A presidenta deste colectivo, Gloria Lago, convocou aos medios de comunicación en Vigo para comunicar que vixiará "atentamente" as promesas electorais do PPdeG en materia lingüística para que acabe coa "imposición" do galego e para que se elimine o "adoctrinamiento" no ensino.
Ademais, insistiu en que sexan os pais os que decidan a lingua na que se escolarizan os seus fillos e asegurou que este modelo é o mesmo que se aplica noutros países europeos. "Non vexo motivos para pensar que os políticos galegos non vaian ser capaces de facelo tamén aquí", apuntou.
Tamén anunciou a súa intención de entablar conversas co PSdeG e mostrouse favorable as manifestacións de diferentes dirixentes deste partido que aseguraron que a lingua foi un elemento desmobilizador do seu electorado.
As advertencias desta plataforma chegan despois de que a Mesa dera a coñecer un informe sobre a perda de falantes de galego e ante as diferentes posturas que existen no PP sobre a futura política lingüística. E é que o propio Feijóo matizou nos últimos días a súas primeiras manifestacións sobre que sexan os pais quenes escollan a lingua dos fillos. Un sistema que de aplicarse literalmente, segundo algúns asesores populares, provocaría unha división dos alumnos e crearía "apatheiths lingüísticos". Por iso, este partido baralla diferentes alternativas a esa promesa electoral que non pasen pola segregación lingüística.
Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Grazas Alberto por me facilitar que os meus raparigos podan estudar só en galego. GRAZAS, agardo cumplas a túa promesa.
É imposible matricular aos rapaces por lingua, non hai xente nin pasta (e probablemente nin ganas) para meterse nese follón. Ou sexa que menos lerias co tema e a arranxar os problemas reais do ensino (que tampouco hai ganas de facélo)
Para a elección de língua -a non ser en infantil- terán que modificar primeiro a lei de Normalización Lingüística, que no art. 13.3 di:
"LOS ALUMNOS NO PODRAN SER SEPARADOS EN CENTROS DIFERENTES POR RAZON DE LA LENGUA. TAMBIEN SE EVITARA, A NO SER QUE CON CARACTER EXCEPCIONAL LAS NECESIDADES PEDAGOGICAS ASI LO ACONSEJASEN, LA SEPARACION EN AULAS DIFERENTES".
Dos de G Bilingüe -é un dicer- tan so vos invito a que intentedes entrar nos seus foros. Dádesvos de alta e podedes esperar a que activen a conta, polo menos até o día xuizo final, porque coñezo mais dun caso e nunca activan a conta de xente que non coñezan. Como dicía un que se lles colou e participaba hai tempo antes de que o botaran, constitúen un perfeito círculo pechado que fai calar calquera discrepancia e lamina calquera disidencia. Estes días tiñan un problema con un dos seus socios, un tal Pablo Veira, que espantado pola falta de argumentos e a abundancia de insultos e descalificacións pedía moderación. Creo que o botaron do foro malia a ser un deles.
Vaia estou desexando que comece o novo curso, o noso novo presidente dixo que se ia poder escoller o idioma no que os meus fillos estudiarán.... por fin vou poder escoller que aos meus fillos lles dean clases totalmente en galego. Espero que cumpla as suas promesas e teña unha casilla na matricula dos meus fillos para escoller o idioma galego, ata agora iso era imposible. Viva a liberdade, grazas Alberto
Quen lle arrenda a Ganancia a Feijoo:
- O galego non era un problema co bipartito, máis para foder ó BNG había que poñelo na mesa, daba votos, e o PP e os seus media así o fixeron. Máis agora, se poidese esconder todo o que dixo¡¡¡, ademáis os de GB non son do PP, e o seu discurso é o de UPyD como Feijoo entenderá nos próximos meses, GB pretenderá facer cuña no PP para facer ver as súas incongruencias...
- A crise, sempre a crise, a crise queima ó que está no goberno, e din que ó mellor hai recuperación no 2010, no 2013 ós parados que non lles conten películas de que o problema viña de atrás...
- O reparto eólico, como facer?, e a quen? e a quen llo quitas?, e que todo pareza que é para mellor.. difícil, moi difícil...
- a cidade da cultura. Que facer?, para qué?, que tal lle parecerá continuar ó señor latorre?...
- E todo con 5000 votos menos que a oposición, sen os gobernos nas cidades e en dúas deputacións. Coa metade da prensa a favor, máis con algunha prensa que mirará con lupa cada paso que demos de agora en diante e nos lembrará con campañas mediáticas a mezquina e mintireira campaña que nos deu o poder... ufff
O discurso,de GB é todo demagoxia que se contradí a el mismo cando fala de libertaz individual sobre a aceptación ou non dunha lei coma pode ser a de normalización linguística á que se opoñen; pero usen vostedes esa LIBERTAZ para opoñerse en nome da liberdade por suposto ás leises fiscais por exemplo, "cada gallego podrá pagar en impuestos lo que quiera", sen imposicions fiscais que foden máis que as linguísticas por certo..
E porque non LIBERTAZ de escoller a que estado lle damos os impostos. Eu quero LIBERTAZ para escoller a que estado pertencer, que carallo?, pois en libertaz non quero pertencen a España senón a Galicia, non teño nada contra España, que conste. Simplemente no quiero que me la impongan. Que no me impongan España a mi y a mis hijos, quiero escoger estado no?, en libertad. Los estados son de las personas y no de los territorios no?, pues eso, LIBERTAZ...
Uy,vaya vaya con el anonimo ese que amenaza al presidente electo Feijóo,será mejor que calles no vaya a ser que te metan un puro la justicia...
Aprender a perder,que no os queda nada para seguir perdiendo y perdiendo
Ben, ¿son conscentes en "Galicia-Galiza bilingue" do que implica a súa proposta?...
A segregación por opción de lingua dos rapaces conducirá ao longo a unha segregación social en duas comunidades, co tempo teremos colexios galegos e colexios casteláns, barrios galegos e barrios casteláns, hospitais galegos e hospitais casteláns, e iso rematará nalgún tipo de conflictividade...
As lecións históricas non son nada alentadoras, véxase os casos de Bélxica, Chequia, as repúblicas bálticas...
¿Non sería mellor unha educación bilingue para todos?, (trilingue se queremos incluir o inglés)...
¿Que ventaxa real van ter os castelanfalantes en non estudar e desenvolverse en galego?...
Porque os galegofalantes van aprender castelán igual, xa que ainda que na escola soio reciban en castelán as aulas de lingua castelana, o aprenderán e practicarán cando vexan tv, vaian o cine, lean a prensa ou libros técnicos, etc..., nembargantes, os castelanfalantes non dominarán o galego, xa que soio terán as aulas obrigatorias dista lingua, pero na práctica non o usarán fora dise ámbito.
Ao final, os castelanfalantes estarán en desventaxa para acceder a función pública, pois supoño en que os "bilíngues" concordaredes en que para servir a unha sociedade con dúas comunidades linguísticas, os funcionarios teñen a obriga de dominar as dúas linguas, co cal sempre estarán en ventaxa os galegofalantes, que dominarán as dúas, namentres que os castelanfalantes, non, e como exemplo volto a remitirme ao caso belga, onde os flamencos si saben francés, pero os valóns non dominan o flamenco...
¡Claro!, a non ser, que ben pretendades que existan duas administracións, dúas xustizas, dous sistemas sanitarios e educativos, etc..., distintos, (un para castelanfalantes e outro para galegofalantes), ou ben que na práctica os galegofalantes perdan o dereito a ser atendidos na súa lingua, para que os castelanfalantes poidan acceder a función pública sin dominar o galego oral e escrito, sendo isto último o que sospeito que na práctica pretende Galicia-Galiza bilingue...
Vaya, como se ponen estes bloqueritos cuando habla mi amiga. Tendre que sacar una entrevista en mi periodico a pagina completa de Gloria, tan solo para fastidiarles más. Yo que siempre fui un democrata y siempre he defendido el idioma gallego, desde epocas que ya no recuerdo, alguien se acuerda desde cuando empezaron a dar subvenciones millonarias por esto del gallego sin tener que hacer nada?, no sé esto de pensar en el bien de los humanos y publicar protestas me ocupa mi superior inteligencia, pero desde luego esas subvenciones son fantasticas. Lo que les fastidia a estes bloqueritos es que por fin los democratas acabemos con la imposición del gallego, ya esta bien, incluso pretenderian estes democratas que publicara algo en gallego en mi periodico para cobrar las subvenciones, el colmo vamos.....
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade clocwatches.com