Pecha a edición galega de El País

Diarios en español e cunha liña editorial próxima á dereita. Así de reducida será a oferta nos quioscos galegos tras o próximo peche de El País Galicia, anunciado en plena precampaña. Fontes próximas aos asalariados indican a GC que pode haber un conflito laboral.

Por Walter Burns | Santiago | 29/09/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Os malos augurios confirmáronse hoxe. El País pechará a súa edición na autonomía, que de oito páxinas, máis un sumplemento o venres, ficará reducida a dúas páxinas. Así o confirmaron varios asalariados e colaboradores do diario do Grupo Prisa hoxe nas redes sociais.

Fontes próximas aos asalariados de Galicia consultadas este sábado por GC critican as formas e o fondo da decisión. Os traballadores non saben aínda que vai ser deles, só que se vai reducir os contidos, pero prevén que pode haber un conflito laboral. Tamén temen que El País aposte máis por información máis 'lixeira' (espectáculos, etc.) no canto de investir no modelo de xornal referente na configuración da opinión pública que dende hai catro décadas marca o carácter do diario.

A case desaparición de El País Galicia e El País Euskadi en formato papel sorprende polo momento, pois estamos en plena precampaña electoral nas dúas autonomías. Con todo, cómpre ter en conta que o peche da edición galega era algo que, como informou GC no seu momento, levaba meses a considerarse na dirección de Prisa.

Os novos donos de Prisa queren vender o grupo en anacos

O grupo editorial pasa por unha moi mala situación económica e, segundo relata El Plural, hai continuos rumores de venta en anacos e enfrontamentos internos na cúpula directiva polos continuos despedimentos. O plan pasaría por despedir a boa parte do cadro de persoal para facer así máis atractiva a venda en partes de Prisa.

O histórico grupo de comunicación hai anos que xa non está controlado pola familia Polanco. Ante os malos resultados económicos, primeiro tivo que ceder pode ao grupo de investidores dos EE.UU. Liberty e este verán aos grupo de grandes corporacións españolas, entre as que están Santander, Caixabank, HSBC e Bankia. Os dos novos actores parecen máis interesados en sacarlle beneficio á venda de Prisa que en manter un grupo mediático deficitario e tradicionalmente próximo ao PSOE.

A prensa en papel perde anunciantes e lectores a un ritmo enorme

Ademais de factores políticos, é evidente que todo o sector da prensa en papel pasa por unha caída de lectores e de anunciantes.  El País perdeu máis dun 22% de ingresos publicitarios no que vai de 2012, segundo datos da patronal AEDE. Este importante retroceso chega ademais despois de varios anos facturando menos. A facturación da publicidade no conxunto do sector dos diarios caeu un 18,5% este ano.

A nivel de vendas de exemplares a caída é do 9% para o sector no primeiro semestre, mentres que El País caeu un 13%. El País Galicia nunca publicou datos sobre as súas vendas, pero é evidente que a edición lograra converterse no último lustro no principal referente dos diarios cunha liña editorial próxima á esquerda en Galicia. A autonomía quedará agora sen ningún diario en papel cunha liña editorial máis ou menos progresista.

O galego subsite só na prensa na Rede

Aínda que El País obrigaba a publicar todos os textos informativos e de opinión en español, coa desaparición da edición pérdese tamén, salvo sorpresa, o suplemento cultural Luces, un dos últimos refuxios do galego na prensa diaria.

No que vai de lexislatura morreron, cando menos, as seguintes cabeceiras dixitais e impresas na lingua propia: Vieiros, A Nosa Terra, Gznación, A Peneira e Galicia Hoxe. Polo contrario, ningún diario en español pechou.

O equipo de GC quere expresar a súa solidariedade coa ducia de asalariados e colaboradores de El País Galicia nestes difíciles momentos. Virán tempos mellores.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

73 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 38

    LUubQVFqAZSrOyenOe

    Your answer lifts the intellignece of the debate.


    37

    Aquí ando 4

    Solo hay que decir, que en las últimas semanas, que no podía triturar papeles, no era feliz... en el Carrefour subieron de precio las trituradoras.... cuanto Pokemon y que pocos Picachuss.... los redactores del país, la voz, ourense diario, el correo.. tienen familias, e hijos que alimentar... lástima que los gestores de pacotilla (paco + cotilla), no sepan gestionar.. solo les deseo que sus hijos no se encuentren a nadie como ellos en su vida laboral... sería una pena si seguimos fabricando gente como esta...


    36

    Aquí ando 3

    Es que no sabeis que La Región no se mantiene abierta por sus escelentes gestores?.. son muy buenos chupando subvenciones de dinero público, pero nada más. Ahora que Feijóo no suelta la gallina, a despedir a empleados, recortar, y explotar a los que quedan. Y a darle caña a quien te pagó mucho durante unos años. La venta de periódicos nunca fue la salvación, pero y cuando se tiraban los periódicos y se contabilizaban igual para la subvención.. vamos... que lo hacen todos....solo hace falta imprimir más... es como el dinero del banco central.. tu imprime... y luego reparte....


