Hai que sinalalos

O día 21 de outubro, Galicia elixe representantes parlamentarios. O resultado obtido nos comicios lexitimará ou castigará a acción dos populares nas institucións: dende os concellos pequenos, que debaten sobre as súas competencias, autonomía e validez, ata as grandes decisións de Estado, como a de dobrar o xeonllo ante o Bundesbank.

Por Óscar de la Parte | A Coruña | 11/09/2012

  • versión para imprimir

 

Nas nosas mans está a posibilidade de parar os pés aos ideólogos deste novo estilo de vida que mudou, dende o modus vivendi ata o vamus tirandi que dicía Baroja. O día 21 de outubro, dado que podemos elixir non temos dereito a equivocarnos. Xogámonos moito.
 
Máis alá das siglas que lle poñamos á esquerda galega, todos temos un inimigo común, que se mostra insensible aos debates parlamentarios e - o que é aínda peor - ás voces que chegan dende a rúa. Os motivos para acudir a votar á esquerda son moitos: defensa da sanidade universal, da educación pública, do Estado do Benestar; pero todos se concretan nun: parar á dereita post electoral.
 
Para confluír nunha opción de goberno que desaloxe á caverna de San Caetano, o primeiro que hai que facer é identificar ao contrario. E si, hai inimigo e temos que sinalalo. Seguindo a lóxica schmittiana de amigo - inimigo, debemos unir esforzos na campaña para centrarnos no oposto común a toda a socialdemocracia. O inimigo ten nome e apelidos. Chámase NovaGalicia Banco e chámase José Luis Méndez e Julio Fernández Gayoso. Chámase Deputación de Ourense e chámase José Luis Baltar e Manuel Baltar. Chámase Jesús Vázquez e chámase Consellería de Educación que aplaude as "valentes" medidas Mariano Rajoy, que acernan o futuro do país ao concibir a educación como un custo. Chámase ABC, La Razón e La Voz de Galicia e o seu intento de atar as mans á democracia polo cara que resulta. Chámase Merkel, Sarkozy e Draghi e chámase neoliberalismo. Chámase Ruiz Gallardón, Wert, Cospedal e Esperanza Aguirre e chámase privatización dos servizos públicos. E ante todo, chámase Rajoy e, que a ninguén se lle esqueza, chámase Feijóo.
 
A esquerda parlamentaria a de chamar á cidadanía ás urnas pedíndolles o voto sen complexos por actuacións pasadas. Aí están e son a alternativa real. Hai que expoñelos que votar a #MarianoFeijóo é lexitimar este cambio de sistema. Non se trata de recortes, de fractura do euro, nin da manida crise - ou polo menos, non só -. Trátase dun modelo ideolóxico economicista que converxe no nome de neoliberalismo. Recortar os servizos sociais non é austeridade, é retirar a iniciativa pública para deixar espazo á iniciativa privada. Non é de estrañar que as únicas empresas que se crearon a centos en Galicia sexan as relacionadas coa sanidade privada e os concertos de servizos suplementarios.
 
O día 21 temos que elixir que queremos e non poderemos fallar. Co pretexto da austeridade e da crise entraron na túa casa, roubáronche o que era teu, notaches un lixeiro proído nalgunhas partes do teu corpo e enriba dixéronche que é pola túa culpa, que viviches por enriba das túas posibilidades ao ter un fogar e un traballo. Feijóo faranos promesas, daranos barcos e diranos que el non é tan malo como os seus colegas. Daranos un contrato para que vexamos que non nos engana, que esta vez vai en serio. Que el non é Rajoy, que el é un gran xestor en tempo de crise capaz de facer máis con menos. Non, agora xa non pode traizoarnos pois sabemos que o raposo ten pel de cordeiro. Xogámonos moito. Imos deixar ao raposo coidar de nosas - escuálidas - galiñas?

Óscar de la Parte




Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

13 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 12

    Pastelao

    Isso, isso, a sinalá-los, como fazem os teus amigos de Bildu em Euskadi. E uma vez sinalados no centro da diana, já se sabe. Joder com a linguagem fascista que utilizam alguns...

    1 resposta
    1

    Por Boris Vian: Pastelao, tes un problema moi gordo. Chamase ser ignorante.


    11

    eusi

    Do teu nome eu agacharia o apelido, e do curriculo corrixiria o lugar de nacemento e o dos estudos, pois por aquí haiche moito cromañón e decontado che van espetar na cara que non es galego e que non sabes nada do que aquí pasa, e enriba que non tes dereito de falar... (pacos zarzuelas, guillados vazquez, etc)


    10

    Vieiras Torradas

    Só hai unha esquerda galega e chámase Bloque Nacionalista Galego.


    9

    Eva M

    Moi acertada a análise de De la Parte. En xeral, gústame bastante a súa visión política. Feijóo, coa auréola de bo xestor esta desmontando as trazas de estado social.


    8

    Boris Vian

    Feijóo é o mesmo can que Fraga. Como quede cos servizos públicos deixan aos galegos sin sanidade, educación...deixanos en pelotas


    7

    Pardo de Cela

    Existem 2 opções: -BNG -CxG O RESTO É VOTO A ESPANHA! NOM HÁ MAIS CERA CA QUE ARDE!


    6

    estorniño

    Xa andan por eiquí os cans do PP a rebentar os foros, non? QUE VOS DEAN!


    5

    O Príncipe dos Mouros

    E ti, con esa biografía que tes, considéraste raposo ou galiña?


    4

    Beneb

    Na miña opinión, non deberiamos usar esa "lóxica schmittiana de amigo - inimigo" que, por certo, non sei de que vai, na política. Aquí témolo sangue quente demais e antecedentes escuros. En todo caso, sempre deberían ser adversarios, nada máis. O de inimigos, levaríanos a cuestionar o concepto mesmo de liberdade e democracia, que sendo tan nova e fráxil, eu mimaría moito. Penso que os inimigos reais son a desinformación, o engano, a falta de educación, incapacidade de análise, as ideas preconcibidas, a chulería, o caciquismo...... o autoodio, non importa ó servizo de quen. Eu asinaría agora mesmo ter unha conta con 7 cifras, e ter un Feijoo coidando de min, e só por iso, non querería ser inimigo de ninguén ;)


    3

    Claus.

    Paréceme que De la Parte non votará o PP o 21.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Óscar de la Parte

    Nado en Madrid en 1985, cursei os meus estudos superiores na Universidade Complutense de Madrid, obtendo licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración en 2009, onde me especializo como analista político. En setembro dese mesmo ano trasládome a vivir a Lugo. En 2010 comezo a traballar a empresa farmacéutica Nupel, onde, despois de ser elixido membro negociador do ERE, saio por liquidación da empresa en 2011. Durante dito ano, escribo artigos nalgún medio dixital de xeito discontinuo. Actualmente, traballo en asesoramento político e colaboro en diversos blogs de política e comunicación.