GC

Quintana quere dialogar pero Touriño, non

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, está disposto a sentarse co líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, para falar de máis cousas que a economía, pero o presidente galego non quere saber nada da oferta do líder popular, que considera como unha trampa electoral...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/10/2008

  • versión para imprimir

Quintana ve de xeito positivo a disposición de Feijóo ao diálogo pero non quere que esa oferta sexa un brinde ao sol e poida ser utilizada por éste como un arma electoral. Por iso, o líder do BNG podería contestarlle que está disposto a dialogar con el, pero sempre e cando se aborde a situación económica dentro dos parámetros parlamentarios, tanto na Cámara galega sobre a lei de Orzamentos, como no Congreso cos Presupuestos Generales del Estado. Ademais, Quintana tamén vincularía esta situación coa necesidade de que Galicia se dote de ferramentas e políticas económicas propias, un tema que entroncaría coa necesidade de aprobar un novo Estatuto, negociacións que no seu día non chegaron a bo porto, precisamente, polo veto popular.

En todo caso, as intencións de Quintana de aceptar ese diálogo dependen da vontade de Touriño de entablar negociacións con Feijóo, algo ao que non está disposto o presidente galego e que xa deixou claro ao seu socio de goberno. Para Touriño, a oferta de Feijóo é unha excusa para deixar en evidencia ao Goberno galego e para utilizala como arma electoral.

Tanto socialistas como nacionalistas non queren que esta circunstancia arruine o bo momento polo que atravesan logo da escenificación de unidade que Touriño e Quintana fixeron duran do Debate do Estado da Autonomía e que pactaron en setembro despois dun verán de tensións entre as dúas formacións do bipartito.



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

23 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 23

    Oscar

    Pois eu, se fose Touriño; falaría con eles (a condición de que se pechase o estatuto en pouco tempo) e logo de facer iso, acusaría ao PP de dar voltas segundo lle vai o vento, de ser uns oportunistas. E contraporiao ao sentido de Estado do presidente de non adiantar eleccións pese a que non lle convén.
    En época de crise, non hai peor acusación que a de oportunista, de ser pouco de fiar. A xente quere dirixentes moi previsibles, cun programa amplo e coas ideas moi claras.


    22

    Asubio

    Dialogar, dialogar, que verbo tan fermoso.
    Agora dialogar de que? sentindo como sinto que o BNG é a única ferramenta parlamentar do galeguismo que non se apunte ao carro de falar con Feijoo para reformar un estatuto a poucos meses vista dunhas eleccións. Ninguén cree iso, haberá eleccións e despois delas si se pode chegar a acordos, pois moi ben, pero non esquezamos que o PP foi quen imposibilitou o anterior intento de reforma do estatutiño. Un pouco de seriedade.


    21

    tinto

    Eu estou de acordo contigo, Resito. Como non quero imposición e estou pola libertade, NON vou ir ao Obelisco a axudar aos liberticidas que queren acabar co galego e están por impor o español.


    20

    resito

    Por la libertad de idioma, no a la imposicion, manifestación en La Coruña, domingo 19 de Octubre a las 17.30 en el Obelisco del Canton Grande


    19

    Oscar

    aaa, ¿sabes a diferencia entre catedrático e doutor?


    18

    C. Neira

    aaa, tes razón mais finalmente esa cátedra foi anulada polas irregularidades de todo tipo que houbera.

    Despois, pasados uns anos, volveron convocar a cátedra e Pérez Touriño xa non se atreveu a presentarse. A cátedra foi para López Suevos.


    17

    aaa

    Ser catedrático as veces non garante a capacidade. Torito gañouna frente a López Suevos que era ben millor ca el, pero non era do psoe, o que baremaba moito máis. Ninguén ten a obriga de sabelo, pero é así.


    16

    tinto

    Oscar: cada vez que replicas metes máis a zoca na lama. Primeiro de "gallito" coa meritocracia e logo demogogo con Montilla e a insuficiencia económica para estudiar. Eu non fun quen puxo as carreiras como mérito para ser presidente de Galiza ou Catalunya. Eu creo que os políticos deben ser eleitos polos seus méritos e capacidades de dirección e non pola súa titulación. Ademáis titulados e doutores en economía haiche un feixe deles en Wall Street anotándose no paro si precisas líderes aos que adorar.


    15

    Oscar

    A Rajoy éncheselle a boca de criticar o desfile do 2003 no que ZP non se levantou ante a bandeira americana, pero el, coma sempre, non pode ser menos.
    http://www.elmundo.es/elmundo/2008/...


    14

    Oscar

    Non che vou quitar a razón de Rumasa, para unha verdade que se di. Coma aquel bulo de que a SS quedou quebrada con González.
    Pero o PP segue sen decatarse de que non hai que mirar a merda de hai cen anos e hai que traballar có feito de que ZP non é González, e que non van gañar as eleccións sen criticar a ZP e non a González. Que o Presidente é ZP, non González.
    E logo está o populismo:
    "¿Y cómo es que se gasta tanto de luz en La Moncloa?"
    sres do PP...¿canto subiu a luz? ¿Canto subiron as enerxías? ¿É culpa de ZP?

    "Os cartos que o goberno destinará pra axudar aos bancos os utilizaran para limpiar a sua porcallada en vez de axudar aos cidadáns "
    ¿A súa porcallada? Anda, pensei que o fai pouco detido sr. Fabra era do PP e non do PSOE. Que eu saiba todo isto orixinouse pola tolería inmobiliaria; i que eu sabia as recalificacións do Atlético e do Real Madrid, coas novas torres que se constrúen) as fixo Gallardón (¿PSOE?) e a Fabra (¿PSOE?), xenro do privatizador sanitario Güemes (¿PSOE?) detivérono fai pouco por corrupción.
    E a Comunidade Valenciana, que a costa é un muro de formigón a goberna Camps (¿PSOE?) e Murcia, onde falta para regar cultivos pero sobra para campos de golf, goberna Valcárcel (¿PSOE?).
    E Esperanza Aguirre (¿PSOE?) acaba de reducir NUN 30% os cartos para as universidades PÚBLICAS. Xusto canto tododiós fala de que hai que deixar de privatizar todo.
    http://www.elpais.com/articulo/soci...
    A administración do PSOE tén erros, non vou ser quén o negue. Pero a administración do PP é un erro maiúsculo en sí mesmo.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3