destaca que negociará "con diferentes colectivos e forzas políticas co obxectivo de alcanzar acordos amplos para posibilitar avances no camiño dunha Galiza soberana e dos e das traballadoras". Iso si, o partido independentista incide en que "os nosos pasos vanse producir dentro do absoluto respecto e aceptación da decisión soberana que a ANOVA decida democrática e asembleariamente ao respecto dunha fronte ampla e de esquerdas". ANOVA é a nova forza constituída recentemente entre FPG, irmandiños (que marcharon do BNG liderados por Xosé Manuel Beiras) e outros militantes nacionalistas.

Ao igual que EU, ANOVA destaca que o que está en xogo é algo máis que unha simple alianza electoral de cara aos comicios galegos.  O que está en xogo é "a posibilidade do inicio dunha unidade de acción dentro dun proxecto máis amplo coas coordenadas postas na esquerda e na autodeterminación nacional".

Un pacto cunha organización de ámbito estatal, como é Esquerda Unida, vai en contra da natureza dunha forza independentista como é a FPG? O partido comunista galego argumenta que " reafirmamos a vixencia da nosa liña histórica, que sempre mantivemos, de defensa e loita pola independencia e a soberanía nacionais ligada á loita da clase obreira". "A loita de clases, se ben é internacional, nunca se dá en abstracto, dáse sempre no seo dun marco nacional concreto, no noso caso na Galiza dependente e aínda colonizada do século XXI", razoa a FPG.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

149 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 47

    Xoelho

    A teimosa actitude do BNG de non querer facer coalición con ninguén, non querer pactar con outras forzas antes das eleccións, fai sospeitar da existencia dun pacto UPG-PP para que o PP continúe gobernando Galiza.

    1 resposta
    1

    Por XanKaraLlás: A FPG a prol da "unidade de acción" de esquerdas e pola autodeterminación------------------> Aínda máis necesaria agora, para estas eleccións, cando a oposición nacionalista vai máis dividida que nunca por culpa do BNG e, sobre todo, da UPG, que sempre foi quen manda no BNG e quen levou ao nacionalismo á crise actual. Eu penso votar pola forza de esquerda nacionalista ou non nacionalista que demostre máis vontade unitaria frente á dereita e sen prexuízos sectaristas frenta a forzas como EU co pretexto para subnormais de que é unha forza "española", que non é máis ca un intento de xustificar o inxustificable, que é facer o que quere o PP.


    46

    Vítor

    Queridos bloqueiros: as eleccións non se ganan neste tipo de foros. Os votante do PP non os len.

    1 resposta
    1

    Por Rayleigh: Que me dis Vitor? Neste tipo de foros, precisamente a quen se lle da caña é o BNG. Pero claro, cando vos dan a vós, entón caedes na conta que non serven para nada e andades doentes. PEro ten clara unha cousa: o BNG está máis preto de gañar as eleccións que os choromicas de ANOVA. E si que entran. Máis que nada para ver a xentalla coma ti, dándolles munición contra ó BNG. Que Vitor? Yolandita vai dar permiso a beiras para limparlle os zapatos ou aínda está vendo se os do Partido Humanista poden aportarlle máis votos?


    45

    Patriota galego

    Un alucina co pouco grado de concencia politica, patriotismo e percepción da realidade que teñen algúns, o normal sería que apoiara unha opción pero sen ir de protagonista e os demais subordinados, por ser orgaización estatal e Galiza nación sen estado. Moi ao contrario se cren, que polo feito de ser orgaización estatal xa deben encabezar e dirixir. Por moi de esquerda que se autodefinan teñen mentatidade colonizadora españolista. EU hai tempo que renunciou a encabezar unha verdadeira esquerda, como denunciaron algúns dos seus dirixentes e limitase a puro electoralismo e recoller as migallas que vai deixandoo SOE.


    44

    Yes, you can!

    Era visto que o tempo iría poñendo a cada un no seu sitio! Beiras era un bó actor mais non era nen guionista, nen tampouco director, nen realizador, era simplemente un actor que interpretaba un papel. Cando lle faltaron os bos guionistas, realizadores, directores, en fin, cando lle faltaron os traballadores, Beiras amosouse como é realmente. Un actor fracasado. Que lle preste ao PCE!


    43

    Xanti

    Ese Beiras, non aturaba aos estalinistas da U peri si aos españois...


    42

    aaaaaaaaaag

    Sintoo polos parvos que abandonaron o BNG seguindo ao frautista de Beiras no seu viaxe a Hamelín. Menudo embarque¡¡¡


    41

    Breoghain

    O certo é que estas operações estão a desviar o foco do verdadeiro cancro que tem Galiza que é o PP. Estes patos contra-natura e as liortas subseguintes entre galegas estão a favorecer aos popularras.

    4 respostas
    1

    Por Prieto_: Está moi ben que te queixes ti das liortas.

    2

    Por Lamentáveis trolls: O troll Breoghain, que anda por todos os foros deitando a seu odio etnicista, filo-nazi e inteclassista, e fazéndo-lhe ao trabalho sujo aos autonomistas do BnUpG, agora vai "sentar a cabeça". Vaia...

    3

    Por Breoghain: Penso que é melhor argumentar e não insultar. Vejo que a deriva destesexperimento põe nervoso a mais de um que confiava no projeto. Mas deveriamos ter todos algom mais de vissão política e analisar as cousas no seu momento com um método o mais científico possível para evitar os erros. Menos samba e mais trabalhar !!

    4

    Por Breoghain: Se eu fosse um troll percuraria mudar de nick, né? Como vocé.


    40

    DANTON

    DEIXADE AO BNG TRANQUILO E SEGUIDE CO ENSAIO CIENTÍFICO. OS ESTALINISMO DEMOCRÁTICO UNÍDOS, XAMÁIS SERÁN VENCIDOS!!! hespaña o único importante!!!

    1 resposta
    1

    Por anonimo: Que dramatico! Que esaxero!


    39

    Indignado

    Teño unha idea para o BNG. O BNG debe liderar unha nova fronte de frontes, un partido AntiANOVA, que son traidores á Patria, aos traballadores, á Lei antitransfuguismo, e concentran nas súas filas toda a maldade humana (ambición, corrupción, personalismo etc. etc.). Porque ANOVA son peores xa nin digamos que o PSOE, son peores que o PP. Por iso a militancia do BNG dedica moito tempo a poñer podre a FPG pero nin sequera comenta o fallo das eólicas.______________________E ASÍ LLE VAI A ESTE PAÍS!!!


    38

    anonimo

    Zoy españó, españó, españó...! A roja no colacao e os seus danos colaterais.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • Candidatos da Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE), coalición de FPG e EU que leva funcionando en Cangas dende hai varias lexislaturas