GC

Por que do vermello se pasa ao azul?

  A decisión de pintar de azul a estrela vermella do BNG non ten sentado ben entre a militancia nacionalista...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/06/2008

  • versión para imprimir

Aínda que na Executiva nacionalista se deron as pertinentes explicacións e se enmarcou este cambio en razóns de "publicidade e marketing", o certo é que ter pasado do vermello ao azul ten causado sorpresa. Non son poucos os que identifican esta decisión coa intención da dirección nacionalista de aproximarse aos votantes tradicionais do PP. "É coma dicirlles que nós xa non somos vermellos, somos azuis, coma os populares", apunta un dirixente santiagués.

Hai quen especula coa posibilidade de que, de seguir por este camiño, tamén se faga desaparecer a estrela en vindeiras campañas publicitarias. "É o que nos queda para convertirnos no PP bis", retranquea o mesmo dirixente.



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

57 comentarios
27

Democrito

O BNG têm que poder falar, chegar a acordos ou mesmo compartilhar tarefas de governo, com as duas forças de obediencia espanhola.


26

La Fonsagrada

Aplauso para o "Confidencial". 26 entradas debatindo de NADA.


25

Alexandre

Da Fouce e da Estrela


X. L. MÉNDEZ FERRÍN
Farruco Sesto Novás titulou así, fillo como é da cultura política galeguista, un seu libro de poemas, non sei se o primeiro. El sabía, supoño que tamén Anxo Quintana e Mario López Rico, que Castelao ideara en pleno fragor bélico, 1937, o escudo republicano de Galicia (si: como Atila en Galicia). Neste escudo elimínase o elemento contrarreformista do copón e o Santísimo Sacramento, e o mesmo se fai coas sete cruces das sete provincias representativas do Antigo Réxime. Igualmente, a coroa real desaparece como é regra en réxime de República. No escudo de Castelao hai unha fouce de ouro, que acumula no seu simbolismo a herdanza céltica e a rebeldía dos agrarios e dos irmandiños. No chefe da fouce de ouro campa unha estrela vermella de cinco puntas (nada que ver coa de David). É a estrela da Liberdade e do Socialismo. O escudo é abrazado por un tenente que é serea de longa cabeleira que, polo baixo, ensina, atrevida e algo bulrista, o rabo de pixota. O escudo da serea, da fouce e da estrela leva, no deseño de Castelao, unha lexenda: DENANTES MORTOS QUE ESCRAVOS. Coido que algún día este será o escudo oficial de Galicia.
Durante a guerra de España o Batallón Galego do V Rexemento XI División de Líster púxolle unha estrela vermella de cinco puntas á súa bandeira azul e branca de combate. Na clandestinidade do franquismo, a UPG e a ANPG tamén impuxeron a estrela vermella de cinco puntas no centro da bandeira, co cal lle deron unha nota de viveza e de cor que suxería a máis Liberdade e a máis internacionalismo. Os mozos nacionalistas díronlle en chamar á bandeira galega coa estrela vermella, "bandeira da Patria". A min sempre me fixo moita graza esta denominación. "Madrid está inundado de bandeiras da Patria", díxome emocionada por teléfono Oriana Méndez o día no que Nunca Máis ocupou a Corte para admiración do Mundo.
A renuncia á estrela feita pública por Quintana e López Rico ten un fondo significado. O Bloque quer mudar de base e non gosta dos votos obreiros que lle vén canalizando a CIG e a esquerda social do País, gostantes da estrela vermella do internacionalismo proletario unida á idea de independencia. O BNG quer agora os votos dos señores do diñeiro fácil por iso o seu conselleiro de Industria sacrifica a imaxe maternal da Patria á infección das eólicas sen taxa. Quer os votos dos capitalistas, e a estrela espavéntaos. O que non sabemos é se San José pode mover tantas papeletas na urna como move a central sindical CIG. En todo caso xa o iremos vendo. O sindicalismo de inspiración marxista e de orientación nacionalista naceu e forxouse na loita clandestina. Eu opino que é vai ser imposíbel fundar agora unha patronal do tipo do Fomento do Traballo catalanista que lle tornera uns fantasmáticos votos burgueses a un BNG convertido en pujolista. En todo caso, é cousa do BNG e non miña nin dos que siguen en Galicia arelando, vivindo e pensando so o signo e resplendor da estrela vermella.


24

tinto

Que tostón!.


23

Fuso Negro

estrela azul,carretadas ,púlpito con super Piñeiro, discurso populista,manipulación, prevaricación, etc


22

Oscar

Bule bule, gústeche ou non, a Galiza do futuro é a Galiza socialista, sabes perfectamente que a maioría dos novos, e cada vez máis a xente de mediana idade, votan ao PP, e cando morran os vellos que conseguen facer ese 45% do que falas para o PP, o PSOE non terá rival nin no PP nin no BNG.
De feito, o PP non perdeu no 2005 por perder moito votante, foi simplemente porque paulatinamente ían morrendo os vellos da quinta de Fraga, e de aí o lento desgaste que sufríu o PP dende o 93 ata agora, sen apenas perder nin gañar votos de xente viva, só perdendo moitos votantes pola acción da natureza e gañando só algún que outro entre os novos votantes.
Non te preocupes polo 45% do PP, o tempo e a natureza, e máis a Santa Compaña de Costadamorte, farán o resto.
E o BNG por suposto que se acabará aproximando ao PP, eles non teñen a máis mínima dúbida. A cousa é, ¿cando? Pois falan de "a longo prazo", ¿por qué? Porque coñecen todo o que che acabo de dicir no parágrafo de enriba e saben que terán que acabar, a longo prazo, opoñéndose ao grande poder que terá o PSOE, pois cando morran os vellos, o BNG probablemente quede de segundo, coma principla opositor ás maiorías do PSOE.
E dado que casos coma este poderían parecerse bastante ao noso; mírao, para que te vaias acostumbrando...
http://www.elmundo.es/especiales/20...


21

alfonso

Hi! Estou de acordo co tema da fobia de certo sector da Voz de Galicia sobre todo o que cheire a cultura galega, os señores Blanco Valdés e un pouquiño menos Luis Ventoso cada vez que se intenta promocionar o galego ahí están dando caña, parece un periódico foráneo...e que lle pregunten nunha entrevista ó empresario de XONXA se vai trocar o nome cara a unha expansión internacional paréceme o colmo, lóxicamente a resposta foi que por suposto que non, pero o feito de preguntar iso non ten sentido ningún únicamente fobia polo galego.


20

Esmendréllome

... esmendréllome de ver como xustifican o da estreliña :-) :-) :-)


19

Esmendréllome

Teño que dicir que me esmendrello con todo este debate :-) :-) :-) :-)


18

Costadamorte

Isto do azul non é novedade, o azul sempre foi a cor do BNG...
Mais ainda, o BNG soio usou 0o vermello na estreliña nó sómbolo, o fondo sempre foio azul, ise azul con nubes...
E na cartelería da que estades a falar sigue igual... O anagrama sigue a ser o da estreliña vermella, e o ceo é o que aparece recortado coa forma de estrela...
Mais significativo é o que díxome un amigo... Que a el mosqueaballe moito que no anagrama a estreliña estivera invertida, cunha punta cara abaixo e dúas cara arriba, a il iso parecíalle un símbolo negativo, de mal agoiro e satanico, (as dúa puntas para riba eran os cornos), nembargantes a esytrela cun pico para riba e dous para baixo o ve positivo, un símbolo do home ou a muller, (a testa, os brazos e as pernas), e que así dalle bos agoiros...
Non sei que pensar, ao mellor o meu amigo é dos que ve a Santa Compaña..., pero por si acaso, eu non creo nas meigas, pero habelas hainas...

Por certo, UxioBreogan, non sei onde sacas ti ises calificativos para Tabares, pero dende logo non anda por algunhas localidades esgotando as existencia dos bares e en plan "non sabe vostede con quen está a falar", como outros que se din moi progres...