GC

A Xunta privatiza as novas tecnoloxías

A Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica acaba de convocar dous concursos públicos para privatizar Mancomún e o Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI), unha situación que afectará ao CESGA e que deixará máis traballadores na rúa.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 25/01/2010

  • versión para imprimir

Para tal fin a Xunta destinará máis de 310.000 euros; 150.000 para a "contratación dos servizos de consultoría da oficina técnica para o fomento do sotware libre e de fontes abertas durante o ano 2010" e 165.000 para a "contratación dos servizos de consultoría para a oficina técnica para o desenvolvemento da Sociedade da Información no ano 2010". Uns concursos que serven para finiquitar Mancomún e para "redirixir" o PEGSI.

Por iso, as asociacións de defensa do software libre, denuncian que estes concursos son "precipitados" e convocados pola "porta de atrás" para "darlle cartos a algunhas empresas amigas". O coordinador da plataforma g11n.net, Alexandre Prieto, critica que o actual Executivo galego está a "privatizar" servizos públicos "esencias" postos en marcha polo bipartito. "Son moitos cartos e van facer como no Xacobeo, poñer unha páxina do word press para poñer noticias. E para iso dan 150.000 euros", apunta.

Hai quen xa especula, como tamén aconteceu no Xacobeo coa empresa Plexus, que estes concursos están amañados e xa comezan a xurdir nomes; ben unha empresa moi vinculada a Agasol (Asociación de empresas de software libre) ou outra na que ten intereses o ex conselleiro de Sanidade, Romay Beccaría.

Desmantelamento das novas tecnoloxías


Prieto denuncia que, con estes concursos, vaise desmantelar o sistema de novas tecnoloxías da Xunta. "Desaparece Mancomún, daranlle a volta que queiran ao PEGSI e o traballo do Cesga (Centro de Supercomputación de Galicia) quedará moi reducido", apunta en declaracións a GC.

Por iso, denuncia a intención da nova Xunta de rematar con todo o traballo feito polo anterior executivo en materia de novas tecnoloxías. Así, lembra que, en xullo pasado, tivo unha entrevista con Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, na que esta lle dixo que na sociedade galega "había déficits de empresas mantedoras e operadoras de software libre". "E resulta que agora queren privatizar todo cando según eles non había nin estructura".

Novos servizos

Cos novos cambios, Mancomún pasaría a chamarse "Oficina Técnica de Software Libre" e sería unha consultoría que estaría baixo a supervisión da Fundación Calidade, organismo que pasaría a concentrar a práctica totalidade dos centros tecnolóxicos da Xunta. Os traballadores que aínda quedan en Mancomún, tres dos cinco que había, quedarán sen traballo xa que o seu contratos, ao ser por obra, quedarán rescindidos unha vez se privatice o servizo.

Por outra banda, a Fundación Calidade está tendo problemas para reestructurar a Rede de Dinamización logo de que a CIG convocou e gañou unhas elecións sindicais que, segundo as fontes consultadas, "estanlle complicando a Covadonga Toca, actual xerente, a operación de cargarse a Rede de Dinamización".



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
4

CHUaa

Señor emigrante é normal que vostede estea despistado. Aquí en Galicia todos o estamos, despistados, aturdidos, anonadados. Vostede mesmo pregúntese ¿de onde emigrou?, ¿onde é Galicia?, ¿cando é que existe?. Se Galicia non existe entón vostede non debe ser un emigrante. Repase a súa propia historia. Seguro que a emigración é unha invención deses teimudos que agora din que queren galego. E Feijóo, como é normal, non entende porque non lles val co inglés. Feijóo é o único presidente autonómico que fuxe do país que di gobernar. El quería mandar en wonderland e resulta que lle tocou Galicia. Entón vai a "calle Genova" e dilles: Joder, que allí me hablan en gallego. ¿Qué pasa?. Yo me había pedido Wonderland.


3

CHUaa

Señor emigrante. O Xacobeo anda ensimesmado nunha etapa "paranormal" da súa existencia. O Xacobeo non atopa Santiago, non sabe ren de Compostela, non sabe onde comeza o Camiño, non sabe cando será, nen onde irá celebrarse o Ano Santo. O Xacobeo viaxa coma alma en pena preguntando nos portais de "calle Génova" ¿onde é Galicia?, ¿cando é agora?. Este é un XACOBEO AMNÉSICO, un TRIXACOBEO LINGUAL, un OEOBOCAX ACOMPLEXADO. E mesmo o XACOBEO mira na súa web, feita por PLEXUS, e non atopa máis información que un par de anécdotas. O XACOBEO cruza a Feijóo pola rua pero Feijóo non o entende: "No te entiendo te digo, te repito que no te entiendo...". E, velahí a traxedia do XACOBEO¡¡. Feijóo non o entende...


2

despistado emigrante

Que está a acontecer co Xacobeo? Agradezo algunha info.


1

chanchullo

Outro chanchullo coma un pino. A ver se destas os políticos reaccionan antes e impiden que aconteza o desastre que está a acontecer co Xacobeo


Carteis de mancomún/ mancomun.org