GC

O poder das inocentadas

Hoxe foron varios os medios que aproveitando o Día das Mentiras decidiron tentar aos lectores...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 01/04/2009

  • versión para imprimir

Vieiros ou Chuza foron un exemplo destas bromas que non pasaron desapercibidas para o lector, principalmente, no caso deste último portal que abre cun suposto auto xudicial de peche por "apoloxía do nacismo". A broma estaba tan ben feita que GC case pica e chamou o impulsor de Chuza para ver o que pasaba.

Berto Yáñez suliñou que non é a primeira vez que fan bromas aproveitando o día das inocentadas e inscribiu esta nas últimas polémicas aparecidas no seu portal en torno ao nacismo. "Todo é ficticio, nomes incluídos", apuntou para salientar que este tipo de inocentadas ten coma fin aumentar a interactividade co lector. A broma estaba tan ben feita que outros medios, coma EFE ou La Voz, acabaron picando, aínda que rectificaron pronto.



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

5 comentarios
5

coloquiño

se é certo, pois acepto o erro


4

Obviamente

Si obviamente coloquiño metiches a pata, ese jpg é unha captura de pantalla da noticia que tiñan hoxe pola mañá, incluso puxerona en portada, podes chamar para confirmalo ao megalomano caprichoso de Sabón que dispara contra quen lle peta a el, que eu saiba os casos mais sonados son.. O Deportivo de A Coruña, La Region, El Correo Gallego, Santiago de Compostela coa sua teima coa Cidade da Cultura, bueno isto último só cando xa se empezara, por que cando estaba Fraga e a podia parar non fixo nada..., non sigo pero ten unha lista longa, o caso é que ultimamente tomouna contra un 17% da poboación, dandolle caña ao BNG por puro pracer, pero que non se equivoquen os outros.... un neno mimado nunca se sabe por onde vai sair..


3

anónimo

Coloquiño: o .jpg é unha impresión de pantalla de La Voz de Galicia. Ao mediodía eu consultei o xornal e a noticia aparecía tal cal está nesa imaxe. Non se trata dunha mera inclusión dun cadro de texto...


2

coloquiño

Obviamente ese jpg es una burda manipulación hecha con el paint, se nota perfectamente que se ha incluido un cuadro de texto sobre una hoja de la web de la voz... a ver cuando aprendéis a respetar al periodismo independiente cuándo no os da la razón....


1

Informacion Contrastada

Pois si, GaliciaConfidencial chamou ao promotor da Web, outros non chamaron para confirmar e sacaron na portada do seu medio dixital un titular. Parece que o señor YoProtesto só chama á sede do PP para contrastar información antes de publicala...

Un juez cierra la web chuza.org por apologia del terrorismo