GC

O futuro do I+D+I en Galicia

O manifesto de e-gallaecia (do que xa dimos conta) trouxo e trae, aínda, marexada entre un sector das empresas tecnolóxicas do país, das universidades de Vigo e A Coruña e da propia Xunta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 01/02/2007

  • versión para imprimir

Ó parecer, investigadores e novos empresarios amosaron o seu malestar porque o manifesto (asinado por gran número de profesores, grandes empresas e polo propio rector da Universidade de Santiago) limitase a pedir que se aumenten as axudas ás empresas e a cursos de formación de traballadores. Nembargantes, aseguran que isto xa se puxo en marcha en gobernos anteriores co resultado de "corrupcións, reducción da competencia ou financiamento de obras que nada tiñan que ver co I+D+I".

Ademáis, critican que este foro non teña reclamado o fin do intervencionismo público e reclamado ás administracións que ofrezan os servizos tecnolóxicos ós que teñen dereitos os cidadáns. Neste senso, denuncian que non hai reflexións sobre una "verdadeira educación" en I+D+I e se limiten só a axudas a empresas ou cursos de formación.

Profesores das universidades da Coruña e Vigo, principalmente desta última, tamén denunciaron a marxinación destes centros na elaboración deste manifesto e acusan a certos sectores da Universidade de Santiago de "politizar" as políticas de I+D+I.

Precisamente, este é o argumento que, extraoficialmente, esgrimen dende a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. Tampouco lle gustou nada ó seu director xeral, Salustiano Mato, (moi vinculado á Universidade de Vigo) a publicación deste manifesto nin as formas utilizadas. De feito, ata o momento, non houbo reacción oficial ó que reclama e-gallaecia. Dende esta dirección xeral aseguran que a Xunta "xa está traballando" para impulsar o I+D+I e aseguran que os presupostos para estas políticas son unha "boa mostra" disto. Máis información en http://nomada.blogs.com/ e en e-gallecia



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario