GC

Galicia Bilingüe avisa

A asociación Galicia Bilingüe acaba de mandarlle un "recado" ao futuro presidente da Xunta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 18/03/2009

  • versión para imprimir

A presidenta deste colectivo, Gloria Lago, convocou aos medios de comunicación en Vigo para comunicar que vixiará "atentamente" as promesas electorais do PPdeG en materia lingüística para que acabe coa "imposición" do galego e para que se elimine o "adoctrinamiento" no ensino.

Ademais, insistiu en que sexan os pais os que decidan a lingua na que se escolarizan os seus fillos e asegurou que este modelo é o mesmo que se aplica noutros países europeos. "Non vexo motivos para pensar que os políticos galegos non vaian ser capaces de facelo tamén aquí", apuntou.

Tamén anunciou a súa intención de entablar conversas co PSdeG e mostrouse favorable as manifestacións de diferentes dirixentes deste partido que aseguraron que a lingua foi un elemento desmobilizador do seu electorado.

As advertencias desta plataforma chegan despois de que a Mesa dera a coñecer un informe sobre a perda de falantes de galego e ante as diferentes posturas que existen no PP sobre a futura política lingüística. E é que o propio Feijóo matizou nos últimos días a súas primeiras manifestacións sobre que sexan os pais quenes escollan a lingua dos fillos. Un sistema que de aplicarse literalmente, segundo algúns asesores populares, provocaría unha división dos alumnos e crearía "apatheiths lingüísticos". Por iso, este partido baralla diferentes alternativas a esa promesa electoral que non pasen pola segregación lingüística.



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

35 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 35

    anónimo

    Estou seguro que ninguén quere impoñer nada a ninguén ????? Seguro?????


    34

    Corre vai e dille

    Estou seguro que ninguén quere impoñer nada a ninguén pero o debate e ¿como falar galego, polomenos o 50% da poboación galega?. Neste senso non abanzamos nada.Se deixamos así a cousa, o galego seguirá como lingua do paisano pra entenderse coas súas vacas e cos seus burros, en definitiva, cos animáis. Non poño en tea de xuizo o castelán, nin muitos menos. Espero as vosas respostas. Saúdos


    33

    _2465433_

    Eu estou totalmente de acordo con ter máis autonomia e que se respeten as tradicións, agora ben as formas como se quere conseguir e os dirixentes que piden esto pareceme que o usan como arma electoral pero non son os máis indicados para usar eses dereitos como é debido. En Cataluña ou no Pais Vasco primeiro creceron como potencia económica e agora teñen mais autonomia, primeiro temos que crecer ordenadamente e logo poderemos reclamar o revés non vai funcionar. O revés teremos a tradación de seguir igual ca sempre.


    32

    lostrego

    Xa, Corre vai e dille, pero o galego sobreviviu coma o inglés pola falla de relación intensa con aqueles que non falaban o idioma nativo e pola inexistencia de escolarización no idioma introducido. A situación actual non é a de 1066 nin sequer a de 1930
    Saúdos


    31

    Corre vai e dille

    Son tan galego coma tí, numeritos. Xa ves o sinxelo que é confundir. Quero dicer en definitiva que temos que poñer en valor o que nos quedou do que nos roubaron, e intentan facer o mesmo con todo. Eu quero pra galiza a súa historia, as súas tradicións, as súas aldeas cheas de boa xente. Grazas a xente das aldeas non se vai perder o galego. No ano 1066, inglaterra foi invadida polos franceses, e estes prohibiron nas grades cidades falar o inglés, e por suposto falar o francés, pero quedou a xente das aldeas que ao estar ailladas segueron falando o seu idioma, o inglés, e por iso non se perdeu. Saúdos


    30

    _2465433_

    Eu non dixen que só hubera un idioma e non sei porqué me tes que contestar en castelán cando antes ti e máis eu falamos en galego, moi e fácil de confundir todo e dicir que por reclamar o coñecemento das duas linguas e o mesmo que ser un fascista, españolista...o da traducción dos productos non o vexo mal para nada pero dende logo non o antepoño a moitisimas outras cousas.


    29

    Corre vai e dille

    No entiendas mal numeritos. Sería lo ideal que hibiera un solo idioma continental, o mejor mundial, como por ejemplo la música. Pero como esto no existe tenemos que procurar entendernos de la mejor manera. Los españoles y gallegos, principalmente, si inventamos una cosa enseguida ponemos el manual en inglés, y estos ponen mercancías en el mercado sin traducción al español y menos en gallego. Cualquier electrodoméstico o aparato electrónico estranjero trae la traducción en todos los idiomas de europa inclusive el catalán, en gallego no traen traducción porque los propios gallegos no le dan ningún valor, que harán los demás?. Y eso que los ingleses hacen casi todo al revés, si los gallegos condujeran por la izquierda, serían todos del BLOQUE, a que sí. Saúdos


    28

    _2465433_

    Non a segregación e sí o coñecemento e bo uso das duas linguas.Galiza monolingüe entón...se hai xornais en castelán é porque teñen máis difusión non porque sexan uns fascistas o igual que as revista "Science ou Nature" son en inglés. En canto o de que o inglés non e importante porqué Inglaterra está en crise e unha das maiores tonterias que escoitei, a meirande parte de Europa o ten como un idioma ferramenta para entenderse entre sí, podes ir a Alemaña, Francia...e entendeste en inglés non é uso exclusivo de EE.UU e Inglaterra. Os que queiran ensinar os seus fillos nunha soa lingua eles verán se queren que os seus fillos poidan ser capaces de falar perfectamente con 3 millóns de persoas ou con 500 millóns.


    27

    cachuli

    xa empezamos e inda non tomou posesion on estavan asta aora os da ciga,galicia vbilingue,nunca mais etec etc,


    26

    Corre vai e dille

    Estades as voltas co inglés e cuido que se está a cometer un erro mui grande. De sempre foi bo saber idiomas, queno duda, pero os ingleses non son tan poderosos NA EUROPA, nen teñen a forza suficiente. Estamos a ollar que europa non acaba de unificarse, cada país vai por libre, sen ir mais lonxe coa crise do diñeiro. Polo tanto ese interese tan importante por estudar inglés non vai dar resultado. Ides ver un dos mais grandes erros de Rajoi. QUE GRAN ESTADISTA DO TRES O CUARTO.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4