Por Xurxo Salgado | Compostela | 02/09/2012
O Consello Político Nacional que CxG celebrou este sábado acabou con fondas divisións entre os membros desta coalición. Os ecogaleguistas, tal e como xa adiantara GC, apostaron por aceptar a proposta que Xosé Manuel Beiras lanzou este venres para crear unha gran coalición electoral que inclúa a Compromiso, Anova e EU.
Sen embargo, a maior parte dos membros de Máis Galiza e, especialmente, os militantes máis centristas e galeguistas desta fronte rexeitaron una coalición ao xeito de "Syriza" e propuxeron un pacto electoral, pero só con Anova.
Máis Galiza impónse
Segundo as fontes do Consello Político consultadas por GC, finalmente, impúxose a decisión de Máis Galiza. Con todo, a proposta dos ecogaleguistas contou co apoio de independentes de esquerdas e mesmo con algún membro do PNG-PG. O grupo liderado por Xoan Hermida e Manuel Dios analizará nos vindeiros días novas alternativas.
Así, a proposta da Comisión Executiva Nacional a respecto da coalición electoral ofertada á Anova Irmandade Nacionalista foi “nidiamente galega e progresista”. Báscuas apostou por respostas “audaces”, que permitan unha alternativa "realista" ao Partido Popular á vez que posibilitar “un proxecto político propio de longo percorrido coa aspiración de gobernar este País”. Con todo, a proposta de coalición só foi para Anova, non para EU.
Programa de mínimos
En todo caso, Bascuas insistiu na necesidade dun programa de mínimos de defensa “do autogoberno, do Estado de Benestar e da democracia con propostas realistas e axuden a mellorar a calidade de vida da cidadanía nunha época marcada polo recurte de dereitos”. Do mesmo xeito, e a pesar das datas marcadas polo adianto electoral, Báscuas afirmou que o proceso de elección de candidatos e candidatas, a Convención Nacional de Eleccións Primarias”, “vai para adiante, porque ese foi o noso compromiso e non só falamos doutras formas de facer política, se non tamén as aplicamos”. Un proceso que se concretará o vindeiro 9 de setembro.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
eu penso votar a CxG polo menos sabem situar a Galiza no Mapamundi
Por O Príncipe dos Mouros: Iso foi un chiste? "Pero non só no eido económico e social a UE non está xogando o papel que debería xogar, senón que tamén no campo da política exterior está xogando un papel ao servizo dos intereses xeo-estratéxicos dos EEUU, o que fai que non teña un posicionamento propio, chegando mesmo á vergoñosa situación de mirar cara outro lado cando os dereitos de pobos como o palestino ou o saharaui son gravemente violentados." Galicia está na Otan e os intereses de EEUU son os nosos tamén. Eu penso que deberían voltar para o BNG, porque estes de sociademócratas non teñen nada.
Ecogaleguistas...quen son esta banda? Cántos son? Qué pintan aí se están mais próximos a Beiras?.....
Hai demasiado deputado frustrado,nese sector todos tedes vocación de canditados aínda sabendo que o escano é un todo remoto. Polo ver, esta é a Galicia de Liliput e vós uns liliputienses que cos vosos desencontros facedes que aumentar o xigantismo do Gulliver Feijóo. E o día 22 O, que nos ides a contar?
Persoalmente, non podía crer (e sigo sen crerme) que xentes como os ecogalegistas e algúns máis que neste momento están (aínda) en CxG puidesen sentirse cómodos indo do brazo dos personaxes que se están a subir pola dereita (pequenos taifas locais provenientes da dereitona máis rancia e trasnoitada dispostos a venderse ao mellor ofertante por un anaco de pastel). Creo que están a tempo de baixarse do barco equivocado e navegar xunto aos que deberían de navegar desde o principio, cada uns coas súas características, pero remando xuntos na mesma dirección (pero isto tan só é un desexo deste pobre opinador).
Equivocouse Beiras cando fixo aquela chamada tan ousada a todoa a cidadanía para conformar unha fronte ampla contra a dereita? É dificil sabelo. O que si podemos preguntarnos é que se os problemas de Beiras estaban dentro do BNG coas forzas que quedaron por que non decidiu organizar aos que sairon que xa tiñan prácticas de convivencia dentro do BNG? Ese foi, cecais, o seu maior erro.Os escindidos do BNG nunha única opción estarian agora en condicións de dar respostas a Feijóo. Deste xeito, meteronlle o pau no avispeiro e xa non hai maneira de tranquilizar o enxame.
Veña, veña, cada un polo seu lado, e os peporros aplaudindo coas orellas. Despois do 21Ou con botar a culpa aos "outros" todo amañado e cada quen na súa leira das esencias.
Non entendo tanto problema: se non lles fan caso (aos ecosocialistas) que se vaian con EU e sorte amiguiños!!!
Presentación de Compromiso x Galicia en Santiago
Consello Político de Compromiso por Galicia (CxG)
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting