GC

Por que do vermello se pasa ao azul?

  A decisión de pintar de azul a estrela vermella do BNG non ten sentado ben entre a militancia nacionalista...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/06/2008

  • versión para imprimir

Aínda que na Executiva nacionalista se deron as pertinentes explicacións e se enmarcou este cambio en razóns de "publicidade e marketing", o certo é que ter pasado do vermello ao azul ten causado sorpresa. Non son poucos os que identifican esta decisión coa intención da dirección nacionalista de aproximarse aos votantes tradicionais do PP. "É coma dicirlles que nós xa non somos vermellos, somos azuis, coma os populares", apunta un dirixente santiagués.

Hai quen especula coa posibilidade de que, de seguir por este camiño, tamén se faga desaparecer a estrela en vindeiras campañas publicitarias. "É o que nos queda para convertirnos no PP bis", retranquea o mesmo dirixente.



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

57 comentarios
  • << inicio
  • < anterior
  • Páxinas
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7

    Oscar

    Estou de acordo con bule bule no que di de que só se fala de parvadas últimamente.
    Respecto a esta nova, está clarísimo que o da bandeira de Galiza é só unha xustificación, a cousa é que queren aproximarse ao PP.


    6

    Bule bule

    Imos ver. Unha crítica constructiva....que lle está pasando a este confidencial?? Temos a crise inmobiliaria, a crise do petróleo, folgas varias, soldos baixos..., e o do que se está falar é sobre se unha estreliña é vermella ou azul, ou non sei que sobre a muller de Touriño...
    Persoalmente, a mín gústame o cartel. É unha forma de achegarse a persoas que por algunha razón a estrela vermella dalle repelús. Pasar do vermello ó azul celeste da bandeira de Galicia é unha boa idea.
    Non vou a facer máis comentarios sobre este tema. Teño cousas máis importantes que facer que debatir con alguén se unha estrela ten que ser vermella, verde ou morada.


    5

    adiante

    O que si daría para comentar máis neste espazo de comunicación é o malestar existente entre boa parte da militancia do BNG coa actuación sectaria da Voz de Galicia en todo o que ten a ver coa cultura galega. Hai xa voces de dentro e de fóra do BNG que chaman polo baixiño a deixar de mercar a Voz e a responder desta maneira aos ataques e manipulacións que este xornal fai decote. Podemos estar diante dunha campaña de boicote activo, sen líderes pero eficaz. Seguramente a Voz teña entre os seus lectores a grande número de votantes do BNG, e se a este corpo social lle dá por cortar con este medio polos seus ataques constantes, a ver que pasa...


    4

    adiante

    O tema da estreliña azul ou vermella é unha bobada á que ninguén no BNG presta atención, aínda que dea para falar nos blogues e estas cousas. A estrela é vermella e punto, e así está no logotipo. Tamén naquelas europeas con Mella había quen dicía que se tapaba a estrela na bandeira. Pois mira ti!


    3

    quiriquiquín

    Esta non é a miña estrela, aquela pola que os galegos e galegas loitaron, aquela que colocara Catelao sobre a franxa azul da Bandeira, esa mesma que antes de onte Ferrín reivindicou na súa dedicatoria do Premio Nacional da cultura Galega "aos homes e mulleres que en GALICIA e no mundo viven e soñan baixo o signo da estrela vermella de cinco puntas". Somos galegos e galegas "por obra e graza do idioma", que cada vez se fala menos e peor e xa nin se respecta por parte das institucións e organismos (públicos, privados e concertados -Mesa e comisión da lingua incluídas-). Somos galegos pola idiosincrasia, por un sentimento altermundista que comeza a ser terceiromundista para os traballadores, mentres que para os políticos -miembros y miembras galegos e galegas- aproban o cobro de complementos salariais equivalentes ao soldo dun obreiro para eles e tódolos seus amigos -ou inimigos íntimos aos que convén ter calados- nomeados altos cargos por obra e graza do espírito da Cámara. Somos galegos porque temos un territorio, unha nazón que xa nin sabemos como se chama: Galiza, Galicia, Galispaña... En fin, xa veremos como acaba. Pero, vendo o que vemos, seguiremos sendo galegos? No vos sé.


    2

    Carlos

    Non será un problema da foto? Igual está mal enfocada


    1

    tinto

    dirixente? Non me toques o carallo!.


  • << inicio
  • < anterior
  • Páxinas
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6