No grupo nacionalista que lle disputa a hexemonía á UPG dase por sentado a candidatura do actual voceiro parlamentario, Carlos Aymerich, que xa competiu con Guillerme Vázquez no pasado cónclave nacionalista de maio de 2009, aínda que non a fixo efectiva.
Sen embargo, nas últimas semanas sona con forza tamén o nome da ex conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, que, aínda que non se postulou oficialmente, podería tamén optar a ese posto. E é que unha recente entrevista súa en La Voz de Galicia desatou as especulacións tanto dentro deste colectivo como no conxunto do BNG.
Aymerich, portavoz parlamentario
Neste medio, Táboas asegurou que o único portavoz nacional é Guillerme Vázquez e apuntou, ademais, que a persoa que desempeña este cargo "tradicionalmente foi o candidato á Xunta". Sobre o papel de Aymerich indicou que é portavoz parlamentario. "Ese é o papel que ten agora mesmo, e ningún outro", insistiu. Unhas declaracións que non pasaron desapercibidas para ninguén dentro da formación nacionalista, especialmente, en Máis BNG.
De feito, algúns dirixentes deste colectivo consultados por GC non quixeron entrar a interpretar a "carga de profundidade" destas palabras e apuntan que, quizais se deba, a que a ex conselleira tamén aspira a ese cargo. Con todo, todos coinciden en que "non foi acertado" conceder unha entrevista a La Voz de Galicia pola "súa belixerancia co nacionalismo" e polo "ninguneo" ao que somete, segunde eles, a Aymerich e a Quintana.
"Non é o momento"
Con todo, ningún órgano de dirección de Máis BNG abordou, aínda, os nomes dos posibles candidatos deste colectivo á Xunta. As fontes consultadas aseguran que "nin é o momento, nin é necesario facelo". "Todo chegará ó seu tempo", precisaron.
Sen embargo, non ocultan a posibilidade de que dentro de Máis BNG poida haber máis dunha candidatura. "Non hai que precipitarse. Haberá que velo. Todo é cuestión de falalo e chegar a acordos", di un dirixente sobre a posibilidade de que se den duas candidaturas.
O meu candidato é Lolo Docampo, é un home especialista en facer limpezas alá onde haxa que facelas, e creo que sería capaz até de limpar ó PP.
Tanto Taboas como Aymerich son moito mellores candidatos que Quintana ou que Guillerme. É cuestión de facer estudos "de mercado" e ver quen ten posibilidades de acadar o mellor resultado pero de momento hai que agardar a que a loita interna amane un pouco
Ninguneo a Aymerich e a Quintana??? Home o que hai que ler. A verdade que na Voz aínda falan deles, outra cousa é que non o fagan para ben; supoño que para iso terán que tragar moitos sapos
Pues a mi estos dos me caen bien, y pienso que no serian malos candidatos ninguno de los dos, pero ya sabemos el Bloque es el Bloque y la UPG.
Pacorro, hai que deixarse de ostias e presentar ao Paco RRRRRodriguez, a súa simpatía, don de xentes e bondade natural seguro que logra convencer ao electorado galego do camiño, tal coma sinalan os estatutos da UPG, cara a sociedade comunista. Apartado F dos estatutos da UPG http://www.uniondopovogalego.org/upg/estatutos.htm
Ningún deles tería unha oportunidade. O mellor será apresentar a Xabier Oviedo, actual alcalde de Maceda; é o ideal pra esta laboura.
Eu sigo crendo que o mellor candidato para o BNG é Alberte X. Rodríguez Feixoo, que é o líder natural do BNG, ou no seu defecto Xoán Rama.
A min non me parece tan raro o que dixo Táboas na entrevista, é unha postura de cara os medios que comparte cos seus companheiros de partido: non hai aínda candidato, e tanto Guillerme Vázquez como Carlos Aymerich son portavoz nacional e portavoz parlamentario e por agora máis nada. E persoalmente ningún dos dous me parece ideal como candidato a presidente da Xunta, quizais Táboas é a mellor opción agora.
A táboas debe deixarse de andar xogando e dicir claramente se quere ou non quere postularse para ese cargo. O da Voz doutro día non foi de recibo.
Rolda de prensa de Aymerich e Táboas/bng-galiza.org
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade