Neste argumentario, + BNG consdiera necesario una nova Lei de Caixas, aposta por contrarrestar o FROB e por una nova caixa galega con "novas persoas" ao fronte. E poñen como exemplo na defensa desta posición ao tentente de alcalde de Vigo, Santiago Domínguez Olveira, "un exemplo de firmeza e lealdade coa organización".
Este colectivo, decantase por unha caixa única como resposta a actual utilización das caixas coma "botín de guerra". "Se defendemos a posición común acordada no BNG entre todos e todas é porque na situación actual as alternativas son só dúas: ou aceitamos que as caixas galegas sexan repartidas como se dun botín de guerra se tratase entre PP e PSOE (CaixaGalicia para a Cajamadrid de Rodrigo Rato e Caixanova para esa nova gran caixa do PSOE liderada por Cajastur) ou traballamos a prol da criazón dunha nova caixa para toda Galiza que sexa o resultado da integración paritaria de Caixanova e CaixaGalicia, desde a convicción de que o noso país non pode perder poder financeiro e de que o aforro dos galegos e das galegas debe investirse no país e non fóra", apunta este documento ao que tivo acceso GC.
Críticas ás direccións das caixas
Neste sentido, reparten críticas por igual aos plans das direccións das duas caixas. "Caixanova está a defender unha alianza con caixas foráneas (de Asturias, Cantabria e doutras Comunidades Autónomas gobernadas polo PSOE) que non tería Vigo como sede e que obrigaría a abrir un banco con domicilio social en Madrid para responder dos riscos que as entidades aliadas asumen de modo conxunto. Xa que logo este SIP é un paso decidido cara a deslocalización e a bancarización de Caixanova". Sobre Caixa Galicia di que está tendo contactos con Caja Madrid cara a súa integración nun "grande grupo financeiro afín ao PP e comandado por Rodrigo Rato", que suporía, para os nacionalistas, a desaparición de Caixa Galicia como entidade galega e a canalización do noso aforro cara fóra de Galiza.
+ BNG tamén se opón ao Fondo de Re-estruturación Ordenada Bancaria (FROB) como instrumento de fusión entre caixas de diferentes autonomías porque considera que é un instrumento que utiliza tanto o PP e o PSOE de Madrid para defender a "privatización" das caixas e a súa "centralización".
Coincidencias entre PP e PSOE
"Nun libro recente (“Pasado, presente y futuro de las Cajas de Ahorro”, Aranzadi, 2009) destacados representantes do PP (Vicente Martínez Pujalte y Luís de Guindo) e do PSOE (Jordi Sevilla) expresan claramente de que se trata: “A crise financeira puxo definitivamente sobre a mesa un proceso que viña facéndose necesario, como é a re-estruturación das caixas de aforro. O modelo non debe ser unha caixa única por comunidade autónoma, a modo de instituto de crédito rexional vinculado ao goberno autonómico. Debe fomentarse a unión de caixas de aforro de diferentes comunidades autónomas … para facer posíbeis estas fusións hai que eliminar a autorización previa das comunidades autónomas en que as caixas teñan a súa sede social”, asegura o documento.
Por iso, critica a actuación do PSOE en Vigo que tilda de "oportunismo electoral" e asegura que responde "claramente ás directrices impartidas desde Madrid", e apunta que os "titubeos de Feijóo" ante a nova Lei de Caixas explícanse, tamén, desde esta óptica. Sobre esta normativa, di que é obriga ás caixas a investir en Galicia, apoiar a economía produtiva e crear emprego.
Recado a Quintana
Con este argumentario no brazo, a dirección de + BNG mándalle un claro recado a Quintana. "Respectamos o dereito á discrepancia individual mais esta, ben sexa expresada individualmente ou a meio de institucións ou entidades alleas á MaisBNG, en ningún caso poden pretender substituir o posicionamento que colectiva e democraticamente acordamos e defendemos".
Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
O BNG sempre che fode cando menos o esperas. No sur de Galicia están que trinan coa fusión. O BNG é unha versión moi cutre do PP, son uns putos vendidos. Dios nos libre deles en moitos anos,agora xa sabemos cómo son, coido que todos os que conseguiron axudas a dependencia eran do partido.Pero o da caixa dá arcadas...Qué fixeron eles por Fenosa, por Fadesa por Superco? NADA.
Se nom é possível criar umha organizaçom patriótica com PNG, PG, Terra Galega e Converxencia XXI, entom é que nom há patriotismo. Há que deixar de pôr os interesses pessoais e pular por umha nova maioria nacionalista na nossa Terra, cos pés afincados nela e nom em supostas revoluções socialistas, alheias ao nosso sentir e ser. Umha organizaçom que defenda umha autonomia integral e nom um sucedáneo.
O BNG morreu. Há já que criar um partido nacionalista autêntico. Um partido moderno de centro-direita. (Paco Rguez dixo que havia que ser nacionalista porque era a melhor forma de ser anticapitalista (sic)) (O ñ só existe em castelhano)
Si,si... A ver onde ides vos sen Quintana. A ver que fai carlistos sen Quintana. Vos nacichedes con Quintana e morreredes con el. Así son as cousas caros amigos
BNG, UPG, Encontro Irmandinho, PNG-PG, +BNG, -BNG, algo de BNG, Quintanistas sen Quintana, Quintana sen quintanismo, cada loco con su tema...
Penso que xa era hora de que Máis BNG lle dera un toque de atención a Quintana. O que non acabo de entender é a súa postura no tema das caixas. Están ou non dacordo coa postura oficial do BNG neste tema?
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade clocwatches.com