Aínda que na Executiva nacionalista se deron as pertinentes explicacións e se enmarcou este cambio en razóns de "publicidade e marketing", o certo é que ter pasado do vermello ao azul ten causado sorpresa. Non son poucos os que identifican esta decisión coa intención da dirección nacionalista de aproximarse aos votantes tradicionais do PP. "É coma dicirlles que nós xa non somos vermellos, somos azuis, coma os populares", apunta un dirixente santiagués.
Hai quen especula coa posibilidade de que, de seguir por este camiño, tamén se faga desaparecer a estrela en vindeiras campañas publicitarias. "É o que nos queda para convertirnos no PP bis", retranquea o mesmo dirixente.
para que España deixase de depender tanto da especulación e máis da riqueza real.
No tema dos 400 xa cho digo eu, tés toda a razón, irían mellor invertidos en apoiar unha transición económica ben feita, para
Xa Óscar, pero o que eu digo. Según os socialistas, ó PP nin miralo. Pero iso si, iso non se aplica ós socialistas, que chegan a acordos e pactan o que fagan falta co PP.
Que erro teño que recoñecer do BNG?? Xa os recoñecín. Un moi grande é a inxenuidade do que fan gala algúns dirixentes do BNG. Isto en política e máis sen ter medios afines que tapen as carencias como fan noutros partidos. E outro, non atar máis en curto o SOE. A última chuminada do SOE: O do voto en urna da emigración. Sr. Óscar, non hai nin unha semana que os socialistas andaban a dicir que era imposible facelo antes das autonómicas e daban mil excusas, para poder mangonear unha elección máis, por que claro, en 3 anos os pobriños non tiveron tempo de cambialo. Date unha volta por internet agora, Óscar. Parece que agora SI da tempo e non soamentes iso. Parece que inventaron eles. Isto é un cachondeo. Levan 3 anos facendo o mesmo. Ante calqueira medida do BNG a situación é a seguinte: Negación e subestima-los esforzos, logo intentar afundir a medida como sexa, e para rematar cando parece que é boa idea e está sendo aceptada, poñerse as medallas eles mesmos coma se lles ocorrera a eles.
Pero iso si, cando as cousas veñen mal dadas, o SOE, literalmente, desaparece. E se queres uUn erro grave do BNG nos últimos tempos?? Poñamos o da Feria do Libro de Cuba. Se é verdade o que fixeron, mal, moi mal. E se non foi así tamén mal, por non saber explicalo.
A situación económica, óscar, xa che dixen o que había, hai un tempo. Púxenche o exemplo da gasoliña, e recordo que che dixen que a estaba poñendo a 1,21 . Pois ben, agora estouna poñendo a 1,27 . Pero claro, ti estabas no momento "Flower power" e me negastes que a cousa estivera tan mal. Estamos vivindo dúas crises (aínda que o mellor o que tiña que dicir é "desaceleración"): a inmobiliaria e a dos combustibles. Pero claro, dicir isto é "facerlle o xogo ó PP". Así imos.
Pasan tres meses das eleccións e sinceiramente pregúntome quen gañou en realidade as eleccións. E vindo o que vexo, o que me ven a cabeza non é o SOE.
E para rematar, o tema dos 400 . Óscar, o que dixen no seu momento. Foi unha compra descarada de votos que nos vai a custar 6000 mill. de a todos. Foi unha compra, por que eses 400 non serven para nada. O notaremos este mes na nómina por que aumentará 200 , pero o resto, repartido en 6 meses?? 33 máis?? Iso vai ser un chiste coa que está caíndo. O único consuelo que teño, é que a min vanme pagar sen habelos votado. De min non se riron.
Se en Catalunya non existira CiU, terían que inventala, pois a burguesía catalanista nunca podería votar ao PP nin a ERC, nin moito menos ao PSC.
Steamroller, se pensas que o PP "aínda non empezou a facer oposición" definitivamente tés unha memoria histórica de bacteria. Se non fixeron oposición na lexislatura pasada, non me imaxino coma sería a oposición de verdade.
E mira, por moita crise que haxa, a xente que pensa en como chegar a fin de mes non quererá coma presidente do goberno a un aproveitado oportunista que só pensa en sacar tallada electoral da situación. Na lexislatura pasada axitaron os ánimos porque económicmaente a cousa ía ben e os "problemas", máis ben relacionados en como xestionar as vacas gordas eran outros: modelo de Estado, modelo familiar, política hidrolóxica, educativa, de inmigración...
Agora que están as vacas flacas e a xente pensa só en coma chegar a fin de mes, queren un líder con cabeza, alguén que os poida sacar da crise e arrime o brazo no que poida, e non un mono parlanchín oportunista que logo no goberno só quererá privatizar e baixar os impostos ás rendas altas e abaratar o despido, por iso Rajoy trata de vender que está no centro e téndelle a man ao goberno. Se Rajoy non consigue venderse así, non gañará, a xente non o cambiará de guatemala a guatepeor.
De todas maneiras, Rajoy xa se gañou unha enemistade có sector duro do PP, que penso que lle vai ser moi difícl gañar dentro de catro anos (por moita crise que haxa) se os ultras o abandonan. Non vai ser tan fácil, o único que sí que o PP vai ter fácil son as eleccións europeas.
E iso que o goberno non o fixo ben en materia económica, intervén tarde, mal e arrastro. Eu penso que xa hai tempo que tivo que intervir. Se dependese de min, a principal medida que eu tomaría, a medida estrela (máis alá da merda de medida de Corbacho de invitar aos inmigrantes a irse, que é unha medida mala, pouco ambiciosa e que empequenecerá tamén o mercado) eu apostaría por premiar a aquelas constructoras que decidisen converterse en industrias de sectores verdadeiramente productivos (especialmente sectores relacionados có medio ambiente, coas enerxías renovables e có automovilismo ecolóxico) sen despedir a un só obreiro, reutilizándoos (e non seu caso, formándoos) na súa nova industria. Ou incluso poderían fomentar a creación de cooperativas de carácter industrial entre os obreiros desempregados. Matariamos catro ou cinco paxaros dun tiro: o da dependencia do petróleo, o do paro, a nosa excesiva dependencia da construcción e a nosa escasa industrialización, e a longo prazo ata poderiamos solucionar o problema tradicional que temos coa balanza comercial. Pero coma prefiren gastar os cartos devolvendo catrocentos euros a todo o mundo e dándolle dousmilquiñentos euros á Familia Real por cada coello que teñen máis na madrigueira... logo se ata eu non lles voto que non se queixen.
O que pasa é que o PSOE pódeo facer peor ou mellor, pero o PP nunca o faría mellor, e por iso de momento non vexo posiblidades de votalos nin en pintura. E as enquisas din que esa opinión miña (o goberno faino regular, pero a oposición o faría moito peor) é compartida pola maioría de españois.
De todas maneiras, a reedición do tripartito é case segura, non esteas ti tan seguro de que o PP vai recuperar a Xunta, moito terán que cambiar a cousa. Galiza electoralmente falando é coma unha rocha: hai unhas determinadoas tendencias i é moi difícil cambialas. E de momento a tendencia é de ascenso socialsita e vai ser moi difícil cambialo. Ademáis, o poder da votos e o PSOE é o partido con máis poder: a inmensa maioría de galegos están rexidos por un alcalde socialista, ademáis de termos as deputación de Lugo e Coruña, a Xunta e o Goberno central. Non vos vai ser tan fácil voltar. Iso sen contar con que o PP é coma un mal pescador: anque o peixe estea picando un bo rato e de forma moi clara, Feijóo volta sempre coas mans vacías.
Bule bule, ti non eres a metade de crítico do que cres; criticas ao PP e ao PSOE, pero nunca criticas ao BNG, eu recoñecín moitos erros do PSOE, pero ti non recoñeciches un só erro do BNG, nunca; nin sequera algunha vez que lembro che preguntei explícitamente que me recoñeceses un só erro do BNG. Cando eu recoñecín moitos erros do PSOE. E acabo de recoñecerche enriba un e dos gordos.
Respecto ao de Trives, non ocoñezo, e polo tanto non vou opinar con seriedade. De todas formas hai algún caso excepcional máis de unión entre o PP e o PSOE. A ver se algún destes che parece mal:
No 99 xuntáronse en Ceuta para impedir que gobernase o GIL.
No 2000, ano enriba, ano enbaixo, uníronse có PNV en Berriozar para botar ao alcalde de Batasuna.
En Toques, a uníronse ao BNG para entre os tres impedir que o alcade pederasta (o Tocador) fose reelixido alcalde.
Non óscar, non gañades polo 11-M. Non confundas. Nin poñas palabras que eu non dixen. Ti, cando chegan as eleccións, vas dicindo por todas partes non sei que do voto útil e que se non se vota o SOE van volver os do PP. Se iso non e ir metendo medo, pois non sei que será.
A min sóame moito a iso de "se non nos votas, van vi-los roxos e vanche quita-la pensión". Que lle queres. Nunca entendín os partidos e persoas cuxo único programa electoral é iso de "vótame a min para que non gañe o outro". E dun tempo a esta parte, é o único que escoito no PP e no PSOE. Non hai nada máis. E dame igual que o diga Rajoy do SOE. Eu o digo dos dous partidos, Óscar. Xa estamos outra vez co tema de "coidadiño co que dis a ver se lle estás facendolle o xogo ó PP". Miña vida, óscar, o contrario da dos socialistas, non xira en torno o que fagan ou deixen de facer os do PP ou viceversa. Se algo me gusta ou non me gusta, digoó. Non me fixo se antes o dixo o PP ou o PSOE para ver se é "políticamente correcto". Iso é algo cansino a la par que tonto.
Rajoy, do mesmo xeito que Fraga, non son feixistas. Son Rajoyistas e fraguistas respectivamente. A Rajoy mentras lle garantan unha copa de coñac e un sitio no palco do Bernabeu, mesmo pódese declarar socialista de tódala vida. Ahí tes a fraga: primeiro franquista, logo demócrata. Primeiro centralista e logo galeguista..Antes de dereitas e agora mesmo é de centro. Unhas persoas coma esas non poden ser tildadas soamente de feixistas. É quedarse corto.
Se nota que eres socialista. Fas o mesmo que os socialistas ó longo destes anos co asunto "Sir Paco". Só te faltou dicir iso de "Son cousas de Paco". Ahí está a doble moral do SOE. Poñedes unha vela a Deus e outra ó Demo. PP si, PP non. Non sei se estás en Galicia xa, pero se non estás, os teus amigos socialistas van facer unha moción de censura en Pobra de Trives en amor e compañía có PP:
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/06/18/00031213779482606273533.htm
Si señor. O PP nin miralo, verdade Óscar?? Menos mal que estades sempre vixiando que os do BNG non caíamos nos vosos vicios. Que sería de nós sen a vosa atención. :D
Faime gracia como tratas o tema do caciquismo. E que é de chiste. Goberna o SOE?? Non existe o caciquismo. O caciquismo e doutros partidos. Xa, como en Estepona, verdade Óscar?? Iso non é caciquismo. Resumindo Óscar: Gobernar durante 30 anos calqueira institución non provoca a aparición de estructuras caciquís e de tráfico de influencias se ese goberno e do SOE. Ou eres un inxenuo, ou me queres facer inxenuo a mín, rapaz.
A min, a verdade, o que pase en Cataluña, impórtame pouco. Pero o SOE ten moitísima sorte que no PP haxa tanto anticatalán e ademáis presuman diso. Non fai falta vender nada. Xa o venden eles soíños. E tamén ten moitísima sorte de que haxa un partido de dereitas en Cataluña distinto do PP. Iso é o que vos está salvando tanto en Cataluña e en España.
