GC

Feijóo non sabe da visita da delegación do PP a Arxentina

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que "non lle consta" a presencia dunha delegación do PPdeG en Arxentina desde o 6 ata o 10 de decembro, coincidindo coa súa visita institucional a este país.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 18/12/2009

  • versión para imprimir

"Non lle podo dar conta de información que non me consta e que non puiden comprobar ocularmente porque, sinxelamente, non coincidín para nada con eles". Así respondeu Alberto Núñez Feijóo ao ser preguntado na rolda de prensa posterior ao Consello da xunta pola visita que o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, tres alcaldes; o das Neves, A Cañiza e Cambados, o delegado da Xunta en Pontevedra e o voceiro do PPdeG en Salceda de Caselas, realizaron a Arxentina, tal e como informou Galicia Confidencial. "Eu non coincidín cos alcaldes, coincidín nunha cea do Consello Galego da Emigración co presidente da Deputación, como tamén coincidín co presidente do Consello da Cultura Galega e co da Real Academia da Lingua", apuntou.

Sen embargo, aí acabou a súa resposta, porque da presencia do resto de cargos institucionais insistíu en que non sabía nada. "Non coincidín con eles", dixo en varias ocasións. Preguntado entón pola presencia dun membro do seu goberno respostoulle ao xornalista; "se vostede ten interés en que lle expliquemos a posible presencia do delegado da Xunta en Pontevedralla daremos nas próximas horas".

Visita privada

GC puxose, entón, en contacto coa Xunta para saber que facía alí José Manuel cores Tourís, o delegado do Goberno galego en Pontevedra, e a resposta foi que non estaba coma representante do Executivo autonómico, senón en visita privada. "Colleu unha semana de vacacións eses días", apuntan desde o Goberno galego.

Segundo puido saber este medio, Cores Tourís foi convidado polo alcalde de Cambados, Luis Aragunde, que acudiu a Arxentina a "interesarse" polos máis de 600 veciños que viven alí xa que, o agora membro da Xunta, foi o que iniciou e profundizou os contactos con este colectivo de emigrantes durante os seus anos como alcalde deste concello.

Deste xeito, tanto Aragunde coma Louzán, foron en visita institucional, pero non o resto de cargos populares. Na súa estancia en Arxentina Louzán reuniuse con empresarios, con membros da Federación de Sociedades Españolas e acudiu a festa de fin de ano organizada polo 'Centro Galicia'.

Visita a Uruguai

Tal e como publicamos en GCtv, Louzán tamén estivo en Montevideo, acompañado, entre outros por Cores Tourís e o alcalde da A Cañiza, Cesar Mera. Alí, ademais de reunirse coa colectividade, entregou un recoñecimento ao gaiteiro máis vello, Celestino Pichel.



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
4

chuaa

OS DEZ MANDAMENTOS QUE INCULCA FEIJÓO AO SEU EQUIPO: 1_ Estos del PSOE son unos hijos de P... 2_ Estos del BLOQUE son unos hijos de P... 3_ "O das o te dan" 4_ El amor no existe 5_ A los amigos se les coge en la calle y se les deja en la calle 6_ Hay vida después de la muerte 7_ Estos de la cultura son unos ROJOS DE MIER... 8_ La Universidad no es más que una panda de vagos 9_ Cuidado con éste¡¡, cuidado con aquel, (etc) 10_Estos del gallego son unos retrógrados. No entiendo qué quiere la gente ésta.


3

uncalquera

Feijoo é unha das persoas máis sectarias que coñezo. NUNCA ninguén dos seus comete un erro. SEMPRE os que non son os seus están equivocados. SEMPRE dicir o que convén dicir, a verdade non importa, o importante é que pareza que somos os mellores. Unha desgracia para Galicia este impresentable posto por todos os galegos que o votaron, a maioría dos cales nunca tivo acceso a unha información libre sobre o país, nunca tivo acceso a ningún tipo de opinión contraria ó PP ou crítica con este partido.


2

Cabaleiro

Aulico e pertinaz ó mais puro estilo Fraga, este rapaz empeza dar mostras do que é, un facha sin paliativos.


1

chuaa

Feijóo non ten constancia nin de quen é el mesmo. A principal victima de Feijóo é o propio Feijóo e tamén o principal verdugo de si mesmo. Cando unha persoa perde tódolos referentes, cando os aplasta, cando os aforca,.. ¿qué constancias lle quedan?. Ningunha. Nen as palabras, nen as persoas, nen a lingua, nen a cultura, significan nada xa para vostede. ¿constancias?. Qué desolador e agrio é falar con vostede señor Feijóo.


Rolda de prensa de Feijóo/AUTOR: Xunta