As propostas foron as seguintes:
A de Touriño sobre o Preámbulo:
"O longo da súa historia, Galicia forxou un sólido carácter nacional, que é froito da vontade dos seus cidadáns e do seu pasado común, pero tamén dun territorio diferenciado, dunha cultura senlleira e dunha lingua propia.
Galicia desenvolveu unha clara identidade cultural e política reflectida na vixente Lei de símbolos de Galicia, que recolle a formulación do sentimento galeguista e do pasado compartido falando do fogar e da nación común dos galegos.
O devandito carácter nacional atopa a súa expresión na Constitución e no artigo 1º do Estatuto de 1981 que define a Galicia como nacionalidade histórcia que se constitúe en Comunidade Autónoma".
A proposta de Feijoo:
"O pensamento e a tradición galeguista que as forzas políticas comparten describiron esta identidade propia con diferentes expresións ao largo da historia. Xa na Proclma do 15 de abril de 1846, os provincialiestas demandaran ao Goberno de España a restitución da xunta Superior do Goberno de Galicia, para consagrala 'a engrandecer o antigo Reino de Galicia'. Posteriormente, tanto os federalistas, como os rexionalistas, os solidaristas, os galeguistas e como manifestación dun sentimento nacional, os nacionalistas, arelaron todos eles a autonomía política de Galicia dentro de España e o fortalecemento da súa vocación europea e maila consideración da nosa terra como célula de universalidade".
Plan B de Quintana:
Eliminar a referencia ó acordo parlamentar e empregar a fórmula: "o sentimento galeguista que nos une a todos define históricamente a Galiza como nación".
SOBRE A LINGUA.
Proposta de Touriño:
"O galego é a lingua propia e oficial de Galicia. O castelán é tamén lingua oficial de Galicia. Para o seu uso e coñecemento ambas linguas estarán en condicións de igualdade xurídica".
Proxecto de Feijoo:
"A lingua propia de Galicia é o galego. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar".
Plan B de Quintana:
"O galego é a lingua propia e oficial de Galiza. O caselán tamén é lingua oficial en Galiza. Garántese a plena igualdade de estatuto xurídico entre ambas e dúas linguas en dereitos e obrigas".
No PPdeG están convencidos que tanto como Quintana coma Touriño levaban a proposta do presidente consensuada e que o de hoxe foi unha "encerrona". O certo é que os líderes do PSdeG e do BNG conversaron nas horas previas o encontro e acordaron non ser eles os responsables de bloquear o proceso, principalmente na definición identitaria e no estatus do galego.
En todo caso, e como xa avanzamos, Touriño, Quintana e Feijoo acudiron a xuntanza convencidos de que podía haber unha segunda reunión nos vindeiros días. A inflexibilidade dalgunhas posturas na cuestión da nación e da lingua confirmaron a imposibilidade de novos encontros, un feito que se viu agravado polo enfrentamento enconado que PP e PSOE manteñen en Madrid.
O certo é que o fracaso do proceso supón un fracaso para todos; para os propios líderes políticos, para os seus partidos (especialmente para os deputados que traballaron na ponencia) e para todos os galegos que levan un ano escoitando as vondades do texto, que ao final, non serán tales.
Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
[...] Se estes tres profesionais que cobran do meu e do teu lombo fosen arquitectos, médicos, cociñeiros, fontaneiros ou carpinteiros, hai tempo que tería prescindido dos seus servizos. E non é demagoxia. Se actuaran con responsabilidade real, sabendo que nisto nos xogamos diñeiro e dereitos, non terían malgastado tantas horas do seu tempo en chegar a nada e en monopolizar e estresar o debate político nacional con palabras de aire, brindes ao sol, xogos de despiste e etéreos debates sobre símbolos. O mesmo día, en Francia debátese sobre o dereito dos cidadáns a recorrer á xustiza por ter unha vivenda digna. Asuntos como estes debilitan o escaso creto que ten o entramado autonómico para unha enorme masa de poboación, que o ve como un apéndice administrativo e non realmente coma o Goberno do país. [...]
Non estou de acordo en que o BNG baixou os pantalóns. O que fixo foi un exercicio de responsabilidade e de habilidade.
De responsabibilidade porque sabía que non podía impor os seus criterios e que había que sacrificar algúns para lograrmos un novo Estatuto, cuxa importancia non se reduce só a unha palabra.
E de habilidade porque presentouse ante a opinión pública como unha forza razoable e sensata (e iso dá máis votos), facendo que se focalizase no PP o fracaso da reforma.
Nesta ocasión, chapeau por Quintana!
Pois eu coido que é moi necesario un clarexamneto do termo nación porque acontece que a meirande parte da xente confunde nación con estado. Eu son partidario da acepción de nación= tradición, historia, cultura, idioma, territorio común en un grupo de xente diferenciado frente ós que arrodean ese grupo. Postas así as cousas non cabe ningunha dúbida de Galiza é unha nación.
Polo mundo adiante hai moitas nacións inseridas en un estado compartindoo xunto con outras e tamén se da o caso contrario de unha nación reapartida en varios estados. Sempre que se atope xente civilizada, non debería haber problemas para sendo unha nación recoñecida, se poida pertencer a un estado plurincional ou ben habendo boas relacións entre estados democráticamente constituidos permitir unha relación normal entre os cidadáns de esa nación que poidan estar repartidos entre varios estados.
É este un debate moi necesario en Galicia e coido que este é o momento axeitado.