Sí, sí, o pobre de Rajoy ao mellor non sae tan mal do congreso de este fin de semán e as eleccións de marzo van a coíncidir co pior da crise. Serán as suas primeiras ou segundas eleccións e todo o PP vai deixarse os collóns na campaña. Se Touriño non está verdadeiramente tolo debe adiantar al eleccións a este ano ou Feijoo terá mais bazas e moi boas. Hai moito mindundi solto que que conta cunha segura reedición do bipartito.
E que ninguén se esqueza de que o PP ainda non empezou a facer oposición en Galicia e menos en España. No caso galego, levan tres anos almacenando munición sen utilizala para descargala no momento axeitado.
E o Quin se se pensa que pode chegar aun pacto co PP é que perdeu definitivamente o sentido común, se algunha vez o tivo. O BNG está suxeito polos collóns polo psoe porque non pode facer camapña contra él e agora veñen os problemas por non terse quedado na oposición.
Para máis inri, o pobre de Rajoy non se decata de que é unha contradicción dicir que non gañaron porque non se souberon vender ben e ao mesmo tempo querer xirar ao centro. Se perdeu por non saberse vender ben, o lóxico é que tente venderse mellor, polo tanto estálle dando a razón á súa amiga Esperanza Aguirre.
Dous apuntamentos máis para ti, porque che vexo pouco sentido da democracia.
Cando dis que "Ti cres que Fraga deixaría de gobernar se o PP non perdera as eleccións do 2004?? E a Touriño lle pasará o mesmo se o PSOE perde as eleccións xerais." tés toda a razón. O que me parece que non captas ben é a motivación.
Non é cuestión de goberno amigo ou inimigo. Simplemente é que se o PSOE sube e o PP baixa, é porque o PSOE leva traxectoria ascendente e o PP descendente; e viceversa. E o normal é que un partido con traxectoria ascendente gañe poder e un con traxectoria descendente perda poder por razóns demasiado obvias coma para profundizar nelas. ¿quizáis por iso Fraga perdeu a maioría? (Porque o PP levaba unha traxectoria descendente tanto en España coma en Galiza). Os resultados das xerais de 2004 xa indicaban esa traxectoria descendente do PP, xa que tivo o 54% dos votos no 2000 e o 46% no 2004 en Galiza. En case calquera sitio, perder oito puntos soe ser cousa grave e sinal de que se pode perder o poder. Se ti non o queres ver así, vas ao Senado, que está nunha zona moi bonita de Madrid, preto da Ópera, da Praza de España, do Campo do Moro e do Palacio Real e váslle chorar a Fraga que volte, que vexoq ue che gustaba moito. Tamén poderías ir á rúa Génova, pero coidado que ao mellor apedréache algún manifestante feixista tolo dos que ti prefires que gobernen Galiza antes ca os socialistas.
E segundo apuntamento. Iso de que os partidos din "vótame a min para que non gañe o outro" e por iso gañaron volve demostrar o teu pouco aprecio pola democracia e a intelixencia da xente. Iso é xusto o que dixo onte Rajoy na entrevista que lle fixeron, que o PSC subiu en Catalunya porque "el PSOE supo vender que nosotros somos anticatalanes y metió miedo a los catalanes, que votaron al PSOE para que no ganásemos nosotros".
Mire, don Mariano, que os cataláns vos teñen medo é innegable, pero quizáis é cousa vosa e non dos socialistas. Ir por media España recollendo firmas contra un estatuto autonómico constitucional e falando mal e montando en Madrid manifestacións con bandeiras preconstitucionais e lemas feixistas contra ese estatuto non é moi bo para os seus resultados nesa rexión. Se a iso lle sumamos que os dous partidos nacionalistas principais demostraron ser uns chaqueteros (CiU) e uns incompetentes (ERC) os cataláns non teñen máis opción que os únicos que traballan e se preocupan pola súa rexión. Pero coma sempre Rajoy tén que deslexitimar os resultados electorais, poñelos en dúbida e insultar a intelixencia dos votantes cataláns. Pois foi insultar a un pobo con poucos tontos.
