Por Galicia Confidencial | Ourense | 21/09/2012
En maio de 2011 era a Operación Campeón a que se metía de cheo na campaña electoral das municipais. Uns meses antes era a Operación Orquesta. Ambas as dúas afectaron a destacados alcaldes, deputados e políticos das tres forzas parlamentarias. Ano e medio despois, e ás portas dunhas novas eleccións, un novo operativo volve reventar a campaña electoral.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Hai xa moitos anos, as intromisións na independenza do poder xudicial forman parte da lista de teimas que algúns --case que sempre os mesmos-- poñen enriba da taboa da actualidade, e case que sempre o fan con intencións moi concretas. Hai xa moitos anos, aínda que a modiño, aumenta o número de cidadáns que optamos por rir, ou ben sorir, diante desas campañas nas que se está falar ou escrever dos xuíces e dos maxistrados como se foran bispos, ayatolás ou comisarios dun poder xudicial alleo á Terra. ¿Cando deixarán algúns --sexan poucos ou moitos-- xuíces e maxistrados de "rebentar" a vida e o debate político dos cidadáns e das institucións dos poderes lexistivos e executivos do Estado español?
Por Sentus: Pois dixaran de facer mofa da Xustiza, cando haxa un xeito de supervisalos, como xa hay nalguns estados americanos. Consta dun xurado "Lego" que revisa os erros, abusos, etc. feitos polos xuizes. Estes xurados legos estan compostos de expertos nos diferentes temas da sociedade.
Por Eleccións xudiciais XA: Esta é outra das asignaturas pendentes. É incríbel que habendo unha división de poderes, que emanan da soberanía popular, haxa un deles -tan esencial coma o xudicial, que é a aplicación concreta e real das leis- que estea en mans dun grupillo, dunha casta, que o detentan de forma vitalicia e non dan conta diante de ninguén. ¿Alguén cre que os xuíces e maxistrados no día a día non aplican a súa ideoloxía?. Tal e coma está o sistema de selección de xuíces unha vez no posto están por riba do ben e do mal e a lei acaba dicindo o que o maxistrado de turno quere que diga. Hai que ir a un sistema de selección de xuíces controlado polo pobo. Se somos maiores de idade para determinar quen nos goberna e que leis se fan, tamén o somos para determinar quen as aplica. Xa está ben de que un dos poderes estea á marxe da nosa soberanía. Eu aposto por un sistema de selección xudicial que faga que respondan ante a cidadanía.
Pregunta: a presunción de inocencia non vale tamén para os mozos detidos preventivamente o fin de semana pasado? Ou só é para os polítiquillos profesionais? http://cronicasindepes.blogspot.com...
Por Merlo: E quen lles nega a presunzón de inocencia aos de Resistencia Galega?
Por mk__: comezando por ti mesmo, Merlo. Cando xa os calificas coma membros de Resistencia Galega, cando hai duas sentenzas firmes de que esa organización só existe na mente das Forzas Policiais. Pero é o que ten, mirar con orelleiras...
o psoe pode decir que è inoportuno , pero de inoportno nada. Grazas señora xuiz, deberia de meter no càrcere a metade dos politicos que nos levaron a esta situacion,xogando cos nosos cartos encheron os bandullos dos seus amiguiños e agora rin de nòs.Todos à carcere. Viva Islandia.
Por Lancelot: Iso. Que empecen cos baltares e cos Feijoos. Ou as xuntanzas con Dorribo non merecen inveatigarse. Onde estan a luz e os taquigrafos?
No tenéis ni idea, rojos. Os puedo asegurar que todo lo de ayer no le ha hecho ninguna gracia ni a Alberto ni a Alfonso. Ayer era el día en que nuestro aparato mediático tenía que vender la moto de las dos pirag.., quiero decir plataformas-hoteles-flotantes producto de la magnífica gestión realizada por Alberto en Mexico, y que gracias a ella tres generaciones de gallegos podrá trabajar en el sector naval. Pero claro, salió esta juezucha y nos chafó el plan deteniendo a Uno De Los Nuestros, justo cuando ya le habíamos dado los billetes para que se escondiera en Sudamerica. ¡Qué mala suerte!
Por Dombate: Ja,ja,ja....o das pirag... e o das tres generaciones estiveron moi ben. Non paro de rir a cachón contigo Black. Es moi divertido....Ji,ji,ji....
Bueno, moita leria porque resulta que é un alcalde do PSOE, pero se fose un do PP estariamos todos aqui poñendoos a feder e reclamando que deixara o cargo ata Feijoo... A xa non nos acordamos dos comentarios e declaracións públicas que se fixeron no caso Conde Roa ou do Alcalde de Portas. Non podemos ter distintas varas de medir. Se a xustiza actúa, sera para todos por igual, e se ao final non hai imputacións, compriria abrirlle un expediente disciplinario a xueza.
Por 2929: O do alcalde de Boqueixón ao mellor é un chivo expiatorio. Cobra dous mil e pico euros, din que non é interesado e que axuda á xente todo o que pode. De feito leva 30 anos e con maioría absoluta
Por todoenorde: O alcalde de Boqueixón é un muyaidin do PP. Inmólase polo partido, pero despois, na outra vida (cando deixe a alcaldía), xa llo recompensarán.
Non entendo que pinta o BNG de avogado defensor duns presuntos corruptos do PPSOE. Así é que a cidadanía rexeita á clase política. Pérez Bouza ten razón: que dimitan para poder preparar a súa defensa e demostrar a súa inocencia.
Por Viuva de Varela: É que ao mellor podían sair salpicados e poñen a venda antes da ferida, que o 3% cando se forma parte dun goberno de coalición, se divide entre coaligados.-
Por Ti mesmo: Porque talvez o tio que está na cadea sexa inocente? Poderia ser por iso, igual? A miseria mental chega a uns niveis que todo vale? Parece que si. É o que ten a escola de Beiras, todo insultar e descualificar.
Por Eu mesmo: Camps, Urdangarín, Conde Roa, Matas, Félix Millet, Bono, etc.Insisto, por ética que dimitan todos, e logo si son inocentes que volvan a política si queren. Pero, qué pinta o BNG defendendo a uns e os outros?
Por Ti mesmo: Que ten que ver toda esa xente? Ten algo que ver Jack D. Ripper co Xeneral Custer, aparte da patoloxia? Será porque o BNG ten gobernado co señor alcalde de Ourense e non con toda esa xente que citas? Falar con determinada xente é unha perda de tempo. Creme, hai terapias mellores.
Por outro máis: Tamén pode ser por interese do aparato do BNG, por ter pacto e/ou negocio en Ourense e por estar acariñando un novo pacto e/ou negocio na Xunta co PSOE, e a xuiza meteuse por medio... A postura do BNG pode ser moi interesada, tanto como a do PP ou a da xuiza, cando menos como explicación. Xa é tempo que se aclare a cloaca de Lugo e as relacións cos partidos (PSOE, PP e BNG, de todos hai imputados) ou se depure o traballo das xuices estrela.
Por Ti mesmo: Eu falo de feitos, non se suposicións bastardas sen a menor proba coma ti. Parece de coña falar dun partido que practicamente non ten nen responsabilidades institucionais cando hai outro que é unha verdadera mafia e está en todas partes, mesmo nos poucos sitios onde non goberna. Pasar isto por alto ou é de imbéciles ou é de xente con intereses concordantes coa mafia.
Por outro máis: Home, probas ou feitos teráas a xuiz, supoño, por iso está actuando ou asumirá a súa responsabilidade. Por iso eu, tamén Ti mesmo, falamos de suposicións. O da "verdade" é moi relativa, que no PP e no PSOE cocen fabas xa o sabemos, que do BNG sairon imputados como os Blancos, Bazarras, Salustianos... todos arredor de Dorribo, enlazado co Carioca, e daquí veñen estas actuacións. Logo xa veremos, de momento moitas reservas, cautela e máis humildade (a que vos falta aos militantes fervoroso do BNG, cando agora xa sabemos que non sodes inmaculados).
Artigo de Duarte Correa, interesante: http://www.sermosgaliza.com/opinion...
Por Black Crow: Bah, un artículo ridículo que se limita a utilizar torpemente la 5ª estrategia de manipulación mediática de Chomsky : " Dirigirse al público como criaturas de poca edad". Nosotros tenemos en FAES a 50 becarios que lo hubiesen hecho mucho mejor.
Por certo, solicito formalmente á xuíza Pilar de Lara Cifuentes que inicie a OPERACIÓN EULÉN e deteña ao sr. Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, en réxime de incomunicación, por darlle a dedo a esta empresa (EULÉN), da que é alta executiva a súa irmá, numerosos contratos da Xunta "partidos" ilegalmente para evitar o concurso público. ISTO FEDE A PODRE!
La Coz debería abrir a portada con esta nova: La excelentisma señora jueza, reputada miembro del Opus Dei, De Lara Cifuentes, esposa del miembro del PP de Lugo Roberto Menéndez Mato, realiza la operación "Po ke Non (Cargarnos al PSOE?) y así Frijol revalida la mayoría absoluta". Din de algúns países africanos que son "estados fallidos" pola falta de organización interna, democracia e leis civís. O Estado español, día a día, camiño do "Estado fodido". Pokenon recoñecelo?
Por espanto: Se nota que ti non ves o programa Vía V, cociñado polo PSOE para ridiculizar ao PP.
Por P. Garcia: ¡Carallo!, ¿Vía V cociñado polo PSOE para ridiculizar ao PP?... A imaxoinación vai camiño de ser a industria do futuro de Galicia.
Por espanto: É como o Gato pero ao revés. Usan a un de dereitas para que faga de tonto.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting