A presidenta deste colectivo, Gloria Lago, convocou aos medios de comunicación en Vigo para comunicar que vixiará "atentamente" as promesas electorais do PPdeG en materia lingüística para que acabe coa "imposición" do galego e para que se elimine o "adoctrinamiento" no ensino.
Ademais, insistiu en que sexan os pais os que decidan a lingua na que se escolarizan os seus fillos e asegurou que este modelo é o mesmo que se aplica noutros países europeos. "Non vexo motivos para pensar que os políticos galegos non vaian ser capaces de facelo tamén aquí", apuntou.
Tamén anunciou a súa intención de entablar conversas co PSdeG e mostrouse favorable as manifestacións de diferentes dirixentes deste partido que aseguraron que a lingua foi un elemento desmobilizador do seu electorado.
As advertencias desta plataforma chegan despois de que a Mesa dera a coñecer un informe sobre a perda de falantes de galego e ante as diferentes posturas que existen no PP sobre a futura política lingüística. E é que o propio Feijóo matizou nos últimos días a súas primeiras manifestacións sobre que sexan os pais quenes escollan a lingua dos fillos. Un sistema que de aplicarse literalmente, segundo algúns asesores populares, provocaría unha división dos alumnos e crearía "apatheiths lingüísticos". Por iso, este partido baralla diferentes alternativas a esa promesa electoral que non pasen pola segregación lingüística.
Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Estes de Galicia Bilingue son infumables. Iso si, van levar un nabo, porque Feijo seguro que non lles resulta tan proclive como eles pensan
Concordo ao 100% con abaixo a dictadura. Querían guerra? Pois querra van ter! Agora van ver o que é un auténtico conflicto lingüistico.
Aquí hai un proceso de substitución lingüística, que ninguén chegue a equívocos. Por que un pobo vai abandonar a súa língua propria por outra de forma "natural"? Obviamente entran factores esóxenos, imposicións educativas, constitucionais, represión, danos psicolóxicos e mentais e un clima absoluto de INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN ESPAÑOL.
A represión, a imposición, a mais salvaxe inmersión pola forza son as que determinan que o noso pobo cambie de língua. Mentres se siguen a producir casos de vexacións no ensino, no traballo, na vida diaria, e mentras os quiosques están repletos de prensa en español.
Detractores do galego: sentídevos como uns miserábeis, porque a estratexia de imposición do español carga con millóns de mortos no seu haber, ligados á construción da "nación" española, tanto na América Latina como aquí.
A xente está espertando, mais se algún día o galego morre, non o fará precisamente nun marco de rendición, se non dando a batalla duramente.
Saúde e abaixo o fascismo lingüicida!
Aquí a única imposición é o do CASTELÁN: "deber de coñecer o castalán" dí a Constitución Española, para cando os que falan de IMPOSICIÓN van traballar para eliminar ese artigo?
GALICIA BILINGÜE=HIPÓCRITAS
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade clocwatches.com