GC

Por que do vermello se pasa ao azul?

  A decisión de pintar de azul a estrela vermella do BNG non ten sentado ben entre a militancia nacionalista...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/06/2008

  • versión para imprimir

Aínda que na Executiva nacionalista se deron as pertinentes explicacións e se enmarcou este cambio en razóns de "publicidade e marketing", o certo é que ter pasado do vermello ao azul ten causado sorpresa. Non son poucos os que identifican esta decisión coa intención da dirección nacionalista de aproximarse aos votantes tradicionais do PP. "É coma dicirlles que nós xa non somos vermellos, somos azuis, coma os populares", apunta un dirixente santiagués.

Hai quen especula coa posibilidade de que, de seguir por este camiño, tamén se faga desaparecer a estrela en vindeiras campañas publicitarias. "É o que nos queda para convertirnos no PP bis", retranquea o mesmo dirixente.



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

57 comentarios
37

anónimo

bule, bule: tranquilo home coa cor, non vaia ser que vexas en soños o arco da vella e penses que o bloqueciu xa absorveu tamén aos de greenpeace ...

eu: dacordo contigo. o vicequín cada día semellase máis ao remedo da sombra de fraga.
http://xornalgalicia.com/Article327...


36

anónimo

amigo oscar, cómo ousas debater dialécticamente cos que non teñen debate. non te decataches que, fagan o que fagan, non precisan debater porque SEMPRE teñen a RAZÓN. e non lle innsistas que non serve de nada pois para eles, tódolos os que non somos do katecismo, estamos sempre errados. so eles os novos deuses infalibles que nos queren gobernar.


35

Oscar

"Non sei se somos máis tontos os que defendemos este cambio de cor (que non é tal, simplemente é un diseño para un cartel) ou os que con argumentos de nenos de preescolar din o contrario. Por que iso de :”nananana…o BNG pásase o azul como os do PP” non me digades que non é infantil."
Bule bule, ¿coñeces aquelo de que en política non existen as casualidades?


34

Oscar

Home, é que o BNG vai quedar segundo e teráse que apoiar no PP. Máis que nada por iso terá que achegarse a el.
De todas maneiras, é curioso ver coma ti dis que o PP e o PSOE son o peor do peor, e que cada vez os diferencias menos, e sen embargo ti xustificas que os vendidos da U cambien de ideoloxía coma de chaqueta segundo conveña. No fondo, ti eres coma o PP, tés dobre vara de medir, segundo che interese, e todo o que faga o BNG estará xustificado "polo ben de Galiza" que o BNG quere vender que representa pero verdadeiramente non representa.


33

Bule bule

Menuda estupidez de debate!! Non sei se somos máis tontos os que defendemos este cambio de cor (que non é tal, simplemente é un diseño para un cartel) ou os que con argumentos de nenos de preescolar din o contrario. Por que iso de :"nananana...o BNG pásase o azul como os do PP" non me digades que non é infantil. Aparte os que máis o critican son xustamente os que non votaron nin votan nin votarán xamáis o BNG.
Para Óscar: Maiorías do PSOE en Galicia?? E quen as vai conseguir?? Touriño?? Pepiño Blanco?? Magdalena Álvarez?? Non me digas máis...Vai ser Zapatero que o ides pasear como o brazo incorrupto de Santa Teresa.
O curioso de todo é que os socialistas empregan o mesmo vocabulario cos do PP. A quen non lle soa iso de "goberno amigo" ou iso de "bastión de votos en Galicia" ou iso de "o voto emigrante e moi difícil de cambiar". Cada vez teño máis dificultades para saber quen é quen. Cando oigo unha declaración dalgún dirixente do PP ou do PSOE teño que preguntar QUEN é o que está a falar e preguntar CANDO se fixo isa declaración. Polo tanto, coma comprenderades por iso non vexo con tan malos ollos chegar a futuros acordos có PP. Total, son o mesmo que o PSOE. Que máis da, non Óscar??


32

candidiño

a miña dubida esta en saber canto lle pagou Quintana a Fraga pola franquicia.


31

anónimo

Por qué do vermello se pasa ao azul?
trasladando a cuestión a unha trasmutación individual concreta, a resposta colectiva referida ao referente concreto que nos atañe -estrela do bnga- é exactamente polas mesmas intrínsecas razóns polas que pio moa pasou de militar no PCE e mesmo no grapo a fervente defensor literario do franquismo. qué máis ten ser hoxe revolucionario proletario e mañán tornarse en ultra?
no meu pobo, aos que fan estas cousas e estes cambios tan da noite para a mañán, chámanlle "TARABELOS"


30

anónimo

... e de "bons vivants" desertores do arado, da fabrica e do tajo, serán as suas mañas; os seus referentes, o luxo, o poder, o chiringuito, o enchufismo de novo cuño, ... estar na "élite política aldraxante das clases traballadoras" ... je, je, je, ... cómo nos imos rir nos proximos tempos.


29

anónimo

a min coma se lle pon no escudo o aguilucho do innombrable. o fondo da cuestión é a hipocresí do discurso que levan mantendo ano tras ano dicindo que son un partido de esquerdas e non sei cantas parvadas máis. nestes tres ultimos anos xa sacaron bastantes caretas e canto antes as saquen todas mellor para os traballadores galegos. a ver se así nos damos conta do que vale un peine. máis pronto que tarde serán os novos "bngacius" a imaxen e semellanza da dereitista burguesía catalanista. eso si de burgueses ilustrados máis ben pouco e de "bons vivants" desertores do arado, da fábrica e do tajo.


28

eu

Por favor, que os da UPG boten fóra ao paspón de QUIN. Non fai máis que o parvo. O único que sabe facer e repartir empanadas en "festas-jolgorio" entre os vellos. A vicepresidencia é un desastre. A xestión da lei da dependencia é patética. E a xente mosquease cada día máis.
Hai que facer unha política que nos diferencie claramente do PSOE e do PP, senón, se hai colacao para que mercar un sucedaneo.