GC

Un partido, moitas opinións

Os socialistas sosteñen un discurso distinto en función da latitude na que se atope cada un dos seus dirixentes. Esta patente incoherencia, esta diversidade de criterios fai concluir que o PSOE ten tantas opinións como concellos ou comunidades autónomas hai. Responde, claro está, a intereses de partido que, polo que se ve, son contrapostos segundo o punto do mapa do que se trate. O interese xeral, a defensa do país, pasa a un segundo plano.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 09/02/2010

  • versión para imprimir

Exemplos hainos, e moitos. A fusión das caixas galegas é o que nos pilla máis preto. Así, mentres na Coruña están encantados co resultado da auditoría externa que avala a fusión das entidades galegas, en Vigo convocan unha manifestación para rexeitar a unión.

Se miramos hacia Madrid, o posicionamento do Goberno de Zapatero tamén emprega raseiros distintos. O reto é contundente: recurrirá a Lei de Caixas galega, que contou (non hai que esquecelo) co respaldo de dous tercios do Parlamento de Galicia, por unha suposta inconstitucionalidade dalgúns dos seus artigos.

O perxuizo que se lle ocasionará a Galicia con esta decisión é innegable. En primeiro lugar porque este atranco imposibilitaría xa, independentemente da decisión que adopte o Tribunal Constitucional, unha hipotética fusión entre as caixas galegas ó non ter acceso as axudas do Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria.

Tamén hai que ter presente que o uso desta argucia, antes incluso de que se abra a negociación entre Xunta e executivo central, pon de manifesto o distinto raseiro e discurso do Goberno Zapatero tamén, como os seus compañeiros de partido en Galicia, segundo de que comunidade autónoma se trate. En Andalucia e Cataluña non se puxeron trabas ás alianzas entre as caixas autóctonas. No caso de Galicia parece que se decantan por facilitar as alianzas coas foráneas.
Galicia precisa, e máis na actual coxuntura económica, unha caixa forte, viable, solvente e galega. Os que se opoñen a esta necesidade deberán explicar as verdadeiras razóns que teñen para facelo.



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

18 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 18

    anónimo

    a cambio de que os tontos que ides de bos e xenerosos e sodes unha panda de acomplexados, sempre falando de país, lle fagades de tontos útiles como dixo Beiras. Para que sanee un pouco aos que están na ruina (a caixa de Lugo, Ferrol, Santiago e Coruña) administrada polos do OPUS, e despóis de sacrificar a Caixa do sur lle regale Frijolito un bó presente a Caja Madrid, que para eso lle canta no papo o ministerio dentro de poucos anos. Parvos


    17

    undelugo

    O PSOE no tema das caixas téno claro: non queren que Galicia teña unha caixa. Por qué? Porque pensan que sería darlle un triunfo a Feijóo. Por iso, na tesitura de facer o mellor para o país ou o que pensan mellor para o PSOE, inclínanse polo segundo. Non é a primeira vez. Con Estatuto de Autonomía fixeron o mesmo, e agora falan de reforma estatutaria cando aínda non se esgotou o teito competencial do actual. Pola contra en Cataluña ou en Andalucíoa a súa postura é outra. Pachi é un palmeiro de ZP e a súa tarefa é manterlle a cadeira quente a Blanco. A cambio de qué?


    16

    Alma Villa

    personaxes. 1. Persoa que ten un papel social importante e de prestixio. Os ministros son personaxes da política. SIN. persoeiro, personalidade.2. Persoa imaxinaria que figura nunha obra de teatro, novela, etc. Non teño máis que engadir, sólo comentarche que os caciques marcharon para Terra Galega e os señores permaneceron no PP


    15

    Almax

    ai, pero igual ata pensas que son un do Psoe ou do Bng defendendo aos meus? non almita, o que non soporto é ver aos caciquillos do PP, que bastantes probas hai da súa coherencia, falando de dobles discursos. Doble moral, é o que tedes, tí si que te identificas cun partido: de caciques coma Cacharro, por certo. Como vos atrevedes a dicir nada vindo de quen vides?. P.D: "Personaxes" coma tí é unha faltada, entón non te laies de que che respondan no mesmo ton, almita, outra máis da vosa doble moral de hipócritas


    14

    Alma Villa

    Mira rapaz o único que che poido dicir, e non sei nin como me molesto en perder o tempo dicíndocho, é que NUNCA CAMBIAREDES, por eso estades donde ó ultimo da cola e cada vez perdendo máis votos. Estou farta de que a falta de argumentos sempre recurrades ó insulto. É unha mágoa que non sexades capaces de ser coma a xente e discutir sin insultar, sempre tedes que faltar ó respeto porque non sabedes facer nada máis........claro que a culpa non é vosa sinón de xente coma a min que vos entra ó trapo e que perde o tempo en entretenervos


    13

    Almax

    por mín como si sae Cañita Brava, mira tí, "me la pela" que eu son de Vigo. Agora, que veña co do doble discurso un vicepresidente do PP, manda huevos que dicía aquel do OPUS que era algo mentireiro...E por certo, personaxe serás tí, ou o teu proxenitor, o tal Pancho, ou era o can?


    12

    Alma Villa

    Pois un almax non me viría nada mal, sobre todo despois de tratar con "personaxes" coma ti.....Vaille dando que Barreiro vai ser o próximo Presidente da Diputación e vas ter que roelo queiras ou non :P


    11

    Almax

    Estes do pp son a monda, sácaslle declaracións contradictorias e saen co penalti do domingo. A ver, Barreirín fala dunha cousa que facedes vós ou non? pois veña, a tomar un refresco por ahí, almita. Ou un almax.


    10

    Alma Villa

    Empecemos a pensar en mellorar o benestar dos galegos e non nos deixemos pisar por un goberno socialista que non está a facer os deberes e que o único que consegue e aumentar o paro e a desesperación de todos os españois.


    9

    Alma Villa

    Eu a verdade que lendo os vosos comentarios quedo abraiada de todo, parece que o que a xente ten en mente é criticar por críticar con tal de non recoñecer que o que Feijoo e o PP propoñen é o mellor e o máis coherente para todos os galegos, sexan do partido que sexan, e teñan as ideas que teñan. Está claro e patente que o PSOE puxo a traballar ó seu servizo toda a maquinaria política do Goberno para quitarlle a Galicia as súas caixas por medo a que esta saia reforzada do panorama da restruturación financieira actual, declarando a guerra tanto á autonomía financeira de Galicia como ás leis surxidas no seo do Parlamento galego. O único afán socialista é retrasar a reestruturación interna das entidades e frear así a externa e bloquear a fusión, negándolle a Caixanova e a Caixa Galicia o acceso aos fondos do FROB que o Goberno central socialista si entregará, en cambio, ás caixas de comunidades amigas (Andalucía, Cataluña).


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Xosé Manuel Barreiro

    Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog