GC

Ladran, logo cabalgamos

As cousas que estamos a escoitar ao Goberno de Zapatero nos últimos días, tanto a conta da Lei de Caixas de Aforros aprobada polo Parlamento galego en decembro pasado, coma das transferencias competenciais lexitimamente demandadas por esta comunidade, traéme á cabeza a célebre frase erroneamente atribuida ao Quixote.

Por Manuel Ruíz Rivas | Ribeira | 04/02/2010

  • versión para imprimir

“Ladran, logo cabalgamos”, tal é a conclusión que ben pode extraer o PP de Núñez Feijóo á vista do ataque sen fundamento que os socialistas que están a desgobernar España lanzan contra decisións democraticamente adoptadas en Galicia. Un ataque perpetrado coa mesma seriedade e o mesmo rigor cos que eses mesmos socialistas improvisan as súas non-solucións aos graves problemas económicos deste país.

A decisión de recorrer a Lei de Caixas ante o Tribunal Constitucional, adoptada antes de vestila para o disimulo cunha solicitude de informe ao Consello de Estado, en base a intereses meramente políticos e sen presentar razóns xurídicas claras; ou a de negar uns traspasos de competencias plenamente conformes á Constitución e ao Estatuto de Autonomía de Galicia e aprobados unanimemente pola Cámara galega, deixan entrever un nerviosismo que roza o medo por parte dos socialistas ante un Partido Popular que se fai cada día máis forte como alternativa, nunha cabalgada que se iniciou precisamente en Galicia vai agora para un ano.

Argumentar que a lei en cuestión non foi consultada coa Administración central antes de aprobarse, cando as comunidades autónomas non teñen obriga de negociar previamente con ela a aprobación de leis no seu ámbito competencial, é un irresponsable insulto á intelixencia, unha burla aos principios democráticos e unha arriscada afrenta á autonomía galega. Respostar a unha solicitude de traspaso competencial cun “reformen vostedes o seu Estatuto” agrava esa afrenta, habida conta de que eses traspasos non necesitarían de tal reforma e do que é moito mais grave que só ao Parlamento galego lle corresponde, de acordo coa Constitución española e co Estatuto de Autonomía, a iniciativa da reforma estatutaria.

O medo do PSOE a unha reconquista popular que ten en Galicia máis ca un símbolo, e que axexa á tropa socialista non xa nos seus momentos máis baixos, senón en plena caída libre, lévaos a cometer o que sen dúbida é o erro máis grave de todo este disparate, como é o de confundir o obxectivo do seu ataque. E é que os mísiles lanzados, máis propios da guerra de Gila que de quen ten a alta responsabilidade de gobernar, non se dirixen contra o Partido Popular nin contra o seu líder, senón que apuntan directa e perigosamente contra a autonomía de Galicia ou, dito doutro xeito, contra todos os galegos e contra a democracia que sustentan. É Galicia a que cabalga, non debera Zapatero equivocarse.

E tamén deberan atinar os socialistas galegos, empezando por definirse dunha vez por todas e decidir se están polo labor de defender os intereses desta terra ou prefiren salvagardar os do seu partido. Decidir, en definitiva, se están cos que cabalgan ou cos que ladran.

Comentarios

21 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 21

    Jesús Regueiro

    É vostede un político moi crible que pode dar lecións... Patrocinando xunto co seu compañeiro (senador, ex presidente de Deputación e eterno alcalde de Ribeira ao que espera vostede substituír) xornadas mistéricas no Barbanza. Cartos públicos para pseudociencias, todo un exemplo, si señor. http://www.riveira.net/barplaza/2010ateneo/callejo-ares-directiva.jpg E ata se fai fotos con eles, claro! Normal que gañen vostedes cada eleción: con tanto crédulo que hai neste mundiño!

    20

    anonimus

    E mentres tanto o psdg perde e perde escanos na Galicia... que ben vai vir pra o país que o psdg baixe ata os 19 ou 18 escanos,lles fai falta unha rexeneración

    19

    pecador

    La crisis también exige una respuesta de la Xunta http://www.xornal.com/opinions/2010/02/06/Opinion/crisis-tambien-exige-respuesta-xunta/2010020623415000117.html

    18

    AUSTERIDÁ E HIPOCRESÍA

    E postos a aclararse, o PP é un partido nacionalista? pregunto, a ver si me contesta alguén, o tema daS CAIXAS é NACIONALISMO ECONÓMICO, LIBERALISMO CON FRONTEIRAS, COMUNISMO BANCARIO, GALEGUIDADE SIN LINGUA PERO MONETARIA OU QUE É? o Pepé non é un partido español que basea na indivisibilidade da nación española e o liberalismo a súa identidade? Se absorben os de Madrid a Caixa Galicia, non son españois tamén. Non vos entendo, palabrita del niño jesús.

    17

    pepé pepe peperitos

    Hai que ver estes dereitones fachitas, que vos sae mal, que estades fodidos. Aclarádevos vos ho, sodes liberais ou intervencionistas? É que non me aclaro porque como dicides que hai que LAISSEZ FAIRE, e logo sacades unha lei de control e mangoneo das caixas que nin o CHAVEZ DE VENEZUELA, xa só vos falta pedir a NACIONALIZACIÓN DA BANCA. Veña, aclarádevos ho, aínda que vos doa, que ata sodes capaces de ir co Bloque

    16

    PePe

    Moi ben Manolo. Moi ben explicado por moito que lle escoza a estes sociolistos. Agora ven o Zapatero a zapatear Galicia, o que faltaba. E o peor é que os do Bloque que están a favor da fusión van e lle dan a razón a estes sociolistos. O que hai que ler. A ver señores do Bloque. Aclarense, ou estan en contra da fusión ou están a favor.

    15

    Reimone

    Dende logo que o PP cabalga...no cabalo de ATILA..por onde pasa deixa a terra queimada.....Lei de Caixas, Exterminio do Galego, Derogación do Concurso eólico, Fin da Gratuidade dos libros de texto, Contratacións a dedo, Subvencions o "periodico sempre libre", Lei da Destrucción do Litoral....Feijoo vai ter que coller a mangueira do xardín e o xersei Lacoste e poñerse a apagar lumes os 3 anos que lle quedan....

    14

    Ouvea a dereita

    mira o que dí hoxe BARREIRO: El problema es que las cajas no quieren fusionarse -una ya ha dicho que no y la otra no ha dicho que sí-, y que la operación galeguidade , impulsada por PP, BNG, CEG, CIG, CC.?OO. y UGT, no está avalada por los consejos de administración ni por los dirigentes de las cajas...al reconocer que apuesta por el control político del sistema financiero gallego -eso es la galeguidade-... Lo que no sirve de nada es llamarse a andanas y decir que nos aldraxan. Porque el muy deseable proceso de fusión se enfocó mal desde el principio, y porque su más que predecible fracaso solo puede achacarse a dos cosas: a que los números y los localismos lo hagan imposible, o a que faltaron tacto e inteligencia desde el principio hasta el fin. Y, cualquiera que sea el diagnóstico, la Xunta no queda bien..http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2010/02/06/0003_8276849.htm.

    13

    anonimo

    Eu coido que mais que cabalgar o PP dende que entrou na Xunta non fai mais que rebuznar e dar couzes

    12

    Sara

    Pregúntome eu si cando vos ladrabades, e ben qu eo facíades, era polo mesmo motivo ¿Sería logo que os socialistas cabalgaban? Fixeches un xogo moi sucio para descabalgar ao bipartito ¡Co que tedes na casa!

  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • Comenta

    ¿Que palabra aparece na imaxe?

    captcha

    ¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe



    Manuel Ruíz Rivas

    Foi Concelleiro e Primeiro Tenente de Alcalde en Ribeira dende 1987 ata 2006. Membro da Executiva rexional do PPdeGalicia,e compoñente do seu Comité de Dirección. Membro da Executiva do PPde A Coruña.Deputado no Parlamento de Galicia ininterrompidamente dende a IV Lexislatura (1993). No ano 2004 foi nomeado Viceportavoz do Grupo Parlamentario Popular e dende o 2007 é o Portavoz do Grupo Parlamentario Popular.