Este pasado sábado, Cambados e as Rías Baixas foron os protagonistas do capítulo da serie "Spain, on the road again" que emite a cadena WMFE, protagonizada pola actriz de orixe galesa Gwyneth Paltrow. Estiveron coas mariscadoras, improvisaron unha parrillada con langosta, ameixas e navallas, regadas con albariño; comeron empanada e mesmo prepararon un pulpo á galega. O equipo de programa tamén estivo facendo parte do Camiño de Santiago. Fai agora xustamente un ano da súa visita en Galicia. Logo de percorrer toda España a actriz ten comentado que o que máis lle impactou foi Galicia e Granada.
Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Podes ser ianqui e ao mesmo tempo ser de orixe -ti e maila túa familia, os teus ancestros- galesa, italiana, galega, xaponesa, iraniana, rusa...
Aquí, a cuestión é que a esta celebridade lle gustaron os birbirichos e mailas ameixas da ría, viviños e fresquiños, demostrando un bo gusto e un bo padal, e de paso facéndonos un pouco de promoción da boa. Algo que nunca vén mal, non como a que nos fixeron Toñi Vicente, os seus amigos do etoile system e mailos intelectuais de paparota en mesa camilla.
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade clocwatches.com