Unha pequena parte dos asistentes non entenderon ou non lles pareceu ben a ironía do grupo galego e comezou a tirar obxectos a Tony Lomba. Porén, o cantante foi quen de dominar a situación, como se pode ver neste vídeo publicado pola web Sei o Que Nos Figestes e filmado por Joaquim Reboiras.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Non estivo moi ocurrente Tony.Estivo salvaxe e ultratransgresor que en ese momento era o importante para enviar esa mensaxe de paz e humor con contundencia no medio de toda a moralina e correcion politica barata de hoxe en dia...Todo foi parte do espectaculo.Como ben dixo Elio "se alguen se sentiu ofendido que sepa que esa era exactamente a intencion".
Eu aquel acordábame moito de Albert Pla, en comparación, dun tipo de humor que me gusta moito máis. El si que me parece que ten un humor máis sofisticado. Irreverente... Supoño que xa o coñecedes, pero por exemplo: Sobre o de rirse dun mesmo: http://www.youtube.com/watch?v=Jemw... Sobre o de cagarse no sistema: http://www.youtube.com/watch?v=u8px... Sobre o de rirse de España, neste caso da monarquía: http://www.youtube.com/watch?v=0CsB... Por certo, o curioso é que fai moitos anos que tivera escoitado falar de Los tres sudamaricones, e de Toni Lomba e Elio dos Santos, sempre ben, e tiña ganas de velos, e os meus prexuizos non podían ser máis positivos, co cal para min foron unha gran decepción...
A min paréceme máis ben que el vai nunha actitide de chulo cocainómano machista: "eu son máis chulo que nadie, e me cago en todo e me río de todo". Home está ben, alá cada un... Alá cada un na súa casa! Pero nun escenario, a min iso non me fai ningunha gracia... Ou se ti vas a velo a propósito a un concerto, é unha cousa, pero aquí metérono no Cultura Quente, onde a xente e eu non ia por eles en concreto, senón por ir ó festival en si...
E se dis: é por ser irreverente, por ser antisistema. Se queres ser irreverente, podes facelo doutra maneira, con máis clase, se é que vas de canción lixeira. E hai moitas cousas coas que meterse: banqueiros, políticos, a contaminación ou o maltrato dos animais antes que Leticia Sababer... Iso é fácil e de mal gusto... E o de España, para min segue a ser culo-caca. Porque a quen quere provocar? Ós nacionalistas españois estarían encantados de que vaia vestido de España cantando España. Os nacionalistas galegos son os que se poderían sentir ofendidos. Entón: Se o que pretende é o de reirse de si mesmo, que os galegos nos riamos de nós mesmos, tería moitísima máis gracia (onde vai a parar!) se el cantara en galego, e no medio metera esa. Se pretende un humor irónico, segue a ser burdo, simple: é como sair ó escenario en Alemania, vestido de Hitler, co brazo en alto dicindo: "Heil Hitler!"
As miñas razóns para que non me gustara ese grupo e aquela canción non eran porque dicía España e ía vestido coa bandeira. Igual en Caldas á xente que asubiou molestoulles á bandeira e o estribillo. A min non me gustou nin esa nin ningunha. Porque non me parecía un grupo para esa hora e ese lugar: un grupo de canción lixeira, tipo canción italiana dos 70, cando a min o momento me pedía caña... Podes dicir, bueno, apostan polo humor: pero é que ese humor me parece burdo, do tipo de culo-pilila-caca. Cando dicía "me corro en tu cara"... Ou cando dicía algo como Leticia Sabater eres idiota, ou algo así... Porque hai moita máis xente para meterse antes que con Leticia Sabater! Leticia Ortiz por exemplo! Porque cal é o mal de Sabater, que é fea! Na súa mente machista (porque era moi machista o Tony!) Leticia Sabater é moi fea e pode faltarse con ela por fea. Se fora guapísima seguro que non se metía con ela...
Por supuesto que cerebro pequeñito y te voy a explicar por qué: De tantos años estar escuchando a gente aburrida que no tiene sentido del humor como tú. El espectáculo no me sirve para expresar mis ideales pero si para ridiculizar a los extremistas-cejijuntos(sean del bando que sean. Yo no voy diciendo por ahí que lo mío es lo que vale pero al que no le guste que camine unos metros y se meta en un bar a llorar sus penas y no me venga a tocar los cojones. Que por cierto, se puede cortar o pinchar con ¿La hoz y el martillo o el yugo y las flechas? Sólo son símbolos, banderas...ya llegará la 3ª guerra mundial y defendereis lo que os salga de vuestra alma. A mí me preocupa más la gente que tiene hambre, que es violentada... Fdo.- Un fiel servidor de Faemino y Cansado y su infinito y más allá.
que cerebrito más pequeñito hay que tener pa reirse con tus chistes, macho... la ironía no siempre funciona... y si tienes la hoz y el martillo tatuado en los h.... es en cuba o corea del norte donde tenías que hacer gracias... a ver si allí te reías
Suponho que o vídeo o colhestes de aqui http://seioque.com/index.php/ecramc... ou como muito de aqui http://www.youtube.com/user/seiquen... O autor em qualquer dos casos é Joaquim Reboiras. Netiquet, dar crédito... essas cousas que fazem da internet um sitio mais limpo e agradável ;)
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting