A enquisa publicada en La Voz apunta duas tendencias. Por unha banda, o PPdeG é o partido máis votado e consolidaría a súa maioría absoluta, pero seguiría sen gobernar ningunha das grandes cidades. Pola outra; o PSdeG manteriase nas cidades, pero perdería escanos no Parlamento galego.
Resultado ben diferente ao aportado por unha enquisa do PSdeG dada a coñecer hai unhas semanas, segundo a cal os socialistas galegos superarían os 30 escanos a costa dos nacionalistas e os populares.
Este domingo tamén os dous grandes diarios estatais publicaban sendos estudios demoscópoicos, que aínda que con diferencias, viñan a resaltar a debilidade do actual Executivo do Goberno de Zapatero e a fortaleza do PP. Así, arredor do 43% dos españois votaría hoxe por Rajoy, fronte a un 38% que o faría por Zapatero.
Lecturas diferentes
Con todo, as lecturas que fan os partidos galegos dunhas e outras sondaxes é completamente diferente. Os populares aseguran que están xa consolidados e en ascenso. Conservarán a Xunta e poden chegar a gobernar varias cidades. Pola contra, os socialistas aseguran que manteñen o goberno en todas as grandes cidades galegas e, polo tanto, a súa capacidade de modificar a política galega e os resultados nunhas hipotéticas autonómicas. No BNG din que que a mellor sondaxe é a das hurnas pero que a tendencia do nacionalismo é a incrementarse.
Pero estas explicacións son de cara "á galería". Internamente, as distintas enquisas axudan ás formacións políticas a coñecer as distintas tendencias electorais. E neste terreno gaña o PP que, desde os últimos meses, están en aumento. Sen embargo, no PPdeG son conscientes das dificultades que existen para trasladar a mala situación económica do Goberno de Zapatero ao ámbito local, un espazo no que están en desventaxa. E é que eles contan con estudios propios nos que tampouco lles saen as contas para facerse co goberno das cidades. Segundo os seus datos poderían gañar en Lugo, Santiago e A Coruña, pero en ningún caso gobernarían ningunha das sete grandes cidade.
Tamén os socialistas e os nacionalistas están nerviosos. Os primeiros porque, aínda que manteñan as cidades, perden influencia e votos e aínda que os estudios internos apuntan que resisten, o certo é que as últimas sondaxes do CIS e dos principais xornais reflexan unha fuga de votos pola mala situación económica. E os segundos porque, a pesar de tocar chan cos resultados das pasadas autonómicas, tampouco consiguen despegar. Poderían perder Pontevedra e perder votos nos grandes espacios urbanos aínda que os manteñan e aumenten en espacios rurais.
Detectados erros
Por outra banda, e segundo nos informa o blog montexiabre, os datos da ficha tecnica da La Voz de Galicia conteñen imprecisións. Así, indica que o Tamaño da mostra é de 1.200 persoas, mentres que se realizaron 400 entrevistas. "Si han hecho 1200 entrevistas, 400 por provincia, para empezar que sepan los Vilagarcianos, que con suerte y echándole muy por encima, para elaborar la encuesta de su municipio han entrevistado a 20 personas, pero lo que es peor … que sepan los gallegos que no tenemos 4 provincias… sino tres", apunta
Xa o comentei fai unhas semanas que ia salir unha enquisa de Sondaxe onde poñia ao psdg no seu sitio ainda que lles daba 21 escanos e non 23,moita cociña...
A enquisas só serven para vender xornais e para que os seareiros máis radiciais de cada parroquia se fagan "pallas mentais" cos resultados. Enquisas de La Coz de la Colonia? Se foran boas, Torete, torito, taurino seguiría sendo bi-presidente xunto coa bipresidenta Queen Tana. Que traballe a oposición, que procuren presentar unha alternativa creible, sólida e dentro do que cabe "concertada" entre as dúas forzas progresistas, e haberá certas e boas posibilidades de recuncar. Xa pasou un ano. Dentro de anda estamos de novo en precampaña para a Xunta. Feijóo e frouxo, pode abanear con media porrada ben dada.
Cando publicou esa enquisa Xornal??? Non sería fai un ano??? Se sube tres quedaría con 15 non con 16 (fai un ano si tiña 13). Non sería unha metedura de pata de GC?! Corta-pega de Jujel?! Adiante GZ!
As enquisas non valen nada máis que para que cadaquén faga propaganda do seu partido. Todas as empresas tiveron erros, algúns escandalosos de predicción, asíque a enquisa son as eleccións. Sondaxe faille o xogo ó boletin oficial do PP que é la voz de galicia. Cando faltan anos para as eleccións imos sobrados para falar ben da acción de goberno. Ó achegarnos xa estará a maioría menos clara, e a 15 días das eleccións nada clara para espabilar á militancia a que curre. Sempre foi así. As municipais serán dentro dun ano, así que o que toca é comezar a dicir que non todo o pescado está vendido, que hai que currar e tal. Dentro de 6 meses será inda peor. Cando falte 1 mes comezará a mellorar, ós 15 días unha melloría grazas á precampaña mais aínda insuficiente. A 7 días das municipais nótase a recuperación do PP que lle faltan algúns votos e amenaza con conquerir o goberno das 7 grandes cidades.
A sondaxe debe ser seria; entendo que, cada día máis, son menos confiables e máis "cociñadas" segundo quen pague o menú, pero unha imprecisión repetida duas xornadas consecutivas, xa non é "erro tipográfico", é un escándalo de imprecisión. Desde logo se fixeron 1200 enquisas,cousa que non o dubido, enton tocaron a 300 por provincia, en Pontevedra son 3 as localidades a de menor poboación Vilagarcía, así que lle digan aos vilagarciáns a cantos deles entrevistaron... (dígo pola poboación dos 3 municipios se facemos reparto proporcional) (Montexiabre)
O da Voz é de escándalo, descolganse con dúas enquisas sin pes nin cabeza para amedrentar a todos os partidos co fondo común do tema das caixas, ben pillada debe de estar con Caixagalicia.
Humor de enquisas/botica.blogaliza.org
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade