Porén, eu non estou sorprendido. Tarde ou cedo tiña que pasar, e pasou. Aconteceu a tempo, no momento preciso, cando se está a pelexar por manter máis viva ca nunca unha lingua acosada.
No amparo do noso idioma temos que achegar aos mozos e mozas do noso país un galego vivo, contemporáneo, moderno, achegado, aclimatado aos tempos, axeitado ao contexto actual, adecuado ao noso presente e ao noso porvir, adaptado á realidade que viven os novos galegos. E a RAG semella que así o etendeu, adicando o Día das Letras do 2011 a un poeta contemporáneo e punk coma Lois Pereiro.
Manterse afastados no tempo da mocidade galega era soster a nosa lingua coma un vestixio, coma unha lingua pretérita zarrapicada de necroloxía e morriña decimonónica. Tiñamos que virar 180 graos, camiñar en galego ao revés e agarrarmos ao presente para achegarmos ao principio: de Lois Pereiro a Rosalía, do punk ao Rexurdimento.
O galego pode empezar unha nova andaina no 2011 con Pereiro. Unha etapa viral na que lles poderemos achegar ás novas xeracións unha lingua viva zarrapicada da contemporaneidade e, con ela, facer o camiño cara adiante e tamén cara atrás, cara o porvir e cara as orixes.
No 2011 hai que abordar a obra e figura maldita de Lois Pereiro sen escatimar nada, sen prexuízos e sen eufemismos sobre o poeta que deixou escrito: “O futuro é por forza alleo a min”. E logo haberá que seguir facendo prospeccións. Haberá que ir dando máis pasos cara a normalización do presente e a procura do futuro. Haberá que adicarlle o Día das Letras Galegas a un autor vivo. Porque o Día das nosas Letras non pode ser só unha sorte de festividade necrolóxica.
Hai que anovarse e darlle valor aos nosos literatos vivos. Hai que actualizarse e procurar e divulgar novas estéticas. Hai que achegar á mocidade galega novos paradigmas literarios e lingüísticos.
Temos que ser punks e rachar os canons para abrir novas fiestras e ampliar horizontes á nosa lingua e á nosa literatura, ou non haberá futuro. E o futuro, querido Lois, xa non é alleo a ti.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Pode que se lle adican o Día das Letras a un autor vivo se anime "demasiado" o curral literario nesta Galicia nosa. Pero, tomando a túa idea, Alberto, xa me gustaría que escollesen primeiro a Suso de Toro, o único autor que coñezo (ao mellor estou errado) que renunciou a que lle adicaran o Día das Letras logo de que morrese. Un autor que tamén parece renunciar agora a seguir escribindo (pero de verdade, non como Alfredo Conde). Parabéns polo artigo, emocionoume.
Non coñezo nada da obra de Lois Pereiro, mais polo teu artigo e outros que van en direccións semellantes, debeu ser unha feliz escolla na procura das mil primaveras mais que dicia Cunqueiro.
Naceu en Vigo o 7 de agosto de 1976. No ano 2000 comezou a súa carreira como xornalista, sempre ligado aos medios impresos, ata que no 2008 deu un xiro co Máster en Periodismo Dixital da Universitat Oberta de Catalunya (UOC). Dende entón desenvolve o seu traballo no eido dixital. Especializouse en Investigación en Medios de Comunicación pola Universidade Carlos III de Madrid. É doutorando en Investigación en Medios de Comunicación e o responsable de Redes Sociais de Galicia Confidencial, labor que compaxina coa súa actividade en internet a través do seu blog e redes sociais, e con traballos para distintas empresas públicas e privadas no eido dixital e en medios tradicionais. Blog: www.mcshuibhne.com. Twitter: @McShuibhne
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting