GC

A crise tamén se ceba cos xornalistas

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) acaba de convocar a todos os profesionais dos medios de comunicación a unha xornada reivindicativa que terá lugar o vindeiro martes, 26 de maio...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/05/2009

  • versión para imprimir

A pesares de que todos os días saen informacións sobre os despedimentos e a crise que sufren todos os sectores, semella que o sector da comunicación non ten problemas aparentes ou, polo menos, non se publican. Para evitar esta "amnesia informativa", o SXG fai un chamamento aos traballadores dos medios e a outras centrais sindicais a que se sumen a unha protesta "á xaponesa", é dicir, traballando.

O obxectivo é que os profesionais dos medios acudan o 26 de maio a todos os actos informativos que teñan que cubrir cunha camiseta co lema "+ Despedimentos - Información" que este sindicato xa comezou a repartir. Ademáis, o SXG anima a estes profesionais a preguntar nas roldas de prensa polas medidas que van a adoptar as distintas administracións para rematar coa precariedade e os despidos nos medios. Búscase que os políticos tamén se pronuncien sobre a crise que vive este sector e que a sociedade coñeza que no mundo do xornalismo tamén hai despidos.

Nos últimos meses houbo despedimentos ou non renovación de contratos en multitude de medios. Os últimos casos, tres despedidos en Xornal de Galicia e a ameaza de que no Diario de Pontevedra 16 compañeiros queden sen traballo. Máis información sobre este acto reivindicativo aquí.



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

8 comentarios
8

anónimo

Por qué ahora?


7

traballador

Por certo, ollo que parece que queren botar a metade do plantel do Diario de Pontevedra. Algún día tiña que deixar de expansionarse o grupo do Progreso; a ver que tal lle senta o retroceso.

Coma sempre, os primeiros en pagar o pato son os que menos culpa teñen. É o que ocorre cando se xestiona crendo que sempre vai chover do ceo e non se sabe gardar dos anos de vacas gordas para os das fracas.


6

traballador

Precisamente o único sindicato que non promete oposicións á carta na CRTVG é o de Xornalistas. A pena é que non obtivese representación nas últimas eleccións sindicais porque o plantel das delegacións aínda non era considerado persoal propio. Pero todo se andará, xa que resulta que foi o único sindicato que apoiou eses traballadores de maneira seria.

Como dicía Yo -que aí si que lle dou a razón-: "arrieritos somos..."


5

Carlinhos

Manolo, no te caerán ostias como panes sino un aplauso como un mundo. Eso si, no te aconsejo que digas eso en alto en la CRTVG a riesgo de ser lapidado por los sindicatos y muchos de esos empleados.


4

Manolo

Igual me caen ostias como panes, pero no me parece del todo justo que en la CRTVG se acabe haciendo un concurso de méritos para que los que llevan mil años ahí acaben con plaza.

¿Por qué no compiten en igualdad de condiciones con la gente que nunca pudo acceder al ente? Ejemplo: los recién salidos de la facultad. O los que no conocían "a alguien" para que los metiese, como muchos otros.

Además, ¿obligan a alguien a estar allí dentro? Lo digo porque parece que está todo el mundo obligado y de mala gana.

Fin de la precariedad, sí. Fin de la puta externalización a productoras, también. Pero oposiciones a la carta, no.


3

Eu, en resposta a Yo

Yo, pq non les isto antes de rebuznar, quería decir, difamar?

"O SXG denuncia as ameazas aos traballadores e a privatización das delegacións da CRTVG"
http://sxg.fesp.org/sxg/inf/index.p...

No camiño ese atopámonos cando queiras e falamos cara a cara. Até entón, un saúdo.


2

Otero Regal

Rapaciños periodistas, facedebos do pp axiña que estes de ahora non nombran delegados das consellerias en Lugo, A Coruña, Ourense e Pontevedra pero a cada superdelegado-a poñenlle todo un equipo de prensa, tiralineas, templagaitas e mexapilas, asi que si apurades teñen que meter a tres xefes de prensa por cada superdelegado seran 15 en total....eso apurrade. e tamen como a CHINA deixou o choio da verza de Ourense para ser primeira dama en Compostela pois ahi queda outro posto.


1

yo

Me da la risa el SXG!!!!! Vamos a ver, que han hecho por la gente de las delegaciones de TVG???? NADA
Ahora quieren que demos la cara por todos esos que dejaron su trabajo en algún medio de comunicación por irse con el bipartito a una consellería. Anda ya, que lo pensaran antes. Creían que el chupe iba a durar 4 años más. No me dan pena, que se jodan y s ebusquen la vida. Nadie dio la cara por nosotros así que... ARRIERITOS SOMOS Y EN CAMINO NOS ENCONTRAREMOS