GC

Viaxe con cheques e festa de fin de ano

Primeiro foi Feijóo e despois Rafael Louzán quen realizou unha visita a Arxentina, onde entregou cheques a 20 familias e disfrutou da cena de fin de ano do 'Centro Galicia'. No país americano estivo acompañado por tres alcaldes, o delegado da Xunta en Pontevedra e o voceiro popular en Salceda de Caselas

Por Galicia Confidencial | Bos Aires | 16/12/2009

  • versión para imprimir

Este martes, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, instou aos concellos a apretar o cinto pola mala situación económica e asegurou que para o vindeiro ano o ente provincial ingresará 30 millóns de euros menos. Pero, a pesar da crise, e de recoñecer os efectos negativos que ten sobre a economía galega, Louzán viaxou hai uns días --do 6 ao 10 de decembro-- a Arxentina acompañado, ademais, de varios alcaldes populares, do delegado da Xunta en Pontevedra e da cantante María do Ceo. Alí, e logo de entrevistarse con empresarios e membros da Federación de Sociedades Españolas, repartiu cheques a 20 familias de Pontevedra. O acto tivo lugar na sede do Hogar de Ribadumia, de onde é oriundo o propio Louzán, e rematou cunha actuación de María do Ceo.

Antes, o máximo dirixente da deputación mantivo un encontro con emigrantes de Cambados nun acto organizado polo alcalde deste concello, Luis Aragunde, e que contou coa presencia do delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; o alcalde da Cañiza, César Mera; o das Neves, Emilio Castro, e o voceiro do Grupo Popular do Concello de Salceda, Santiago Rodríguez.

Festa no 'Centro Galicia'

Pola noite, Louzán, acompañado dos máximos mandatarios populares, acudiou á festa de fin de ano organizada polo 'Centro Galicia' no mítico Teatro Avenida. "Fue una maravillosa actuación de chicos y chicas ‘amateurs’ en un escenario majestuoso”, asegurou o propio Louzán logo do espectáculo.

Esta é a segunda visita que Louzán realiza a Arxentina en menos de seis meses, xa que o pasado verán estivo alí para presentar o libro 'De Lalín a buenos Aires, Benito Blanco, un gallego emprendedor", sobre a vida deste emigrante de Lalín, fundador da Minera Patagónica. O propio Louzán estivo fai poucas semanas en Colombia, ultimando, segundo fontes da institución provincial, unha "misión comercial".

Feijóo e Moreda

A visita de Louzán a Arxentina ven precedida doutra realizada polo presidente da Xunta que, a diferencia de Louzán, preferiu "actos pequenos", evitando que a súa viaxe institucional se convertira nunha viaxe partidista. Alí coincidiu no tempo co tamén presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, que tamén estivo no país sudamericano para asinar varios acordos con entidades galegas en Arxentina por valor de 135.000 euros e en Uruguai por 33.000.



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

chuaa

O Presidente da Xunta non preferiu actos pequenos como dí a noticia. O Presidente da Xunta non foi capaz de convocar á colectividade galega que está que trina con él; e sabendo que os galegos, CABREADOS coas súas últimas decisións, non lle ían ir aos actos agora dí que preferiu actos pequenos. Pasmoso isto. En Buenos Aires non se entrevistou con ningunha autoridade nacional, só co alcalde de Bós Aires, un cadaver político, "moi mal visto" alí. Despóis visitou centros españois e a Universidade católica, onde lle falou en castelán aos 40 emigrantes contados que o miraban consternados. Ao fin e ao cabo non foi a Buenos Aires a ver aos galegos emigrados, nen a interesarse pola súa situación, senón a acabar de negociar as comisións e a venda ao grupo madrileño que vai apropiarse da "parte rentable do Hospital" do centro galego de Buenos Aires. En Buenos Aires os emigrantes son pobres pero non parvos e a este señor xa o teñen ben catadiño.


1

Chouciño

Hoxe, 16 de Decembro no Casino Mercantil de Pontevedra, celebramos un xantar os funcionarios do departamento de estradas, polo modico prezo de 5 euros, o resto do prezo do plato o cubren as empresas constructoras grazas as xestions do noso xefe F@usto. Despois o chegar a casa teremos os "aguinaldos", cestas, botellas, etc. Sr. Feijoo que persoas tes o teu arredor, vaia exemplo. E o longo do ano comidas pagadas todos os venres, inclue copas en locais atendidos por mulleres. ¿como van a salir da crisis estas empresas que estan mantendo a estes chupons todo o ano? ¿porqué fan as innauguracions as doce ou a unha? pois para que as empresas lles paguen unha comida.


Louzán nun acto electoral en Arxentina/AUTOR:GC