GC

Quintana quere dialogar pero Touriño, non

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, está disposto a sentarse co líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, para falar de máis cousas que a economía, pero o presidente galego non quere saber nada da oferta do líder popular, que considera como unha trampa electoral...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/10/2008

  • versión para imprimir

Quintana ve de xeito positivo a disposición de Feijóo ao diálogo pero non quere que esa oferta sexa un brinde ao sol e poida ser utilizada por éste como un arma electoral. Por iso, o líder do BNG podería contestarlle que está disposto a dialogar con el, pero sempre e cando se aborde a situación económica dentro dos parámetros parlamentarios, tanto na Cámara galega sobre a lei de Orzamentos, como no Congreso cos Presupuestos Generales del Estado. Ademais, Quintana tamén vincularía esta situación coa necesidade de que Galicia se dote de ferramentas e políticas económicas propias, un tema que entroncaría coa necesidade de aprobar un novo Estatuto, negociacións que no seu día non chegaron a bo porto, precisamente, polo veto popular.

En todo caso, as intencións de Quintana de aceptar ese diálogo dependen da vontade de Touriño de entablar negociacións con Feijóo, algo ao que non está disposto o presidente galego e que xa deixou claro ao seu socio de goberno. Para Touriño, a oferta de Feijóo é unha excusa para deixar en evidencia ao Goberno galego e para utilizala como arma electoral.

Tanto socialistas como nacionalistas non queren que esta circunstancia arruine o bo momento polo que atravesan logo da escenificación de unidade que Touriño e Quintana fixeron duran do Debate do Estado da Autonomía e que pactaron en setembro despois dun verán de tensións entre as dúas formacións do bipartito.



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

23 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 13

    manuel

    E non e certo o de Rumasa?.Os cartos que o goberno destinará pra axudar aos bancos os utilizaran para limpiar a sua porcallada en vez de axudar aos cidadáns


    12

    Oscar

    http://www.elpais.com/articulo/espa...
    Parece que o PP volve a perder a cabeza, igual que na lexislatura pasada.
    Outro sinal de que voltarán a perder.
    Crispadores falabarato. Xusto o que a xente non quere cando tén problemas económicos. Rajoy sabíao cando decidiu renovar o PP, pero parece que non pode manter a estratexia; bota de menos os tempos da lexislatura pasada no que os problemas económicos non eran tan graves e sacando un pouco das casillas ao persoal arrapañaban algún votiño que outro en Madrid e Valencia.


    11

    amoscaesquerdosa

    Xa non saben que facer nin que dicir para seguir creando falsas ilusións...
    Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com


    10

    Oscar

    "quen confunde capacidade con titulación"
    Máis que confundir capacidade con titulación ("doutor en Economía" son só tres palabras no que dixen) có da titulación só quería difenrenciar a un home capaz e traballador cún populista demogóxico e xun enchufado de vida fácil.
    Esa era a distinción central.
    Grazas por criticarme os detalles e non a idea central; reafírmasme máis na miña crítica.
    E normalmente non se pode xaralizar que a titulación e a capacidade coincidan. Non seréi eu quén xeralice tanto.
    Pero neste caso, además do curriculo académico, resulta que sí coinciden.
    E máis cando o asunto principal que nos atañe nestes momentos é a economía.
    E non é certo que o menos titulado sexa sempre máis incapaz, pero o certo é que a Pepiño Blanco ou a José Montilla o primeiro que lle critican todos é o feito de non ter carreira (supoño que non caso de Montilla tería que ver moito có simple feito de non poder pagala no seu momento; sería algo moi propio da xona do Baixo Llobregat nos anos 70 e 80).
    Sen embargo ninguén cita o caso de Acebes, que sacou Dereito logo de dez anos.¡Claro, coma ao pai lle sobraban os cartos porque estivo ben relacionado no franquismo, puido ter ao inútil do fillo en Salamanca ata que sacou (cando lle saíu da punta do n---) a carreira. E sabedor de que pese a ter carreira, era un completo inútil; pois apañouse o pai para enchufalo no PP. Da pena (pola sociedade) ver ata onde chegou.


    9

    Lugués

    Tinto: os meus parabéns. Dificilmente se pode dicir máis claro.


    8

    tinto

    Oscar: quen confunde capacidade con titulación debería estar disposto a que en vez de eleccións houbera un concurso de méritos. Ou sexa nada de democracia e pasar á meritocracia. Corcuera debería saber que ten un compañeiro de partido coma tí.


    7

    Oscar

    ¿Insinúas que a Igrexa manda no bipartito?


    6

    daniel

    tedes razon Xan do can e Oscar na incompetencia economica,é iso que non coñeceis a festa a medias ahí non manda o Goberno senon unha organización que reza e lle gustan moito os cartos


    5

    Oscar

    ¿¿¿Touriño mediocre???
    Se hai que substituílo, só espero que o doutor en Economía teña un substituto mellor (sobre todo tendo en conta que estamos en crise).
    E nin o enfermeiro populista de descurso fácil nin o enchufado que non tivo na vida outra ocupación ca a política serán mellores que o que temos.


    4

    Xan do Can

    O negatuivo das autonomías e que creou moito mediocre para postos que na sua vida imaxinarían, sendo o Torito un dos afortunados.
    Eso sí, a partires das proximas que lle quiten o bailado.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3