O xornal La Región decidiu non publicar unha viñeta remitida polo caricaturista Xosé Lois, O Carrabouxo, por considerar que podía ser malinterpretada en ámbitos políticos. Na viñeta en cuestión, o humorista ourensán ironiza sobre a intención de Xosé Manuel Baltar Blanco de suceder ao seu pai, Xosé Luís Baltar ao fronte do PP de Ourense. Nela pódese ver a unha das personaxes características deste autor dicir "Baltar xa inaugurou o Belén" e a outra respostar "agora todos a adorar ao Neno".
A viñeta foi remitida o pasado 16 de decembro para que se publicara o día seguinte pero, según confirmou o autor a GC, o xornal ourensán decidiu non facelo pola "situación política" da provincia, en alusión, as eleccións do PP de Ourense. "Chamoume o subdirector para dicirmo e eu entendino", apunta Xosé Lois.
Sen embargo, apunta que a súa creación pode ter un doble sentido xa que alude ao tradicional Belén que inaugurou por esas datas o escultor Arturo Baltar. "Eu o que fixen foi un xogo de palabras que moitos intepretan polo lado malo, claro", engade.
Xosé Lois asegura que non é a primeira vez que se lle censuran viñetas. "Entendo a decisión porque sei para quen traballo e desde que levo debuxando xa me censuraron máis de 100 viñetas", destaca.
Molesto
Con todo, unha das cousas que máis lle ten molestado a este caricaturista é que esa viñeta teña sido distribuída por correo electrónico sen o seu permiso. "Alguén do xornal distribuíu esa viñeta sen o meu permiso e iso non está ben. Se falaran comigo igual eu decidía dala a coñecer sen ningún problema pero non me gustou nada o proceder dalgunhas persoas", asegura.
"A propiedade moral desa obra é miña e non se está a respetar a miña propiedade intelectual se se publica por aí", indica. Por tal motivo, GC decidiu respectar o seu desexo e non publicar a viñeta en cuestión.
La Región
Por outra banda, o diario ourensán atravesa unha difícil situación económica, que o levou recentemente a presentar un ERE ante Traballo. Malia ter sido aprobado, a semana pasada o xornal aínda non comezara a botar aos traballadores.
La Región mantén importantes débedas con entidades de crédito como Caixanova, onde a Deputación de Ourense, presidida por Xosé Luís Baltar, ten certa capacidade de influencia. Ademais, as entidades públicas da provincia, que controla na súa maioría o PPdeG, son unha das principais bases de financiamento de este e outros medios.
yo propongo el voto en blanco y nulo para las proximas elecciones .. digamosle a toda esa gente cacique que no les queremos.
En Orense aun quedan peperos franquistas por dios que poco glamour
En todos os medios sucede. Eu traballo nún que é unha constante a censura os viñetistas, periodistas, etc... e na que se oculta información sobretodo do Partido Popular. Unha aperta.
" - Y que dirán mañana los periódicos" pregúntanlle a Max Estrella cando estando no cárcere lévanse a un anarquista catalán a un interrogatorio e posterior asasinato pola policía en aplicación da "lei de fugas". - Pues que van a decir. Dirán lo de siempre. Lo que les manden." Valle-Inclán sabía ben de que ía esto da prensa, no seu tempo, e 100 anos despois no noso. Por iso a maior merda que hai é a prensa escrita, manipuladora e voz do seu amo. E o mellor é a liberdade de internet, onde calquera pode opinar o que lle pete se non lle gusta o escrito. Viva Galicia Confidencial¡¡¡
O que lle fixeron ó Carrabouxo non ten nome. O que fastidia é que o asuma con tanta tranquilidade aínda que son cousas xa comúns nos medios galegos. E a Pedro e Caldeirada, sabede que gracias a este medio dixital estamos enterandonos de moitas cousas que xornais como La Región están ocultando descaradamente. Dan un exemplo para esta profesión que xa lles gustaría a outros
Este Galicia confidencial é unha merda, ainda que ten un certo interese pra todo aquil que sexa axitador de masa e pouco achegado a verdade. Mellor non leo mais.So di tonterias
Pois non está nada mal este GC diverso de opinións, artigos, ideoloxias e ademais presto á participación, tolerante vamos do que non abunda neste país
Desde logo facer un boletin coma este G.C debe ser ben doado. Se alguen o pon a feder é porque cheira. Pouca seriedade debe de ter algo que é gratuito.
Como lles jode a algúns que se digan verdades como pianos. Se sabemos dos amaños de La Región é gracia a GC. Seguide así que se vos poñen a feder é porque vos temen.
Castelao tamén facía debuxos dándollas ben duro aos caciques. Mais comparar ao Carrabouxo co rianxeiro sería ir moi lonxe, ademais de ocioso. En canto ao de "filtrar" a viñeta: Xosé Lois, que traballa no medio de xornalistas, debía saber que iso pasa "nas mellores familias". E non falo da de Baltar precisamente. Con gorxas profundas lévanse publicado grandes exclusivas que tiraron gobernos. A Baltar non hai quen lle saque o trombón, pero coas viñetas do Carrabouxo aínda nos rimos un chisco, que non é pouco nestas terriñas. Aquí, sobre a viñeta, a opinión é unánime: MALLADA!!!!
O carrabouxo/ Autor: galicianolecer.blogspot.com
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade