Aínda que na Executiva nacionalista se deron as pertinentes explicacións e se enmarcou este cambio en razóns de "publicidade e marketing", o certo é que ter pasado do vermello ao azul ten causado sorpresa. Non son poucos os que identifican esta decisión coa intención da dirección nacionalista de aproximarse aos votantes tradicionais do PP. "É coma dicirlles que nós xa non somos vermellos, somos azuis, coma os populares", apunta un dirixente santiagués.
Hai quen especula coa posibilidade de que, de seguir por este camiño, tamén se faga desaparecer a estrela en vindeiras campañas publicitarias. "É o que nos queda para convertirnos no PP bis", retranquea o mesmo dirixente.
Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
bule, bule o de non poñer alcume é por pura vagancia. ademáis que máis da un que o outro se a práctica totalidade dos que escribimos somos anónimos cidadáns que empregamos estes lares para expresar o que doutro xeito sería imposible
Bule bule, canto cobras a mín danme que polo menos danche
300000 euros por asesorar nalgunha cousa.
Opción 3, por suposto. Da mesma maneira que ti votarías sen rechistar, 2. E por que non poderías botar na urna 2 votos que senón o farías tamén. Mira rapaz, exemplos de apoio do PSOE o PP hai exemplos por toda Galicia. Agora que non os queiras ver é outra cousa. Un exempliño así a bote pronto?? As declaracións de Paquiño Vázquez despois das eleccións autonómicas do 2005 dicindo que había que deixar gobernar a Fraga e o PP. Despois diso, seguiches votando SOE non, meu neno?? E se te refires o que pasou na anterior lexislatura, non creo que actuaran conxuntamente, pero se se descubre algo así non me estranaría nada. Os dous queren o bipartidismo, os dous queren polarizar tódolos votos e que mellor maneira que facer iso de "vótame a min para que non gañe o outro"? Simplemente a iso se reduciu a campaña electoral deses 2 partidos. Ten claro unha cousa Óscar: A finalidade dos dous partidos non é acabar co outro. Senón conseguir que o poder quede entre eles. Calqueira outra variable (partidos bisagra, 3º partido con posibilidades, etc) ten que ser eliminada.
Volvendo ó exemplo de Sir Paco. Que cres que pasaría se nas próximas eleccións Quintana ou Francisco Rodríguez dixeran o mesmo, Óscar?? Que cres que pasaría?? Pero non. Dinno un dirixente socialista, e seguro que moitos no SOE o aplaudiron. Non te caiba a menor dúbida.
Unha das razóns polas que non voto a ningún partido centralista é algo que calqueira cego podería ver. Son xente sen ningunha personalidade, que dependen totalmente de causas alleas a eles para gobernar. Nin teñen iniciativa nin están capacitados para gobernar se os seus "irmáns maiores" deixan de gobernar en Madrid. Ti cres que Fraga deixaría de gobernar se o PP non perdera as eleccións do 2004?? E a Touriño lle pasará o mesmo se o PSOE perde as eleccións xerais.
Eu non quero que volten, pero o que non estou disposto é a que ninguén me meta medo (ou polo menos o intente) para que vote a certo partido coma pretendes ti. O cal por certo, e propio dos partidos de dereitas. Ou non poder facer críticas por medo a que me digas iso de "estaslle facéndollo xogo ó PP" que tan bos resultados vos deron na anterior lexislatura. Parece que estades aprendendo ben.
Ah..para rematar, os tempos de "adhesións inquebrantables", bastións..graneiros, etc, espero que pasen á historia. Iso só serve para tomar a xente de idiota e para nada máis. Parece que algunha xente coa dictadura de Franco e de goberno Fraga parece que non tivo suficiente, non Óscar?? Pero claro, esta xente di: "agora gobernan os meus e imos face-lo que facía o PP". Xa ves Óscar, hai xente para todo. ;)
Anónimo: Iso pódecho explicar a túa profesora de parvulario, por que moita idade non debes ter se nen sequera eres capaz de poñerte un alcume.
Eu pola miña parte, se o PSOE dixese que vai apoiar ao PP, teríao moi claro; e iría votar "Con Todas Mis Fuerzas" ao BNG. Ante todo, que non volte o PP. Non sei se ti o tés tan claro.
Quéroche poñer nun apreto, a ver que dis, se mañá vai Quin e di que o BNG vai apoiar a Feijóo tras as próximas eleccións, e ninguén no BNG rechista (polo tanto non hai escisións), e o FPG e demáis compañía non se presentasen, e só houbera polo tanto tres opción de voto (as tres de sempre); dime sen rodeos, qué votarías:
1. PP
2. PSOE
3. BNG
4. Branco
5. Nulo
6. Non irías votar.
E por unha vez, sé pouco galego (é dicir, contesta sen rodeos).
Bule bule, que Galiza via ser un graneiro do PSOE ou do PP ou do BNG ou do partido X non tén nada de malo se o voto é libre. Catalunya é un bastión socialista e ninguén pón en dúbida que foi unha decisión libre dos cataláns. É moi fácil, fai o que eu chamo "Proba Do Algodón"(por aquelo de que o algodón non engana), cando as cidades dun lugar votan prácticamente igual o mesmo que logo resulta saír para o conxunto dese lugar, o voto foi libre. Se non, mellor sospeitar. Un exemplo: en Ourense cidade gañou o PSOE claramente, na provincia gañou o PP por once puntos. Todos sabemos que Ourense está cacicado. En Catalunya o PSC venceu por case trinta puntos sobre CiU. Vemos que isto se repite en todas as cidades catalanas, unha a unha, o PSC vence en Barcelona, Lleida, Girona, Tarragona, L'Hospitalet, Sabadell, Tarrassa, Badalona, Santa Coloma e Reus sen baixar de vinte puntos de diferencia có segundo en ningunha cidade. Evidentemente, foi unha decisión libre do pobo catalán. E non tén nada de malo a maioría absoluta do PSC.
"o roce fai o cariño" Mentira; eu vivía a dous quilómetros escasos de onde vivía Fraga cando era presidente e créme que nunca lle collín cariño. ;-)
O da túa duda de nación.
Ti paréceme que tés certa dificultade para entender os puntos de vista doutros. Có de Nación non se está a referir a Galiza, senón a España. Idea non nacionalista de Nación equivale a negar o Estado-Nación como entendida polos nacionalistas; é dicir, un estado, unha identidade. O que están a dicir é que entenden que unha nación é unha pluralidade. Le outra vez e pénsao medio segundo, entendendo que por nación non se refiren a Galiza senón a España, e xa verás como ti o vés moito máis claro. O mellor o que non tén "Las Ideas Claras" sodes ti, o BNG e o PP; e non o PSOE.
Falando de Ideas Claras, mira que me escacho a rir có da crise do PP. Incrible. Moito "Ideas Claras" e logo de dous meses non saben si son de centro (có líder de antes) ou se seguen na mesma ideoloxía de ultradereita cunha nova "lideresa".
"Soamentes hai que ver coma o PP e o PSOE van en amor e en compaña en moitos temas e non vacilan en non darlle importancia a estas similitudes" Joder, agora vésme con esas; ¿é que ti non te enteiraches de nada NaDa NADA do ocorrido na lexislatura pasada?
"Aplicando a lóxica aplastante dalgúns lumbreiras, iso significa que tódolos galegos somos do PP. Recibimos cando nacemos o carnet de militante, verdade??" Pois hai tres anos, se non o eramos, dicianos aquelo de "si no eres del PP, jódete, jódete". Hai só tres anos, mellor era ser militante do PP se querías ter algunha posiblidade no sector público, ¿lembras?
POIS NON PERMITAS QUE VOLTEN.
Si Óscar. E ti coñeces iso de que o roce fai o cariño?? ;)
Soamentes hai que ver coma o PP e o PSOE van en amor e en compaña en moitos temas e non vacilan en non darlle importancia a estas similitudes. Pero iso si, coidadiño con que o fagan outras persoas. Que ahí están eles para corrixir semellante perversión. Por iso me sorprende que un socialista coma ti sexa tan duro co PP. Se incluso empregas frases que ben as podería firmar Fraga mesmo!! Cantas veces oiremos dicir ós socialistas iso de "goberno amigo" ata as eleccións?? Quen o dicía Óscar? Ti mesmo dixeches un día algo así que "Galicia vai camiño de converterse nun graneiro/bastión de votos para o PSOE". Sustitue PSOE por PP e verás que sorpresa. Así que non te queixes cando digo que sodes o mesmo.
Ti falas de cambiachaquetas. Manda ca..llo!! O dí un simpatizante dun partido que antes era marxista, pero agora non o é. Dun partido que vai polo mundo endiante presumindo de galeguista, pero logo durante anos tivo (e ten) nas súas filas a un exemplos de galeguismo coma Paco Vázquez (e non é o único no SOE que ten esas ideas).
Para que vexas que me caes ben, vouche poñer un trozo da ponencia marco do congreso do SOE galego, para que sexas un bo socialista:"o federalismo do PSOE Galego aporta unha idea non nacionalista de nación coma espacio plural de encontro e superposición de identidades". :D
Eu cada vez que a leo non paro de rir. Iso de "idea non nacionalista de nación" é algo maxistral. Sublime. Agora sodes tamén nacionalistas. Ou non. Ou si pero que pareza que non..Ou viceversa. Si señor, quítome o sombreiro ante tamaña mostra de claridade de ideas e de fidelidade os principios socialistas. Para nada sodes cambiachaquetas. Iso si, o que non sabía era que os Tonechos foran tan socialistas para que lles encargaran a redacción da ponencia marco do congreso. :D
Sr anónimo: Eu non son Deus. Non teño sempre a razón, pero os argumentos que escoito dalgunhas persoas son de patio de colexio. Iso de que se empregas unha cor es unha cousa, pero se empregas outra es do bando contrario é totalmente absurdo. Por se non te decataches a bandeira de Galicia ten os colores blanco e azul. Que significa iso?? Aplicando a lóxica aplastante dalgúns lumbreiras, iso significa que tódolos galegos somos do PP. Recibimos cando nacemos o carnet de militante, verdade??
E xa que a estrela vermella é o non vai máis do galeguismo...onde a ten o SOE ou PP?? Agora que recordo...o PSdeG non ten coma símbolo, ademáis da rosa, a bandeira de Galicia cos colores blanco e azul?? Meu Deus!! No SOE hai pepeiros infiltrados!!! :D
Eu a este partícular contecioso so lle atopo unha solución, que a estrela sea verde. ¿Porqué?
- O vermello está trasnoitado, e mais nunha estrela, agás que sea nun t-shirt pijoprogre do Che.
- O azul xa está ocupado polo bando nacional, o de aquí non, polo de España.
- Fucsia ou rosa sería tirar á basura ao voto macho-esquerdoso, que haber hailo, ainda que ZP se empeñe en negar a sua existencia.
- Ca cor prateada semellaría unha marca de cervexa.
- Amarelo mais que "vótanos" parecería decir "cuidado con nos".
- Así que so nos queda o verde, que é tan galego coma o azul. ¿Non? Ademáis pode que algún panoli se crea que o enebejé ten algo de ecoloxista e se esquence do que anda a pasar con Reganosa, Ence, a legalización de canterias ilegáis, etc...
Así que eu propoño o verde. :satisfeito:
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade clocwatches.com