"Ferrín daralle todo o esplendor e dignidade que se merece o galego e ninguén discute a súa capacidade e altura moral e institucional para ocupar ese novo cargo. Hai que estar de noraboa porque o noso idioma chegará ás mil primaveras". Así de contundente se amosa Abalo con respecto ao nomeamento de Ferrín como presidente da RAG.
Por iso, non entende as insinuacións do presidente galego sobre o "pasado político" do escritor e profesor, militante desta formación, e denuncia que a Xunta quere "criminalizar as ideas". "Queren que volvamos ao fascismo", sinala en declaracións a GC. E sobre as recomendacións de Núñez Feijóo a Ferrín para que "fale menos e defenda máis ao galego", Abalo ten claro que "non ten que calar".
"Non é lóxico que alguén abdique das súas ideas. Iso é o que desexan algúns instalados no fascismo", insiste. "Se alguén ten que calar son os que non condenaron o franquismo e criminalizan aos que pensan de xeito diferente a eles".
Militante de base
Ferrin sigue militando na FPG pero Abalo tamén asegura que non se lle vai pedir que acuda a ningún acto da formación porque a súa representación na RG non é "partidaria", senón académica.
O líder de Alternativa Canguesa de Esquerda (ACE) denuncia que o novo goberno "vai perseguir" todo o que supoña "liberdade de pensamento". "Por iso a súa batalla contra o galego e contra os avances sociais. Os que nos gobernan son como os do franquismo pero con nova cara". E, tal e como insinuou o propio Ferrín, Abalo considera que Núñez Feijóo é un "recadeiro de Génova".
Independentismo
Sobre un dos lemas da FPG, a independencia de Galicia, Abalo insiste en que "a seguirán reclamando". "O que non entendo é como Aznar ou Feijóo recoñeceron a independencia de Estonia ou Lituania e non recoñecen o dereito de Galicia a ser independente. É un problema de dereito democrático", apunta.
E sobre as acusacións dos populares pola súa vinculación co entorno de Batasuna, o secretario xeral da FPG bota man da retranca e lembra a relación de Fraga coa sentencia de morte do dirixente comunista Julián Grimao e pola súa vinculación directa co réxime franquista. "Hai que participou de primeira man na morte de xente pola súa ideoloxía política", conclúe.
Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Rolda de prensa de Iniciativa Intenacionalista/cuchaindependentista
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade clocwatches.com