    35

    Aquí ando 2

    La operación Pokemon no tocó a La Región, a pesar de que hay varios pokemon...que verguenza... y siguen cobrando subvenciones... pero bueno ¿no había crisis?.. ¿no había dinero?.. pues sigue entrando, aunque algunos no lo vean; y si deja de entrar... caña a Feijóo.. que verguenza....


    34

    Aquí ando...

    Algo pasa también en La Región de Ourense, caida de sueldos, tres eres, uno encubierto..y lo bueno es que da beneficios, eso es lo más triste. Si ha caido la publicidad, pero seguimos dando beneficios, reconocido por sus gestores, pero aún así no saben gestionar los beneficios; ya solo falta el derecho de pernada, todo se andará..


    33

    Carballeira

    Creo que no habéis entendido nada. Que no es una cuestión de que sea en gallego o en francés, ni si es por que solo va ha quedar prensa de derechas. Que no, que no. Que no hay un pu.. duro para seguir manteniendo periódicos que no son rentables y la gente cobra de lo que se genera en publicidad. La venta del ejemplar no paga ni su impresión ni su distribución. El querer buscar razones políticas es argumento que no se sostiene. Si fuese así. ¿Porqué cerro la edición digital de elmundo.es Galicia? Precisamente en esa redacción, no trabajaban periodistas de la derechona más rancia. ¿Verdad Xurxo? Di algo coñ...


    32

    País...

    Pero bueno vamos a ver. ¿De quién estamos hablando? El Pais Galicia es un fraude con dinero público que pagamos todos. ¿Y quién se beneficia? Los negociantes de siempre. Pero sabemos quienes entraron ahí y por qué. Por ejemplo, el hijo de Fernando Salgado entró cuando éste era jefe de medios de Touriño a cambio de otras prebendas y tras dura negociación. Porque aquí, hasta los puestos en la privada los pagan los cargos públicos a cuenta nuestra.


    31

    observador

    Pechará probablemente esta semana. Nen sequera cubrirá as eleccións galegas, nen sequera pode agardar 15 días á campaña das galegas¡¡¡¡. A que lles soa isto nunha república bananeira como é España?. Pois soa a que o grupo El Pais pode acceder a financiación para sosterse si.... Xa non en Galicia, en España nuns anos só quedarán os medios de dereitas co seu nodo, non haberá ningún tipo de información crítica do poder. Voltaremos ó franquismo, Franco, era tan bueno...

    2 respostas
    1

    Por observador: Agardemos alomenos a que non fagan desaparecer a edición de El Pais Galicia da internet, e a que se algunha vez buscamos información tamén apareza o publicado por eles. Non coma Xornal de Galicia, do que non queda nin a memoria na rede. Os do PP téñeno claro, ou eles ou nada, ou PP ou exterminio. Esa é a opción...

    2

    Por Autonomia: Que en palancas descanse. Alguns diziam que o PSOE lhe regalara Galiza ao PP para evitar que se converte-se noutra Catalunha. Mejor una España fach@ que rota ;-) Bom, como o PP lhe regalou o País Basco ao PSOE. Felizmente, na Internet podemos encontrar quase toda a informação que precisamos e não temos falta de mais NO-DOs do PP$O€ como El Pis ou Radio Mearía.


    30

    Gracias a Zapatero.

    Tantos años viviendo del pesebre del PSOE... Darle las gracias al amiguito Zapatero, que nos metía en la poza mas profunda y vosotros le aplaudíais y decíais que era un estadista, un figura...eso si, el mientras se compra un chalet en la zona más pija de Madrid (Aravaca) por valor de casi un millón de euros. Con la que esta cayendo, menudo hijo p. Todavía queda Caballero en Vigo, pero esta muy ocupado financiando al Fora de Vigo, para que no lo pongan en la puñetera calle como le hicieron a Ventura Pérez Mariño, cuando dijo que el Concello de Vigo no era una agencia de publicidad al difunto Fernando Fernández (Administrador en ese momento). Así duro, lo que duro en el Concello. ¡¡¡¡Hay inocentes, que no os enteráis de que va este mundillo de la prensa local!!!

    1 resposta
    1

    Por Ronsel: E os cartos que se entregan a "La Voz" e "El Correo Gallego" que?????


    29

    Carballeira

    La situación actual de la publicidad, es la que es y no hay ingresos. Siendo más claros, este periódico, abrió sus puertas en Galicia cuando gano Touriño las elecciones y les financiaron a 800.000 € al año más publicidad institucional. Ahhh que no lo sabíais, pues consultar los datos en el archivo de la Secretaria Xeral de Medios de la época del Señor Salgado. Lo raro es que todavía siguiese abierta la edición, ya que su situación actual era insostenible. Me hace gracias ver los comentarios de la gente que no se entera de como funciona este mundillo de la prensa, argumentando que si son de izquierdas, que si son "libres", que si ya no queda libertad de prensa. Chorradas. Por que nadie se pregunta, porque no abrieron antes una edición Gallega. Lo de ser de izquierdas, es solo maquillaje. Lo siento por la gente que se queda sin trabajo en estos momentos.

    1 resposta
    1

    Por Ronsel: E os cartos que se entregan a "La Voz" e "El Correo Gallego" que?????


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • Redaccion central de El País en Madrid

    Xosé Hermida, delegado de El País en Galicia, nunha imaxe de elpais.es