Quintana ve de xeito positivo a disposición de Feijóo ao diálogo pero non quere que esa oferta sexa un brinde ao sol e poida ser utilizada por éste como un arma electoral. Por iso, o líder do BNG podería contestarlle que está disposto a dialogar con el, pero sempre e cando se aborde a situación económica dentro dos parámetros parlamentarios, tanto na Cámara galega sobre a lei de Orzamentos, como no Congreso cos Presupuestos Generales del Estado. Ademais, Quintana tamén vincularía esta situación coa necesidade de que Galicia se dote de ferramentas e políticas económicas propias, un tema que entroncaría coa necesidade de aprobar un novo Estatuto, negociacións que no seu día non chegaron a bo porto, precisamente, polo veto popular.
En todo caso, as intencións de Quintana de aceptar ese diálogo dependen da vontade de Touriño de entablar negociacións con Feijóo, algo ao que non está disposto o presidente galego e que xa deixou claro ao seu socio de goberno. Para Touriño, a oferta de Feijóo é unha excusa para deixar en evidencia ao Goberno galego e para utilizala como arma electoral.
Tanto socialistas como nacionalistas non queren que esta circunstancia arruine o bo momento polo que atravesan logo da escenificación de unidade que Touriño e Quintana fixeron duran do Debate do Estado da Autonomía e que pactaron en setembro despois dun verán de tensións entre as dúas formacións do bipartito.
Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
supoño que votarás ao PP, porque sempre vos credes que ides sobrados. Logo pasa o que pasa.
Mal feito, Touriño. Tirón de orellas.
Sempre hai que dialogar có opoñente. E se Touriño teme que se convirta en arma electoral, tén que facer que, dalgunha maneira, se convirta en arma electoral ao teu favor; non ao favor de Feijóo.
Por certo:
"Tanto socialistas como nacionalistas non queren que esta circunstancia arruine o bo momento polo que atravesan logo da escenificación de unidade que Touriño e Quintana fixeron duran do Debate do Estado da Autonomía e que pactaron en setembro despois dun verán de tensións entre as dúas formacións do bipartito."
Tiña entendido que, a teneor do que dicían algúns; o PSdeG xa tiña perdida a Xunta, e o PPdeG a tiña asegurada.
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade clocwatches.com