GC

O show de Domínguez

Adolfo Domínguez, tal e como fixeron algúns estudantes que padecían a Universidade franquista, creu atopar na Franza dos anos sesenta do pasado século unha parte do paraíso que habitaba nas súas cabezas de rebeldes incomprendidos.Seguramente alí coñeceu o movemento “Dadá” promovido por Tristan Tzara e talvez presenciou algún dos espectáculos que organizaban na rúa para “épater le bourgeois”.Semella que esa pegada biográfica pode explicar o seu particular manifesto polo despido libre proclamado o pasado mércores en Compostela.As súas palabras non estaban pensadas para deixar indiferentes aos espectadores, fosen ou non burgueses.Quería escandalizar e provocar unha singular atención mediática.

Por Xesús Veiga | Santiago | 06/02/2010

  • versión para imprimir

Mentres Botín anunciaba a obtención duns beneficios históricos para o seu banco, o empresario Domínguez optaba por imitar o surrealismo dos “dadaístas” e predicaba as bondades dun catecismo liberal que non tivo a ben practicar na súa actividade empresarial.Quixo exercer de “enfant terrible” do mundo económico e descualificou a políticos, funcionarios, profesores e asalariados.Todos foron culpábeis da crise.Todos...menos os banqueiros e financeiros.Para eles non houbo reproches a pesar da evidente cobiza que caracterizou a conduta dos grandes operadores norteamericanos e europeos.

O presidente Feijoo estivo de corpo presente no espectáculo, mantendo ese ruidoso silencio que exhibe dende a súa chegada a San Caetano.De economía só emite unha consigna:as reclamacións hai que presentalas diante do goberno central.
 

Adolfo Domínguez conseguiu o que pretendía:que as súas “boutades” ocuparan, por unhas horas, o centro da atención pública, competindo mesmo cos superbeneficios de Botín, o recurso contra a Lei galega de Caixas ou a caída da Bolsa española.¿E Feijoo?¿Qué obtivo o presidente da Xunta co seu papel de acompañante do “showman”?Agardamos a resposta dos asesores de Montepío.Eses que lle dixeron que o aldraxe do Estatuto de Autonomía ocorreu hai 25 anos cando, en realidade, tivo lugar en 1979.



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
4

Armani

Pruebas?anda que no trabajó con talleres clandestinos con precios míseros, tiene alguna denuncia pendiente en los juzgados por explotador, horarios irregulares, empleados sin contrato, etc... Y si alguna señora de las que tenía hace 25 años hablara... Los millones de euros que ha chupado en subvenciones el tipo (alguie recuerda el incendio aquel de las naves de Ourense?), 2,5 millones de euros solo en 2005. Cangontodo, tanta subvención para tecnologías, adaptaciones a Europa, ayudas a la contratación y la ostia en verso con dinero público y luego me van de ultra-liberales, el ex-maoísta Zen y monje franciscano de los **jones


3

PePe

Insisto. ¿Qué pruebas hai contra Adolfo Domínguez?. ¿Por qué antes era un amigo ya ahora es enemigo?. ¿Qué pasa?, que ahora ya no le interesa a Quintana porque no va a sus mítines. Sois unos hipócritas. Deberáis sacaros el sombrero ante este señor que hizo que Orense aparezca en los mapas. Y no vengais vosotros a dar lecciones de moraliad hablando de explotación. ¿Y vosotros no estuvisteis explotando durante cuatro años en la Xunta'


2

Juan Griego

Sé de primera mano que Adolfito Domínguez, cuando venía de vacaciones de París, predicaba el marxismo militante y arengaba a las trabajadoras de su padre a rebelarse contra él argumentando que lo estaban explotando. De sus relaciones con los socialistas de los ochenta, como Laxe, o de lo que luego explotó él con celebérrimos y numerosos talleres clandestinos (ahora trasladados al extranjero), supongo que ya no hay que decir nada.


1

Nemigo

non estou de todo certo do que pretende AD A crise está a petar duro... e máis nesta xente moi amiga da subcontratación e os países do terceiro mundo. Tanto ten o barato que fabriquen, os demáis fan o mesmo. Pero ise só é unha parte do problema: quen quere traballar en AD? Pois ninguén. Estamos ante outro refrito do decretazo. O problema non son os salarios nin os parados. O problema é que non gañan o que lles gustaría. Hai que obrigar a traballadores... a traballar máis. Non se sabe para que. Boa parte do problema de isas empresas é a organización. Podes precarizar a un deseñador? A creatividade pode vivir entre a intranquilidade e desprezo? Pensa alguén que un técnico vai aportar algo a onde só recibe desprezos? AD equivócase. Non sabe iso de péscanse máis moscas con mel que con vinagre. Vai moitos anos que o remendeiro é un túzaro prepotente iso si: moi ecoloxista... iso di el


Xesús Veiga Buxán

Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar. Dende 1993 é membro do Consello Nacional do BNG.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.