GC

Mobilización independentista

O colectivo Ceivar celebrou hoxe unha rolda de prensa para informar sobre o inminente xuizo dos independentistas Ugio Caamanho e Giana Gomez na Audiencia Nacional e facía un chamamento á mobilización para denunciar o que consideran "falsa xudicial". Pouco despois as rúas compostelanas aparecían con pintadas denunciando este procesamento e tildando de "nazi" a este tribunal. A Audiencia Nacional tamén chamou a declarar á independentista Maria Bagaria,  acusada da colocación de aparellos incendiarios nas obras dunha minicentral no río Arnoia.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 21/10/2008

  • versión para imprimir


Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

10 comentarios
10

Oscar

Home; precisamente meu avó foi Garda Civil, e non fai máis que falar mal do corpo. E fala dende o coñecemento.
Di que a incompetencia e a vagancia son a norma e non a excepción.
Por outra banda, a policía en Santiago tén un logo historial de maltrato, abuso de autoridade e "excesiva imaxinación" por non chamalo doutra maneira.
Hai pouco, por exemplo, detiveron a Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e homosexual, porque supostamente el se lles insubordinara e lles insultara; o tempo demostrou que foron eles quenes pronunciaron insultos homófobos e abusaron de autoridade.
Con iso de que son o "brazo da lei" moitos deles crénse que poden facer o que lles dea a gana. O problema vén cando son a norma e non a excepción.


9

anónimo

oscar, dun tempoa a esta parte parece que estás toleando meu. eu era dos que te seguía a miudo pero con comentarios teus coma o que neste caso precede ao meu, non poido facer outra cousa que deixar de ler por unha temporadiña todo o que escribas.

se les varias veces moi de vagar o que escribiches e logo tratas de informarte con obxectividade un pouquiño máis sobre a policia e a garda civil actual, ao mellor empezas a ter outra opinión. non confundas o sistema cos trballadores.


8

Oscar

que argumentos; en primeiro lugar dudo que o reo sexa tan malo coma ti dis (chámaslle "centro de exterminio"); aínda me lembro de cando hai uns anos en Compostela había uns panfletos protestando pola situación dún preso; argumentaban que o maltrataban porque non tiña auga quente; ¡non te fode, e moitos galegos libres tampouco!
Sí che dou a razón no tema da policía; son o primeiro en falar mal da Policía Nacional e da Garda Civil; concretamente en Compostela teñen un largo historial de abuso de autoridade e malos tratos, amigos meus independentistas (que sei que son pacíficos) estiveron detidos, eu mesmo tiven problemas (non en Compostela, senón en Madrid) cando fún sún grupo a protestar polo Plan Boloña fronte a sede do Ministerio de Educación, os moi covardes non son capaces de deter a un mafioso dos seus coma os de Coslada, pero de dar paos a inocentes estudantes defendendo os seus dereitos sí son capaces; só me oirás falar mal da policía, penso que o seu nivel intelectual a a súa autoestima están tan polo chan que se teñen que consolar tratando mal á xente. Non son máis listos ca nadie, calquera de nós resolvería mellor a seguridade que o 80% deles, por moitos medios que se lle den, só son medios inútiles en mans de inútiles patáns, polo que non serven para mellorar a seguridade (de onde non hai intelixencia non se pode sacar), habería que poñerlles man dura e despedir a ese 80% de inútiles patáns violentos que son un perigo para a democracia e os seus intrumentos (non me creo, por exemplo, que no caso Galdeano [do agricultor de Roquetas que morrera na comisaría por maltrato con porras eléctricas], non intimidasen a ninguén para obter unha sentenza favorable, pois as obviedades son as que son). A meirande parte deles nin sequera cre na democracia, só cren nos paos, por iso non defenden a liberdade nin defenden ao pobo, senón que máis ben defenden o seu "orden público", que é coma un "orden" franquista; os delincuentes delinquindo tranquilamente por moito que na tele non saia e a xente teña sensación de seguridade, pero na xente decente, só hai un silencio sepulcral, o de estar coa boca pechada, que é o que se pospón á represión.
Podería continuar a demostrarche que os corpos policiais me caen MAL, MAL E MAL.
Pero aínda así non xustifico que se poda a liberdade para quén puxo unha bomba.
Tamén che podería relatar porque me caen mal os bancos, peor aínda que a policía (anque os considero un mal necesario na actual coxuntura) pero non se pode ir por aí poñendo bombas; e pareceríame demasiado que a policía inventara iso, a explosión aconteceu, puiden var os efectos, e paréceme moi difícil que fose invención da policía (simplemente, non son tan listos coma para inventala).
Xa sei que Uxío e Xiana van estar no reo unha tempada, niso non me metían moito; se te fixas, eu protestei contra a actitude de Ceivar e compañía por pedir a liberdade de Uxío e Xiana; que é o que non me parece responsable.


7

que argumentos

estaba agora a ler os comentarios en varios xornais sobre este xuizo e chamame a atencion que en moitos se repite o argumento de "agora pretenden irse de rositas", o cal é unha parvada, pois todos sabedes que se van pasar anos na cadeia, pero o que si é normal é que se denuncie o trato ilegal (devido as motivacions politicas) que o estado espanol lles dá (incluinda as recentes torturas a Santi Vigo (xoven de compostela de 18 ou 19 anos).

Veredes, a min na altura do Prestige denunciaronme por unhas pedradas que eu non fixera, mas entendino ben xa que a mani estudantil (de institutos en pontevedra) organizaraa eu e a policia sabia a quen era importante amedrentar, moita xente se solidarizou comigo (incluindo asquerosos do PSOE) pero non xq eu non tirara pedras (só casualidade que non fora), todo o mundo pensaba realmente as tirara, ata meus pais, hahaha, pero solidarizabanse xq estaba loitando. Esta pequena istoria por suposto non é como a de Ugio e Giana Gomes, a sua para min, merece moito mais respeto, pois tiveron moitisima valentia (e seguen a ter esta valentia, pois estan enfrontando a cadeia como verdadeiros loitadores) e ia dirixida contra un sitio parecido que as pedras de conpaneiros de instituto cando o Prestige.

Que non se continue a difamar, pretendendo parecer que van de vítimas, é mentira, eles van de loitadores e estou convencido de que van a aguentar calquer situacion en eses centro de exterminio. Desculpade a extensión.


6

Esmendréllome

Pois que non xoguen con lume. Agora que respondan como verdadeiros valentes e que se enfronten a peito descuberto ás consecuencias, que se convertan en mártires e que non pretendan irse de rositas. Ademais de incendiarios, covardes!


5

tinto

Que actúe a xustiza e as garantías procesais. Oscar: si como dis: "canto máis nacionalista se é, máis cegado se está..." tí debes ser un ultranacionalista.


4

Oscar

evidente, calquera que xoga con lume debe ser consciente de que se pode queimar.
Os que protestan nese tema non deben ser persoas mi cabais, ou moi intelixentes; ou polo menos vese que non teñen o suficiente sentido democrático coma para aceptar as decisións da xustiza. Algún dos que protesta teráme que esplicar que tén que facer a xustiza con alquén que se adica a poñer bombas pola rúa. ¿Permitírllelo? ¿Deixalos libres có risco que iso supón PARA TODOS?
Se Uxío e Xiana fosen españolistas, veriamos a estes de Ceivar pedindo que os encadeasen. É o típico dobre raseiro moral dos nacionalistas radicais: todo vale para defender á miña querida Galiza, e a suposta defensa de Galiza cégame de ver que estes, por moi dos meus que sexan, son un perigo público. Porque canto máis nacionalista se é, máis cegado se está de ver a realidade de maneira obxectiva.


3

Oscar

¿Non era Xiana Rodríguez?
En calquera caso, apelido da España profunda onde os haxa.


2

evidente

claro..ninguén que xoga con lume se quere queimar, ou?


1

Esmendréllome

Xogan con lume e despois non se queren queimar!!!