O peor é que ti, bule bule, en grande medida fas o mesmo. Iso de que o PSOE gaña polo 11M e gaña por meter medo contra o PP sóname igual que Rajoy. Pero Rajoy é un feixista con máscara de centrista. A proba de que segue a ser feixista son eses ramalazos feixistas que tén ("Usted ganó gracias al 11M", no segundo debate das últimas eleccións, a Zapatero, "En Cataluña el PSOE subió porque supo vender que somos anticatalanes" onte na entrevista, "Los inmigrantes son un problema", a base da súa campaña para as últimas xerais), pero eu sei que Rajoy é feixista; o que me preocupa, có que dis, é que o sexas ti.
Eu nunca votéi a Paco Vázquez, nin Paco Vázquez me representa, eu votarei ás listas que presente o PSOE para as autonómicas poruqe considero que Touriño e o seu equipo son os que mellor me representan, pero en ningún momento votarei por Paco Vázquez, nin tampouco por Rosa Díez, coma xa me dixo algún desmemoriado que aínda non se decatou de que xa non está no PSOE.
Bule bule, tés a miña palabra de que si o PSOE fose apoiar ao PP, eu votaría ao BNG pese a xente que razoa coma ti.
Tés a miña palabra, se ti me pretendes dicir que non me cres e me chamas mentireiro ("Da mesma maneira que ti votarías sen rechistar, 2"), iso xa é cousa túa. Ese é o teu problema que todos minten menos o BNG, incluso os votantes polo que se ve. Con esa actitude tan "elitista" non me estrana que lle vaia tan mal ao BNG; si é que ao final seredes uns iluminados.
E non, non poñería 2 votos na furna porque antes ca socialista son demócrata. Pero claro, eu sí o faría porque non son do BNG, e todo o que non é do BNG é malo malísimo e o resto son. uns lurpios manipuladores, incluidos os "non-iluminados" votantes. Crése o ladrón que todos son da súa condición.
"os tempos de adhesións inquebrantables, bastións..graneiros, etc, espero que pasen á historia" Reitero o dito enriba, non hai nada malo en que se vote moito a un partido nun lugar si é libremente. Se se conseguen tan bos resultados e o voto é libre ¡por algo será! Ao mellor é que realmente o merecen.
Vólvoche poñer o exemplo catalán. En Catalunya, que non é un lugar nada cacicado (quizáis un pouco o rural "grazas" aos teus amigos de CiU) o PSC subiu sete puntos nas últimas xerais. E iso con media Catalunya levantada e chea de socavóns. O apagón do verán, as inundacións do verán pasado, o parón inmobiliario, o caos de infraestructuras... non só non puideron có PSC senón que o fixeron medrar, ¿por qué? Pois porque os cataláns decatáronse de que CiU, ERC e PP únicamente eran uns oportunistas, que ao PSC podíanlle saír mellor ou peor as cousas, que podía ter máis ou menos sorte coa meteoroloxía... pero Montilla é un señor traballador rodeado de xente traballadora e o goberno se involucra nos problemas dos cataláns, mentres os pijos de CiU e do PP aproveitaba para criticar un transporte público que nunca usaron e que eles, cando gobernaban, deberon ter renovado. Resultado: xa o coñecemos. Por algo din que os cataláns son os máis intelixentes á hora de votar.
ou ti es dos que pensan que a informacion dos xornais é sempre independente e sempre veraz e que o poder (agora en galicia, o bipartito) di e fai o que di que fai ... contra o pp sempre en fronte e contra os abusos, chanchullos, mamoneos varios e demáis zarandajas dos neoprogresistas (BNG-PSdeG-PSOE) que agora nos gobernan, tamén sempre en fronte.
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade