A animación, que aínda se pode ver no blog As túas balas, estaba titulada Tu Quoque Iolanda?. Nela víase a escritora caracterizada como un dos asasinos de Xulio Cesar. Os humoristas criticaban así o cambio de postura de Castaño. E é que a poetisa pasou de defender a Isaac Díaz Pardo no conflito que ten cos donos de Sargadelos a traballar para os que arrebataron o control da empresa ao histórico galeguista.
Os Aduaneiros recibiron unha carta do avogado de Castaño na que ameaza cunha "demanda xudicial por delitos de inxurias con publicidade". Os humoristas decidiron pechar a popular páxina "mentres o noso lexítimo dereito á liberdade de expresión non se vexa a salvo de coaccións xudiciais fóra de lugar".
Dáse a circunstancia que Yolanda Castaño ten colaborado con moitos medios de comunicación, entre eles La Voz de Galicia, A Nosa Terra, El Progreso, Diario de Pontevedra, El Ideal Gallego, El Mundo e Galicia Hoxe. Na actualidade é responsábel da tenda do Grupo Sargadelos na Coruña.
En todo caso, as novos chistes gráficos duns dos autores dos Aduaneiros, Berto Yañez, seguen en liña na súa web Ber.to.
Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
[...] (Eu tireino de el Escolar.net, e agora mesmo estou pensando en aqueles feitos acontecidos polo 2007 a Aduaneiros sen Fronteiras e en Alasbarricadas.org) [...]
[...] Hai uns meses contabamos que un polémico xogo virtual, que tiña como centro a Iolanda Castaño, acababa co peche de Aduaneiros sen Fronteiras polas ameazas da propia poetisa. Agora, a súa figura virtual volve coller sona no mundo irreal de Simlandia… [...]
Me importan tres pimientos Yolanda Castaño y todos los que reniegan de Isaac Diaz Pardo. ¡Menuda mierda lo que están haciendo con Sargadelos!
gostaria de saber se iolanda castaño e estibaliz espinosa son rivais como góngora e quevedo porque iso daria un pouco mais de mollo a este sistéma poético que habemos aturar
unha a protexida do sistema e outra a que aparece de cibernauta ákrata. iso pode dar quer falar, que non?
cERTO, kIKE... parece coma se fose unha INTOCABLE.... qué pena pola poesía, porque a poesía en xeral, galega, inglesa, castelá... non merece estas cousas, pero en fin, para iso está o canon... jeje
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade clocwatches.com