Anova denuncia o "secuestro" dos independentistas galegos

A formación considera que as detencións responden a "obxectivos marcadamente políticos e electoralistas".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/09/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Anova-Irmandade Nacionalista Compostela expresou a súa solidariedade cos detidos en Vigo vinculados coa organización independentista Resistencia Galega e denunciou hoxe o seu "secuestro" por parte do Estado español.

A formación política cualifica como "circo mediático" estas actuacións e considera que só contribúen a "profundar na estigmatización destes cidadáns e a súa contorna".

A asemblea comarcal compostelá ve unha clara intención de "reforzar a posición electoral do PP" con estas detencións, a só un mes das eleccións autonómicas. Segundo Anova, estas actuacións policiais e xudiciais responden a "obxectivos marcadamente políticos e electoralistas".

Os membros de Anova consideran que o Estado español "vulnerou os dereitos fundamentais e as garantías penais mínimas" dos detidos, incluíndo o dereito de comunicación e a asistencia letrada.

Anova Compostela tamén denuncia que o maxistrado da Audiencia Nacional Pablo Ruz ordenou prisión preventiva sen xuízo previo para os apresados e critica que se estableceu como foro xurisdiccional un "tribunal político".

 A asemblea comarcal compostelá de Anova considera que a Audiencia Nacional está a "crear un estado de alarma" na sociedade e a argallar "montaxes de distracción social".

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

65 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 27

    elena

    Eu ía-me abster coma o levo facendo muítos anos, pero com este gesto da Anova vou baixar a votar este ano... QUE VOLTEM A CASA!!!!

    7 respostas
    1

    Por Randufe: Eu tamén!

    2

    Por Ex-Irmandiño: Eu por este xesto, que tamén me ía abster, ante tanta atomización do nacionalismo votarei BNG, cando menos é o voto máis serio.

    3

    Por Hermerico: Di que sim, ti com Ana Paspom, que o que quer "é que haja actuaçons policiais". Eis o nacionalismo sério

    4

    Por elena: A seriedade do BNG pasa por pedir a pressunçom de inocencia para o alcaide de ourense a toda costa e para os 4 rapazes nada de nada isso é o que há....

    5

    Por Virgilio Coton: Ciertooo!!!! El BNG va de comunista y radical...luego le gusta moqueta como el qué mas. Destapada queda su vida infeliz y contradictoria. No le voteis.

    7

    Por cegos: >Ex-Irmandiño...vota utíl vota PSOE


    26

    Evaristo García

    Parabéns a Anova...por fim uma organizaçao combatente e dicendo as verdades. In, Inde...Independenciaaa!!!!


    25

    anovo

    Anova non!! 4 pringados que van por libre!!


    24

    mk__

    Eu comparo este comunicado coas declaracións de certo ex-vice-presidente da Xunta e a sua organización política hai uns 7 anos, onde os detidos foron absoltos. Para quen non as teñan fresquiñas: http://webdev-xornal.openhost.es/ar...

    1 resposta
    1

    Por Hermerico: O do iate de Jacinto Rey, é que o nacionalismo sério é assim...


    23

    Ex-Irmandiño

    Agora xa entendo a política de Abaixo cara Arriba, Compostela fai un comunicado, A Mariña outro, etc e os de Arriba outro.

    1 resposta
    1

    Por Indignada: Mellor sería facer como Compromiso cos cartiños, o comunicado fano o Consello Nacional, é dicir, Bascuas, Cuiña and CIA, publícase ao día seguinte sen consultar as bases, e punto. Ou mesmo o Consello Nacional vota se ten que consultar ás bases ou non, como fixo coa decisión de formar unha fronte. Hai que joderse!


    22

    Xurxo

    Ben por Anova! O Estado é o primeiro que non cumple coa lei.


    21

    petardosnon

    O que non pode ser tampouco é que algúns comarcais sexan tan inocentes que lles estean facendo o xogo ao PP e os seus medios de manipulación (La Coz, El Correo, etc.) con estes comunicados que van ser usados para ligar a Anova co "terrorismo". Dende logo, hai que ser cortiños a estas alturas.

    2 respostas
    1

    Por comento: subscribo 100%. curtos é pouco.... os ghichos eses de MpB teñen tanto interese en facer política de esquerda en clave nacionalista en GZ como eu de ir á misa de 10 da parroquia de cadc aund e vós... xentiña....

    2

    Por Hermerico: Isso, há que tragar com o que seja, se protestas contra o regime "fas-lhe o jogo" e os parvinhos já nom te votam.


    20

    Perico Pallotti

    Gracias aos compañeiros que nos aclaran que Beiras, ademáis de españolista, é da ETA.

    1 resposta
    1

    Por eusi: Pero eses non se lembran que os detidos do PPsoe chámanlles "socios preferentes"... coma as accións da NGB


    19

    independentista

    É bastamte estranho que seja umha assembleia comarcal quem tire um comunicado sobre umha temática nacional. Provavelmente deva-se a que a organizaçom nacional, controlada polo EI-FPG, nom estava pola labor de publicar nada deste tipo.

    1 resposta
    1

    Por Hermerico: Provavelmente, seguramente, com certeza


    18

    Cuerpos y Fuerzas de Seguridad

    Nom sei a que vem tanto lio: as detenções som parte da campanha pré-eleitoral que desenvolvemos na Galiza antes de cada eleiçom .. e agora já sairom os palanganeiros a fazer-nos o resto do trabalho. Logo: "El operativo progresa según lo previsto, mi coronel"


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • Xosé Manuel Beiras ao final da Asemblea do nacemento de Anova