A web que Feijóo nunca desexou

Aos responsábeis da campaña do PPdeG en Internet escapóuselles o dominio feijoo2012.com, que rexistrou Antonio Sangiao para denunciar as "mentiras" e "desfeitas" do presidente da Xunta.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/09/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Un golpe de efecto na rede. A páxina web Feijoo 2012 posiciónase en Internet para denunciar ao home que "se autoproclamou como abandeirado das políticas de austeridade do Partido Popular que agora está a practicar o seu aliado e compañeiro político Mariano Rajoy e que só están a derivar en recurtes sociais e na destrución masiva de emprego", denuncia a páxina.

Segundo os datos que ofrecen whois.domaintools.com e www.whois.net, o rexistro da páxina web fíxose, por un ano, o 21 de maio pasado a nome de Antonio Sangiao Novo, director de Pasquino Comunicación e ex-director de Xornal.com. Ademais, Sangiao fíxose cun dominio de gran cualidade como é feijoo2012.com, o que, sen dúbida, cuestiona a planificación, labor e previsións dos responsábeis da campaña de Núñez Feijóo na rede. 

A web, que leva por título "A verdade sobre o Goberno do PPdeG", denuncia unha serie de promesas incumpridas, segundo a páxina, como a solución ao problema do paro, os contratos con PEMEX, a sanidade, a lei de dependencia, as axudas a pais e nais, o medio ambiente, a redución dos impostos e do número de asesores ou o fortalecemento da economía. Así, até catorce áreas temáticas nas que se denuncian "as mentiras" de Feijóo.

Quen vén sendo Feijóo?

A web adica unha páxina a explicar quen é Alberto Núñez Feijóo, dividida en dous apartados: o primeiro, co título "Unha xestión nefasta", é unha cronoloxía interactiva na que se recollen algunhas das decisións e feitos máis negativos da xestión de Feijóo na Presidencia da Xunta; o segundo apartado, titulado "21 anos trepando na política", é unha descrición da súa traxectoria vital e política. 

Nesta biografía recórdanse momentos como cando o actual presidente da Xunta era un sindicalista que "defendía a estabilidade laboral para os interinos e contratados da Administración autonómica dende a Agrupación de Funcionarios Interinos e Contratados Administrativos (Fica)".

Tamén se fai mención a cando Feijóo participou no goberno popular de José María Aznar como secretario xeral de Asistencia Sanitaria, cargo no que participou, entre outros "fitos", na privatizacón da Sociedade Pública Estatal Correos e Telégrafos e "no 'medicamentazo' aprobado polo Partido Popular, un recorte que excluíu 854 fármacos da lista da Seguridade Social. Unha medida que se volveu repetir recentemente coa chegada de Mariano Rajoy á Presidencia do Goberno", denuncia a web.

A páxina tamén lembra que "dende que Feijóo preside a Xunta en Galicia hai 105.000 parados máis, a razón de 86 desempregados novos cada día".

Hai dúas seccións máis na páxina web Feijoo 2012: "Á vista está", na que se recompilan vídeos sobre o candidato do PPdeG, e "As desfeitas", unha recompilación de novas publicadas en diversos medios dende o 7 de outubro de 2009 e que comprometen a xestión do presidente da Xunta. Na portada da páxina web publícanse as "Últimas desfeitas", ademais dos "Últimos vídeos" do presidente da Xunta de Galicia.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

7 comentarios
7

MFF

Gracias por la página y la información...algo muy escaso últimamente fuera de internet


6

xalvar

Noraboa pola iniciativa. Que pena que a nosa "oposicionciña" non se lles ocorrira. Só unha puntualización: Correos non foi privatizada, a día de hoxe segue a ser unha empresa pública.


5

Rois

Agora só falta traballar o posicionamento para que cando se pesquise no google por feijoo ou ppdg apareza esa páxina :-)


4

anonimo

Unha lección de como facer oposición, parabéns para @s autoras/es. Lamentable que teñamos que ver isto e que non sexa a oposición quen o fixer, espabilade que ficamos sen país. Hai que solucionar o tema dos medios, hoxe vemos que caerá tamén a sección do país, tomade medidas ao chegar ao goberno si é qeu chegan.¡¡¡¡


3

Chapuzas a domicilio

Muy buena web. Enhorabuena al autor u autores.


2

Autonomia

Um site muito bom e muito necessário, embora não alcance a eficácia comunicativa disto: http://www.youtube.com/watch?v=Xo2_...


1

undamariña

unha pàxina moi boa, si señor.


A páxina web Feijoo 2012.