Concordo con Un Calquera no referido ao BNG. Se un dia destes voltan negociar o punto de partida vai ser pésimo para Galicia. O único que conseguiron PSOE e BNG foi regalarlle ao PP media lexislatura de bo rollito e panos quentes cos que levaron este País a ruína e a claudicación constante da sua identidade. O BNG claudicou máis do xustificable e coido que habia formas de facer valer posturas sen hipotecar principios. Remitiron todo o debate dos últimos meses a leria lexicogáfica verbo do termo nación evitando un debate aberto sobre o avance no autogoberno. Se queremos un novo estatuto temos que xogar todos, tamén as forzas sociais e o conxunto da sociedade civil. Ou teñen medo da cidadanía? Que se vexa na rua que hai unha sociedade viva que lle interesa vivir nun País de seu. Alguén imaxina ao PP mobilizando xente para pedir a degradación de status de Galicia? "Somos Rexión" ou algo así? Veña oh! Ainda non se deu a batalla que se ten que dar.
Estevo, grazas BNG?? Por defender o que?
Grazas Quintana por baixar os pantalóns unha vez máis. O peixe este leva un ano mendigando un estatuto, calquera estatuto, algo... para vendernos a moto. Moito ladrar que "altura de Catalunya" e non sei que e ao mesmo tempo presume de ser o que máis cede (que é certo, o máis certo do que di). Ti sabías que contra o remate da reunión Quintana xa abandonara a súa proposta inicial e estaba disposto a aceptar a de Tourinho?? Que por outro lado, non sei quen filtra iso, pero eu ouvino na RG onte á noite.
Quintana é un vendido e ESTE BNG que el representa uns TRAIDORES.
Pois agora non hai excusas para reformar a Lei Electoral.
Que se preparen os do PP para a longa travesia no deserto
A todos aqueles que decides que os políticos se tiñan que preocupar doutras cousas como as polìticas sociais, a xustiza, etc, decirlles que estou de acordo, mais se pode mellorar cun novo estatuto, e se é de naciòn mellor que mellor.
Galiza progresou desde que temos autonomia, e penso que canto maior autogoberno teñamos mellos nos irá (ogallá se gasten mais cartos en educación e formación, ogallá este pobo coñecera mais de perto a sua cultura, a sua idiosincrasia, a sua lingua..., pois canto mais fachendosos estemos maior será o benestar social). O maior potencial que ten a nosa terra somos nos mesmos. Non temos porque falar español, nen destruir o noso literal e a nosa paisaxe para progresar.
Neste país é patético o papanatismo que hai no relacionado co nacionalismo, cando o BNG sacou a sua proposta de estatuto, os medios de comunicación só se fixera no tema de integración doutros territorios á nosa CCAA (moito tiveron que mirar con lupa os medios para crear polémica)...mas eses medios pouco ou nada falaron das interesantes propostas de índole social que decia. Cando o BNG na última asemblea aprobou, entre outras, a importancia do fuso horario...escoitamos os medios, de novo creando polémica, criticar ese punto sen incidir nas razóns do nacionalismo galego de aforro enerxético...claro xa se sabe primeiro é a sagrada unidade do fuso horario español que o aforro enerxético que nos suporia a moitos de nós (non son estas cousas os que alguns decides que deberin pensar os políticos????...pois xa vedes como reaccionades).
Desde logo, o estatuto como a constitución española son instrumentos que asentan as bases para unha mellora de vida de todos e todas nós. Todo o que sexa mellorar, benvido sexa. Desde o meu punto de vista que sexa un estatuto de nación...mas con contidos para dotarmos e funcionar como tal...dentro do estado español.
Grazas BNG, por defender sempre a Galiza, os nosos intereses económicos e a nosa forma de ser.
nin unha bágoa é certo o final que se vai afundir é o PP incapaz de dar solución os seus militantes da boina nin o resto da xente que se dará de conta que pasan a ser cidadáns de segunda so por intereses partidistas. Non acabo de entender como non se dan de conta que a extratexia actual moi unida o que se faga en Madrid e como unha pedra o pescozo....
Respecto a "outro", contradiste na tua opinión dis que eu me erixo representante dos galegos pero tamén dis que eu os ofendo.Esto digoo para demostrar a febleza das tuas argumentacións. Eu soamente constato a realidade histórica de que os galegos sempre aceitaron todo o que ven de fora, sexá o que sexá sen revelarse. Eu aceito que calquera forma de visión de Galiza o que non me parece lóxico é que os nosos representantes sexán sucursalistas. A miña argumentación non ten que ver coa financiación ou co termo nazón vai máis ala. Eu soamente pido que os politicos galegos defendan os intereses de quen os vota e antepoñan os intereses dos galegos ante os intereses dos seus partidos. O que a xente ten que entender que isto non e nacionalismo senón pragmatismo. Poñamos coma exemplo disto a José Bono ou a Ibarra que distán moito de ser nacionalistas.
Esta actitude de sumisión é caracteristica maioritaria e histórica dos galegos e na miña opinión este é o problema polo que Galiza será pobre e atrasada sempre (ata que esto cambie, na miña opinión nunca cambiara)
Sí Nicanor... o seu pai, a sua nai, o seu fillo (a través de vostede) e así o vería a avoa, da miña aldea de Trasmiras...
tamén houberan rexeitado os estatutos que houbo ate o de agora... pero así somos e estamos na nosa terra, pexados polo medo e polo inmovilismo... mentras siga a mirar como en outros lugares que non vou nombrar carburan a toda máquina. Galicia está presa das suas propias xentes.
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade clocwatches.com